conversación
(< lat conversatĭō)
-
s
f
Acción e efecto de conversar.
Ex: A conversación que tiveron resolveu as diferencias entre eles.
Sinónimos: conversa. -
s
f
Arte de conversar.
Ex: A conversación de Otero Pedrayo resultaba moi amena.
-
s
f
Reunión de persoas que falan, dialogan ou debaten sobre temas especializados para chegar a acordos concretos. OBS: Normalmente, emprégase en plural.
Ex: As conversacións entre os dous países aínda non deron resultados.
Sinónimos: negociación. -
cadro de conversación
[PINT]
Retrato de grupo orixinario de Flandres, pero que tivo o seu gran desenvolvemento no Reino Unido. Representa a personaxes identificables nun ambiente doméstico ou campestre en actitude de conversar. A diferencia dos retratos de grupo, os personaxes manteñen entre si relacións de carácter íntimo. Un antecedente destas obras é o Retrato do matrimonio Arnolfini de Jan Van Eyck (1434). Considérase como o primeiro cadro de conversación Federico, príncipe de Gales e as súas irmás, de Paul Mercier (1733). Entre os cultivadores desta temática destacaron William Hogarth e Thomas Gainsboroug. No s XIX abandonouse a súa produción.
-
conversación sacra
[PINT]
Escena pictórica que representa a Virxe co Neno mantendo unha conversa cos santos que os acompañan. Entre outros artistas cultivaron esta temática frei Angelico, Botticelli e Piero della Francesca.