"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
PERSOEIRO
Arquitecto inglés. Foi un impulsor do urbanismo contemporáneo e un dos pioneiros do planeamento rexional. O seu método recóllese no manual Town and country planning (Planeamento rexional e urbano, 1933). Non obstante , o seu maior traballo foi o plano do “Gran Londres” (1944) en colaboración con J. H. Forshaw.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral escocés. Realizou os planos da remodelación de Dublín (1913) e de Addis Abeba (1955). Dirixiu a campaña británica nas Indias Occidentais (1795) e foi comandante en xefe do exército de Irlanda (1797-1798) e da expedición a Exipto (1801), onde morreu.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Medida da absorción da enerxía radiada pola materia. A radiación emitida por un foco faise pasar alternativamente a través dunha mostra de materia dun grosor dado (por exemplo, unha solución) e dunha substancia supostamente non absorbente do mesmo grosor (por exemplo, o disolvente daquela solución). As intensidades da radiación emerxente en ambos os dous casos mídense polo detector axeitado. A absorciometría é unha importante técnica de análise química cuantitativa, que se realiza con aparellos chamados colorímetros ou absorciómetros, ou espectrofotómetros cando se traballa con radiación monocromática. Pódese empregar radiación de diversas zonas do espectro; a infravermella, a visible, a ultravioleta e os raios X, son as de uso máis xeneralizado.
-
Técnica de diagnose baseada na irradiación corporal de fotóns procedentes dun radioisótopo que, ao atravesar o organismo, son absorbidos especialmente polos tecidos mineralizados. Proporciona un bo índice do contido mineral óseo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á absorciometría.
-
-
Aparello para medir a solubilidade dos gases.
-
Aparello que serve para efectuar análises por absorciometría dentro dunha banda espectral máis ou menos ampla. Os absorciómetros comparan intensidades luminosas, ben visualmente, ben mediante células fotoeléctricas: colorímetro, fotómetro, fotocolorímetro, etc.
-
-
-
Acción de absorber.
-
Penetración dunha substancia no seo doutra a nivel molecular, con formación dunha solución, dun complexo de inclusión ou dunha verdadeira combinación química. O caso máis frecuente é o da absorción dun gas ou vapor por un líquido.
-
Transferencia de enerxía entre dous sistemas mecánicos oscilatorios.
-
-
Función propia dos organismos vivos que consiste na penetración ao medio interno, intracelular ou extracelular, de substancias procedentes do medio externo. Efectúase por medio de fenómenos eléctricos, de membrana, de tensión superficial, de presión osmótica, etc. Segundo os casos cómpre distinguir entre absorción por difusión simple, difusión facilitada ou transporte activo.
-
Incorporación, a través dos pelos absorbentes, de auga con elementos nutritivos minerais disoltos. A absorción pasiva débese á presión negativa producida pola transpiración; e a absorción activa, menos importante, resulta das propiedades osmóticas das células radiculares.
-
absorción cutánea
Paso de certas substancias disoltas a través da pel.
-
absorción dixestiva
Incorporación ao sangue ou á linfa dos produtos procedentes da dixestión como a auga, sales minerais, aminoácidos, ácidos graxos, monosacáridos e outros; fundamentalmente, prodúcese a través das pilosidades intestinais e secundariamente, a través da mucosa gástrica e do intestino groso.
-
absorción respiratoria
Paso do osíxeno ou doutro gas, a través dun epitelio respiratorio pulmonar, branquial ou cutáneo.
-
-
Propiedade que posúen determinados medicamentos e algúns tecidos de permitir a penetración de substancias exteriores, disoltas ou aeriformes, e de retelas no seu interior.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que tamén se coñece a Arcadia, academia romana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada por Bieito XIV co nome de Accademia delle Romane Antichitá (1740), ten a súa orixe, sen embargo, na Accademia Romana. Pío VIII concedeulle o título de Pontificia, polo que a partir dese momento pasou a designarse Accademia Romana Pontificia di Archeologia. Ten por obxecto principal o estudo da antigüidade clásica e paleocristiá.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Palabra empregada na locución preposicional acerca de e que, anteposta a un substantivo, e co significado de ‘sobre’ ou ‘respecto a/de’, introduce o asunto do que se está a tratar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de acercar ou acercarse.
-
-
Pór algo a unha distancia menor.
-
Aproximarse a unha persoa, a un animal ou a un obxecto calquera.
-
Tender a unha igualación ideolóxica e de opinión.
-
Acontecer algo nun tempo relativamente curto, próximo ao momento no que se fala.
-
-
PERSOEIRO
Comediógrafo francés. Autor de Jean de la lune (Xoán da lúa, 1929), Patate (Pataca, 1957), L´idiote (O idiota, 1960) e La Débauche (A relaxación, 1973). Foi membro da Academia Francesa (1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización creada o 21 de decembro de 1992 e integrada pola República Checa, Eslovaquia, Hungría, Polonia e Eslovenia. Ten como obxectivo a progresiva redución dos aranceis, así como a consecución da compatibilidade coas normativas da Unión Europea, coa idea de facilitar un futuro ingreso destes países na UE. Bulgaria, Romanía e os Países Bálticos (Estonia, Letonia e Lituania) solicitaron o ingreso nesta organización.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Convenio bilateral, asinado en 1988, para crear unha zona de libre comercio, entre o Canadá e os EE UU. No ano 1992, os dous membros e México acordaron crear a North American Free Trade Agreement (NAFTA), tamén zona de libre comercio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado en 1992 entre o Canadá, os EE UU e México polo que se creaba no territorio dos tres estados unha zona de libre comercio. O tratado ten como obxectivos eliminarlle os obstáculos ao libre comercio, promover a libre competencia, posibilitar oportunidades de investimento, protexer os dereitos da popiedade intelectual, establecer procedementos para a resolución de conflitos e fomentar a cooperación trilateral, rexional e internacional. Para acadar os seus fins establece unha serie de medidas como unha redución progresiva dos aranceis, que deben desaparecer nun prazo determinado no caso dos produtos máis sensibles, a consideración de produto nacional cun tratamento non discriminatorio para os bens fabricados en calquera dos tres países, a prohibición de fixar impostos á exportación, a apertura das compras do sector público a provedores dos tres países e a eliminación das restrición cuantitativas; se ben se incorporan unhas certas salvagardas en temas sanitarios e medioambientais,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Microfósiles esféricos ou subesféricos de orixe incerta, habitualmente dunha medida entre pouco menos de 1 μm ata 100 μm de diámetro. Son restos de microorganismos bentónicos ou planctónicos e constitúen unha fonte de información importante do Protozoico e dos primeiros tempos do Fanerozoico.
-
GALICIA
Compositor. Foi o primeiro músico galego que escribiu música profana culta. A súa formación iniciouse na Coruña, continuou en París, onde adquiriu unha marcada influencia chopiniana (aínda que non chegou a ampliar os seus estudios pianísticos con Frédéric Chopin como era o seu obxectivo) e contactou con Franz Liszt; en Londres estudiou con Ignaz Moscheles e en Madrid relacionouse con compositores madrileños da época, cando menos ata 1868. Nos seus últimos anos retirouse ao seu pazo de Lóngora, preto da capital herculina, onde morrería. A súa produción musical abrangue ópera (Inese e Bianca); cancións para voz e piano ou lieder; obra orquestral (Gran obertura); obra pianística (Nocturnos, Baladas, Impromptus, Romanzas sin palabras, Sonatina en sol a cuatro manos, Vals brillante, Improvisación, Elegía, Andantino con variaciones, 2 Sonatas) e música de cámara (2 Tríos, Sonata para violín y piano). Traballou sobre o folclore galego, recollendo temas...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor maligno do epitelio glandular ou dos seus condutos excretores. Pode afectar a calquera órgano, sobre todo ao estómago do home e á mama da muller.
-
PERSOEIRO
Militar e político finlandés ao servizo de Suecia. Con Adlesparre, preparou a revolta que destronou a Gustavo Adolfo IV (1809) e deu o poder ao duque Carlos, co nome de Carlos XIII. Este nomeouno Conselleiro de Estado (1810) e conde de Adlercreutz (1814).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de equilibrio consistente na adhesión dos átomos ou moléculas dun material (adsorbado) sobre a superficie de outro (adsorbente), é dicir, na súa concentración na interficie a causa do campo de forzas residuais existente na superficie dos sólidos e dos líquidos. Foi constatada experimentalmente por Fontana (1777), e Kayser propuxo o termo (1881). Segundo as súas características enerxéticas e cinéticas son definidos dous tipos de adsorción: a adsorción física e a adsorción química. A adsorción física presenta enerxías de enlace pequenas (tipo forzas de Van der Waals). É rápida, e facilmente reversible. A adsorción química ofrece enerxías de enlace superiores, a causa das transferencias de electróns entre o adsorbado e o adsorbente. É lenta e, ás veces, dificilmente reversible. Segundo a natureza da interficie establécense cinco tipos de adsorción: gas-sólido, líquido-sólido, gas-líquido, líquido-líquido e sólido-sólido. As adsorcións máis estudiadas e empregadas son a adsorción de...