"RCA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 608.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación agrarista aparecida en Negreira o 6 de setembro de 1921 que desapareceu en xuño de 1927, no número 81. Dirixíao Manuel Ruso Alonso, sendo Luís Pereiro González o redactor-xefe. Colaboraron nela Uxío Carré Aldao, Antón Vilar Ponte, X. Prado Lameiro, Rodríguez Elías e Salvador García F. de Bodaño. Nas súas seccións “Noticia”, “Movimiento Agrario”, “Desde Cuba”, “De la comarca” e “Necrología”, incluíanse informacións sobre o agrarismo e a comarca da Barcala. No seu último número reprodúcese o poema de Pondal “Os Pinos”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
abarca.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
candorca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dignidade e xurisdición dos xefes da igrexa copta e melquita católicas, e cotpa e bizantina ortodoxa (residente no Cairo dende o s XI). A orixe do Cristianismo en Alexandría atribúese a san Marcos segundo unha tradición moi antiga; a relación deste con san Pedro e a importancia civil e cultural da cidade déronlle ao Bispo de Alexandría un lugar preeminente na estruturación eclesiástica de Oriente, recoñecido polo Concilio de Nicea (325), que aceptou a súa autoridade sobre Exipto, Libia e Pentápole. Durante a controversia monofisita e despois do Concilio de Calcedonia (451) o patriarcado foi dividido entre monofisitas e ortodoxos, que recibiron o nome de melquitas; esta división e a ocupación da cidade polos árabes (642) contribuíu a facer minguar o prestixio e a autoridade da sé alexandrina. Durante o dominio árabe a situación dos cristiáns de Alexandría oscilou entre a persecución e a tolerancia.
-
ESPA¥A
Concello da provincia de València (2.733 h [1996]). Cultivos da horta, cacahuetes, laranxas e limóns. Industria. Convento de sant Dídac (1595) e Igrexa de Sant Bartomeu (1732).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión que serve para indicar un certo aire oriental que o autor quere dar a unha peza musical e no que esta debe ser interpretada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura que se desenvolve durante a fase antiga da Idade do Ferro (ss VII-IV a C) no centro de Portugal. Caracterízase arqueoloxicamente pola presenza de enxovais con brazaletes múltiplos de bronce, vasos con remate rugoso e furnas de gola cilíndrica. A presenza de elementos semellantes en niveis fundacionais dos castros do noroeste, obriga a reconsideralo como un fenómeno cultural autónomo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tumefacción das glándulas do pescozo, que se pode converter en chaga ao rebentar.
-
-
Acción de discutir dun xeito violento, incluso cunha pequena rifa.
-
Trámite de diálogo entre os avogados ou representantes das partes en litixio nos procesos e nas causas criminais.
-
Na Idade Media, cuestión ou reclamación, tanto en contenda como extraxudicialmente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disputar dun xeito intenso e, ás veces esaxerado, por algo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Depósito destinado a recoller a auga dos ríos e pozos que logo será empregada para regar.
-
PERSOEIRO
Xeneral cartaxinés, pai do célebre Aníbal (ou Haníbal). Participou na Primeira Guerra Púnica e dirixiu a represión dos mercenarios que se sublevaron contra Cartago. Levou a cabo a conquista do sector meridional da Península Ibérica que foi organizada por Cartago co fin de compensar a perda de Sicilia. Fundou a base de Akra Leuké. Morreu durante o asedio á cidade de Eliké, tradicionalmente identificada con Elx a mans do xefe íbero Orisón. Foi substituído polo seu xenro Asdrúbal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de antílopes de pequeno tamaño da familia dos bóvidos ao que pertence o dibatag.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Infiltración xeneralizada de líquido plasmático no tecido celular subcutáneo e nas serosas; provoca unha inflamación de todo o corpo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terra amarela de Venecia que se emprega como pintura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Froito pluriocular, que procede dun ovario súpero, de parte externa (exocarpo) dura e lignificada e a interna carnosa, con numerosas sementes, como o do baobab.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dignidade e xurisdición das cabezas das igrexas Siríaca Católica (residente en Beirut), Melquita Católica e Maronita (residentes en Bekoš, no Líbano), Melquita Bizantina (residente en Damasco) e Siríaca Xacobita (da que depende o katholikós de Malancar, India). A primeira comunidade cristiá de Antioquía foi confiada ao apóstolo Bernabeu, quen no ano 42 ou 43 chamou a san Paulo para a misión apostólica. Segundo os Feitos dos Apóstolos, foi alá onde os discípulos de Cristo se denominaron por primeira vez “cristiáns”, e a procedencia pagá da maior parte deles enfrontounos á tendencia xudaizante dos procedentes do pobo xudeu. Consecuencia desta situación foi o Concilio de Xerusalén e o enfrontamento dos apóstolos Pedro e Paulo nesta cidade, provocado pola actitude compracente de Pedro cara aos ritos e ás prácticas dos xudaizantes. A tradición considera o apóstolo Pedro como iniciador do episcopado na cidade, o que conferiu aos seus bispos a hexemonía relixiosa sobre toda a...
-
VER O DETALLE DO TERMO
aparcamento.
-
-
Acción e efecto de aparcar.
-
Lugar destinado a estacionar vehículos, pode ser subterráneo ou ao aire libre.
-
Proceso automático polo que as cabezas de lectura e escritura dun disco duro son situadas sobre a superficie do mesmo de xeito que non a danen.
-