"Pula" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 101.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que serve para copular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elementos químicos empregados para a formación de tinturas atopadas nas películas de cor e nalgunhas de branco e negro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Realizar unha cópula.
-
-
Que liga unha cousa con outra.
-
-
conxunción copulativa
Conxunción que indica o enlace entre dous ou máis termos ou cláusulas dun mesmo nivel. En galego son conxuncións copulativas e, mais e nin, pero tamén se distinguen as locucións copulativas e mais e a mais, que desempeñan a mesma función.
-
verbo copulativo
erbos que forman predicados dun sintagma nominal suxeito xunto cun adxectivo ou substantivo, con función atributiva (
-
conxunción copulativa
-
Función correspondente á conxunción (conectiva binaria) e que aparece na lóxica en forma de proposicións ou siloxismos.
-
-
REPUBLICAS
Ou Corea do Norte Estado de Asia Oriental que ocupa a parte setentrional da península de Corea e un sector continental. Limita ao N cos ríos Yalu (Amnok) e Tumen (Tuman), que a separan de China e Rusia, e ao S, pola liña de demarcación establecida ao redor do paralelo 38°, coa República de Corea (122.762 km2; 23.348.000 h [1998]). Esténdese entre os 43°-38° de latitude N e os 124° e 131° de lonxitude L. A capital é Pyeongyang.
Xeografía físicaRelevo, hidrografía e climatoloxía
VER O DETALLE DO TERMO
O relevo de Corea do Norte caracterízase por ser moi accidentado, con profundos e estreitos vales. O sistema montañoso ten unha dirección NO-SL, no que destaca a aliñación de Nangnim-sanmaek. O cumio máis importante é o monte Paektu (a 2.744 m de altitude), na fronteira con China. As chairas ocupan unha quinta parte do país e localízanse, sobre todo, na costa occidental. Case todos os ríos discorren en dirección O, cara ao Mar Amarelo.... -
-
ida de libertinaxe ou comportamento licencioso.
-
Persoa de vida licenciosa ou inmoral.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
-
Tipo de cuberta que, cunha superficie semiesférica xerada pola rotación dun eixe central, cobre unha planta constituída por un cilindro ou un polígono de moitos costados. Se se erixe sobre unha base cadrada, cómpre situar nas esquinas uns elementos, pendentes ou trompas, que permitan o paso do cadrado ao círculo. No caso de erixir unha cúpula sobre unha base cadrada, tomando a diagonal do mesmo como diámetro da cúpula, recibe o nome de bóveda vaída. Adoita ter ventás na base circular ou no tambor sobre o que se levanta. Neste caso, no remate da cúpula sitúase unha lanterna. Se a cúpula non ten tambor e é esquifada, denomínase bóveda de panos. A arquitectura micénica empregou as falsas cúpulas, como o Tesouro de Atreo. Non obstante , o emprego sistemático da cúpula como elemento de cubrición comezou en Roma. Na época republicana empregouse no mausoleo de Cecilia Metela, e durante o Imperio construíronse a cúpula do Panteón de Roma (s II), onde as presións se reduciron por...
-
cúpula bulbiforme
Cúpula que adoita a forma dun bulbo. É característica da arquitectura da Europa oriental.
-
cúpula califal
Cúpula islámica formada por oito nervios que se entrecruzan para formar un polígono estrelado. Empregouse por primeira vez na mesquita de Córdoba.
-
cúpula de cuarteiróns/cúpula lobulada
Cúpula levantada sobre unha base circular e dividida en elementos independentes que teñen curvada a súa base.
-
cúpula encamonada
Armadura de madeira e xeso que adoita a forma dunha cúpula. De orixe francesa, foi característica da arquitectura española do s XVII.
-
cúpula Fortuny
Elemento escenográfico, ideado por Mariano Fortuny de Madrazo, consistente nun cuarto de esfera que ocupaba todo o escenario, coa banda cóncava de cara ao espectador. Permite dar unha perfecta ilusión da bóveda celeste nas escenas que simulan transcorrer ao aire libre.
-
cúpula panteónica
Cúpula que se asemella á do Panteón de Roma, aínda que non ten porque erixirse no centro do edificio.
-
cúpula xeodésica
Cúpula formada pola unión de sectores tetraédricos ou octaédricos de pouco peso que permite a cubrición de grandes espacios sen o emprego de soportes. Ideouna o enxeñeiro R. Buckminster Fuller en 1947.
-
falsa cúpula
Cúpula construída pola superposición de fiadas. Comezou a empregarse na arquitectura micénica.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provisto de cúpula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de copa ou de cúpula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diminución da poboación dun país.
-
-
Facer que alguén ou algo perda popularidade.
-
Perder algo ou alguén a popularidade.
-
-
SEMANARIOS
Semanario publicado en Lugo entre o 3 e o 24 de outubro de 1868. A súa cabeceira ía acompañada do lema “Libertad limitada y progreso indefinido”. Dirixido e redactado por Alberto Meléndez, saía todos os domingos e imprimíase nos obradoiros tipográficos de Xoán A. Menéndez. De tendencias democráticas, publicouse durante o proceso revolucionario de La Gloriosa. Foi substituído por La Voz Popular.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu en Noia a partir do 8 de novembro de 1896. Editouse os días 8 e 28 de cada mes ata o ano 1899. Subtitulado “Defensor de intereses generales y locales”, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de López Alende en Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Ferrol o 1 de maio de 1872 e dirixida por Xulio Sandino Barcón. Subtitulouse “El álbum de la familia”. No seu editorial informaba sobre a inclusión de artigos de ciencias, literatura e artes, ademais de novas sobre sucesos políticos en España e no estranxeiro. No seu primeiro número inseriu o poema “A Cuba”, de Xoán Manuel Pintos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en 1977 e editada polo sector estudantil da Asemblea Popular Galega (APG).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos dous ósos que forman parte da cintura escapular dos vertebrados e que ocupa unha posición dorsal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á escápula.
-
-
Tira de tea cunha abertura para pasar a cabeza e que se leva pendurada sobre o peito e as costas. O escapulario é un distintivo de certas ordes relixiosas.
-
Imaxe piadosa que se leva, por devoción, pendurada baixo os vestidos.
-
-
CIDADES
Cidade de Guatemala, no departamento de Chiquimula (6.912 h [estim 2002]). Nesta localidade reuníronse en maio de 1986 (Esquipulas I) e en agosto de 1987 (Esquipulas II) os presidentes dos países centroamericanos para lograr a pacificación da rexión. Nos acordos asinados determinouse o establecemento dun plan de paz e a creación dun Parlamento Centroamericano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que adoptaron distintos grupos de artistas formados nos anos sesenta en Madrid, Córdoba, Barcelona, València, Bilbao e Sevilla. Defendían unha arte comprometida social e politicamente. O grupo madrileño formouse en 1959 baixo a dirección de José Ortega (1921-1990) e disolveuse en 1963. Ao grupo de Barcelona pertenceron E. Boix, M. Girona, J. Guinovart e Rafols-Casamada. O máis relevante foi o grupo valenciano, creado cara ao ano 1963 e formado, entre outros, por J. A. Toledo, C. Mensa, R. Martí Quinto, R. Solbes, M. Valdés, Anzo, J. Ballester e J. Cardells. Nas súas propostas empregaron a ironía e as imaxes aparentemente estereotipadas, e uniron o realismo e a imaxinación satírica. Disolveuse cara a 1966, pero del xurdiron o Equipo Crónica e o Equipo Realidad.