"Pisa" (Contén)
Mostrando 13 resultados de 33.
-
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido como Carlo Dossi, a súa orixe nobre permitiu que recibira unha coidada formación. Desenvolveu a carreira diplomática ata que se dedicou á arqueoloxía. A súa obra literaria, comprendida dentro da scapigliatura, abarca unha nova técnica estilística. É autor de L’altrieri: nero su bianco (1868), Vita di Alberto Pissari (1871), La colonia felice (1874) e La desinenza in A (1878).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Pisa ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Pisa.
-
-
PERSOEIRO
Escultor e arquitecto italiano. De nome Andrea da Pontedera, formouse en Pisa pero traballou sobre todo en Florencia, onde fixo as primeiras portas do baptisterio (1329-1336) e os relevos da parte baixa do Campanile (1337-1343); sucedeu a Giotto na dirección das obras da catedral. O seu estilo fusionou a gracilidade do gótico francés coa severidade italiana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e medallista italiano. Coñecido como Pisanello, formouse con Stefano da Zevio e recibiu a influencia de Gentile da Fabriano. Cultivou un humanismo entre o uso cortesán do gótico internacional e o estudo da natureza e da Antigüidade clásica. Das súas obras destacan Annunciazione (1424-1426), Madonna col il bambino, retratos como o de Lionello d’Este e Margherita Gonzaga (1435?) e numerosos debuxos. Renovador do xénero da medalla (Filippo Maria Visconti, Cecilia Gonzaga) traballou nas principais cortes italianas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor e arquitecto italiano, fillo de Nicola Pisano. Traballou como colaborador do seu pai no púlpito da catedral de Siena (1265-1268) e na Fontana Maggiore da Piazza del Comune de Perugia (1278). Dirixiu as obras da catedral de Siena (1282-1296) e en 1299 comezou as do baptisterio de Pisa. Tamén foi autor dos púlpitos das catedrais de Pistoia (1297-1301) e de Pisa (1302-1310), nun estilo moi relacionado co expresionismo do gótico francés. Fixo diversas versións da Virxe co neno, destacando a Madonna della cintola, na catedral de Prato.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor italiano. Fixo o púlpito do baptisterio de Pisa (1260) e o da catedral de Siena (1265-1268), co seu fillo Giovanni Pisano e outros discípulos. Atribúenselle a Deposizióne di Cristo dun dos tímpanos da catedral de Luca (1259?) e o proxecto da Arca di San Domenico en Boloña (1264). Tamén colaborou na realización da Fontana Maggiore da piazza del Comune de Perugia (1278). O seu estilo, influído polo clasicismo romano, conectou máis tarde co gótico francés.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor, xoieiro e mestre de obras italiano, fillo de Andrea Pisano. Formouse co seu pai, a quen sucedeu na fábrica da catedral de Orvieto (1348-1353). Realizou a Madonna do sepulcro de Marco Cornaro en Venecia (1365?) e a Madonna Cavalcanti de Santa Maria Novella en Florencia, obras onde introduciu a elegante sinuosidade das virxes góticas francesas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obxecto decorativo de certo peso que se coloca sobre un conxunto de papeis para que non se perdan ou movan.
-
-
-
Poñer os pés sobre algo, especialmente ao camiñar.
-
Poñer os pés sobre alguén ou algo facendo presión.
-
Esmagar algo co pé.
-
Esmagar as uvas cos pés para sacarlles o mosto.
-
-
Ir ou entrar nun lugar.
-
Botar o piso nunha casa.
-
Picar miúdo o toxo dedicado a forraxe.
-
Tratar a alguén con desprezo ou desconsideración.
-
Apoiar os pés no chan.
-
-
PERSOEIRO
Escrito e crítico literario ruso. Demócrata revolucionario, dirixiu o periódico Russkoje Slovo e foi encarcerado polos seus posicionamentos políticos que fixo públicos no artigo “Sholastike XIX veka” (Escolástica do século XIX, 1861), onde formula os principios democráticos na literatura. Considerado un dos principais expoñentes da intelixencia radical e nihilista rusa, tratou o tema do socialismo en Ocerki po istorii truda (Artigos sobre a historia do traballo, 1863) e en Posmotrim! (Xa o veremos!, 1865).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta italiano. Considerado como poeta oficial da súa cidade, polemizou con Carducci (1881). A súa obra está recollida en Poemi, liriche e traduzioni (1912).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Elemento arquitectónico que sobresae nunha construción e que pode servir de apoio a outro elemento.
-
andel.
-
-
-
olver pisar ou pisar con insistencia exercendo unha forte presión.
-
Torcerse ou agretarse unha parede por efecto do propio peso.
-