"RSA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 131.

    1. Tomar parte nun concurso.

    2. Ordenar, un xuíz, o concurso de acredores para o cobro das débedas dos debedores insolventes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de conversar.

    2. Charla informal e sen importancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á persoa coa que é agradable conversar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de conversar.

    2. Arte de conversar.

    3. Reunión de persoas que falan, dialogan ou debaten sobre temas especializados para chegar a acordos concretos. OBS: Normalmente, emprégase en plural.

    4. Retrato de grupo orixinario de Flandres, pero que tivo o seu gran desenvolvemento no Reino Unido. Representa a personaxes identificables nun ambiente doméstico ou campestre en actitude de conversar. A diferencia dos retratos de grupo, os personaxes manteñen entre si relacións de carácter íntimo. Un antecedente destas obras é o Retrato do matrimonio Arnolfini de Jan Van Eyck (1434). Considérase como o primeiro cadro de conversación Federico, príncipe de Gales e as súas irmás, de Paul Mercier (1733). Entre os cultivadores desta temática destacaron William Hogarth e Thomas Gainsboroug. No s XIX abandonouse a súa produción.

    5. Escena pictórica que representa a Virxe co Neno mantendo unha conversa cos santos que os acompañan. Entre outros artistas cultivaron esta temática frei Angelico, Botticelli e Piero della Francesca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á conversación.

    2. Modalidade de comunicación home-máquina caracterizada polo uso de linguaxes (chamadas conversacionais) que, empregadas interactivamente, danlle ao proceso a aparencia dunha conversa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a quen conversa, especialmente a quen o fai con amenidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Bari, na Puglia, Italia, situada na marxe oriental do altiplano de Murge (448.822 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falar dúas ou máis persoas entre si de xeito informal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao buque armado en corso. Nas dúas guerras mundiais denominábanse así os buques de guerra, sobre todo alemáns, dedicados a agredir os buques mercantes de nacións inimigas ou neutrais.

    2. Aplícase á persoa que comandaba ou tripulaba unha nave armada en corso. A diferenza da figura do pirata, tiña licenza para os seus ataques, a través da patente de corso, e convertíase legalmente en pirata cando incumpría a normativa estipulada na súa patente (actuar fóra de prazo, apropiarse da parte do botín que debía entregarlle ao seu contratante, aceptar patentes de distintos belixerantes, etc). Durante o s XVI, idade dourada dos corsarios bérberes, Barbarrubia e Dragut foron os máis coñecidos. No Atlántico abondaron os corsarios ingleses que atacaban as naves españolas da ruta das Indias, como Harry Pay (ss XIV-XV) e Drake (s XVI); xogaron, ademais, un importante papel na independencia dos EE UU e das nacións iberoamericanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario de tendencia libertaria editado na Coruña. Tivo tres etapas diferenciadas: a primeira (1890-1893), subtitulada “Periódico semanal. Órgano de la Federación Coruñesa”, actuou como voceiro anarco-colectivista da Federación Local Obrera e contou coa colaboración de Xoán Antelo e Antonio Vidal; na segunda etapa (1893-1896), vinculouse ao grupo anarquista Ni Dios ni Amo e dirixírono conxuntamente Xosé Sanjurjo e o tipógrafo Marcial Lores, coa colaboración de Xoán Dopico e Soledad Gustavo e foi o único voceiro anarquista en activo en todo o Estado; e na terceira (1903-1908), continuou como voceiro anarquista e contou coa colaboración de Xoán No. A súa traxectoria estivo marcada polas numerosas suspensións gobernativas que determinaron a súa desaparición e a súa efémera substitución por El Produtor en 1896, como consecuencia da campaña emprendida polos anarquistas herculinos contra a Guerra de Cuba e a prol da súa independencia. Os editores do xornal acometeron unha intensa actividade...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Dar curso a unha solicitude, unha instancia, un expediente ou outro documento tramitándoos á autoridade correspondente.

      2. Dar a orde pertinente para que algo se realice.

    1. Estar realizando os estudios dun curso ou dunha materia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto dos sete sistemas filosóficos máis importantes do brahmanismo, coñecidos cos nomes de Nyaya, Vaiśe ṣ ika, Sāmkhya, Yoga, Pūrva, Mīmāmsā i Uttara Mīmāmsā ou Vedānta. A aceptación da autoridade espiritual dos Vedas foi o que constituíu cada darśana en sistemas ortodoxos (astika) e os separou dos heterodoxos (nāstika), como o budismo e o jainismo, ou do materialismo (lokāyata).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Texto adoptado pola Liga Internacional dos Dereitos do Animal e as Ligas Nacionais afiliadas, trala terceira reunión sobre os dereitos do animal celebrada en Londres do 21 ao 23 de septembro de 1977. A declaración proclamada o 15 de octubro de 1978 pola Liga Internacional, as Ligas Nacionais e as persoas físicas asociadas a elas, foi aprobada pola Organización das Nacións Unidas para a Educación a Ciencia e a Cultura (UNESCO), e posteriormente pola Organización das Nacións Unidas (ONU).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Declaración aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 10 de decembro de 1948. Os seus principais antecedentes históricos foron a Declaración francesa dos Dereitos do Home e do Cidadán (1789) e a declaración americana de Dereitos do Bo Pobo de Virxinia (1776). O documento consta dun preámbulo e trinta artigos que enumeran unha serie de dereitos de carácter civil e político, entre os que sobresaen os dereitos á liberdade, á igualdade, á dignidade, á vida e á seguridade, á xustiza e aos dereitos con ela relacionados (presunción de inocencia, habeas corpus, etc), á nacionalidade, á liberdade de pensamento, ideoloxía e relixión, á liberdade de opinión e expresión, á liberdade de reunión e asociación, á liberdade de participación, ao non sometemento á tortura ou á escravitude etc; e unha serie de dereitos sociais, económicos e culturais, como son o dereito ao traballo, á folga, á sindicación, á seguridade social, á saúde, á educación, á cultura, á arte e á ciencia, etc. O contido...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar un discurso escrito ou oral.

    2. Discorrer sobre algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de dispersar ou dispersarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que dispersa.

    2. Substancia que, por mor da diminución da tensión superficial que orixina, facilita a dispersión da fase dixestiva no medio de dispersión. Emprégase na fabricación de pinturas e tamén como emulsionante.

    3. Aparato que reduce as substancias a dimensións coloidais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que dispersa.

    2. Aditivo alimentario que facilita a dispersión e a eventual disolución dun alimento sólido nun líquido. O dioctilsulfosucinato sódico é un dispersante aceptado na maioría dos códigos alimentarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Separar en distintas direccións persoas ou cousas que estaban xuntas ou formando grupo.

    2. Repartir a atención, o esforzo, as facultades ou actividades en múltiples direccións.

    3. Efectuar unha dispersión.

    4. Separarse en distintas direccións persoas ou cousas que estaban unidas.

    5. Producirse unha dispersión.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao dorso.

      2. espiña dorsal

        Columna vertebral.

      3. músculo dorsal

        Músculo ancho e aplanado que cobre a parte inferior do dorso e que se estende dende a rexión lumbar ao húmero. Insírese nas apófises espiñentas das seis últimas vértebras dorsais, das lumbares e das sacras, na crista ilíaca e nas últimas catro costelas. Actúa como adutor e rotador do brazo cara a dentro e como elevador das últimas catro costelas.

      1. Relativo ou pertencente ao corpo da lingua.

      2. Que se produce co corpo da lingua, como poden ser todas as vocais ou as consoantes [k, g].

      1. Pequena peza téxtil que leva impresa o número que identifica o deportista que compite nunha carreira. Colócase no seu lombo (dorso), de xeito que sexa visible para os xuíces que controlan o desenvolvemento da proba. Nalgunhas disciplinas, especialmente no atletismo, como nas probas de velocidade, adoita desprazarse a colocación do dorsal ao peito ou a un costado do pantalón. Noutras modalidades deportivas, que combinan probas acuáticas e terrestres, como o tríathlon e o dúathlon, substitúese o dorsal por unha rotulación manual con tinta indeleble aplicada directamente sobre a pel das coxas e dos brazos dos participantes. Nas competicións ciclistas, ademais de no lombo dos corredores, o número do dorsal incorpórase ao cadro da bicicleta.

      2. Estampación no dorso da camiseta do número que identifica individualmente os membros dun equipo deportivo. Normalmente, na maior parte dos deportes durante o transcurso dunha tempada, un xogador participa nas competicións oficiais sempre co mesmo dorsal, ben por esixencia da regulamentación, ben por interese comercial do seu club. En España, no fútbol profesional (Primeira e Segunda División) a práctica de reservar un número exclusivamente a un xogador adoptouse na tempada 1995-1996, xuntamente coa estampación do seu nome, apelido ou alcume; sen embargo, no fútbol afeccionado os xogadores titulares distribúense os números do 1 ao 11 e os reservas ou suplentes levan números a partir do 12. Esa práctica era habitual nos campionatos que se celebraban por concentración, é dicir, nas fases finais dos mundiais ou nas eurocopas. Noutros deportes, coma o baloncesto ou o balonmán, esta práctica xa se viña realizando con anterioridade; de feito, no baloncesto aprobáronse en varios casos solicitudes...

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO