pisar

pisar

(

  1. v t
    1. Poñer os pés sobre algo, especialmente ao camiñar.

      Ex: Non pises os charcos.

    2. Poñer os pés sobre alguén ou algo facendo presión.

      Ex: Pisa o freo. Pisáronme os dedos. Pisoulle o xoguete sen querer.

    3. Esmagar algo co pé.

      Ex: Pisa ese cigarro e desfaino.

    4. Esmagar as uvas cos pés para sacarlles o mosto.

  2. v t

    Ir ou entrar nun lugar.

    Ex: Non lle volvo pisar a casa ata que me pida perdón.

  3. v t

    Botar o piso nunha casa.

  4. v t

    Picar miúdo o toxo dedicado a forraxe.

  5. v t

    Tratar a alguén con desprezo ou desconsideración.

    Ex: Debes impoñerte e non deixar que te pisen.

    Sinónimos: asoballar. Confrontacións: humillar.
  6. v i

    Apoiar os pés no chan.

    Ex: Pisa con coidado non vaias esvarar.

Frases feitas

  • Pisar firme. Desenvolverse con seguridade.

  • Pisar ovos. Camiñar con precaución.

Conxugar
VERBO pisar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
piso
pisas
pisa
pisamos
pisades
pisan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pisaba
pisabas
pisaba
pisabamos
pisabades
pisaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pisei
pisaches
pisou
pisamos
pisastes
pisaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pisara
pisaras
pisara
pisaramos
pisarades
pisaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pisarei
pisarás
pisará
pisaremos
pisaredes
pisarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pisaría
pisarías
pisaría
pisariamos
pisariades
pisarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pise
pises
pise
pisemos
pisedes
pisen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pisase
pisases
pisase
pisasemos
pisasedes
pisasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pisar
pisares
pisar
pisarmos
pisardes
pisaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
pisa
-
-
pisade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pisar
pisares
pisar
pisarmos
pisardes
pisaren
Xerundio pisando
Participio pisado
pisada
pisados
pisadas