conversa

conversa

(

  1. s f

    Acción e efecto de conversar.

    Ex: Tivo unha conversa moi interesante cos seus pais.

    Sinónimos: conversación.
  2. s f

    Charla informal e sen importancia.

    Ex: Os dous velliños pasan todas as tardes á conversa.

    Sinónimos: barallada, parola, parrafeo. Confrontacións: leria.

Refráns

  • As palabras, coma as cereixas, unhas noutras se enguedellan.
  • Cando a conversación é pesada, enfada e desagrada.
  • Conversación con persa a lida, é media vida; coa non lida, é aburrida.
  • O amor sen conversación é coma festa sen gaita nin folión.
  • O si e o non andan sempre en conversación, coma a gaita na procesión.
  • Unha idea saca outra, como pasa coas cereixas.