"Rande" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 206.

  • PERSOEIRO

    Teólogo e bispo de Cesarea (370-378), pertencente a unha familia de santos, foi un dos catro padres da Igrexa grega. Logo dunha estadía en Neocesarea, na ribeira do Iris, entregouse á vida eremítica segundo a regra de san Basilio. Dende o ano 363 foi conselleiro de Eusebio, bispo de Cesarea, que o ordenara sacerdote cinco anos antes. Cando o sucedeu como bispo (370), converteuse no sucesor de Atanasio como xefe da ortodoxia fronte ás doutrinas heréticas de Ario e ás presións do Emperador Valente, que profesaba o Arianismo. Lexislador do monaquismo oriental, redactou a regra dos monxes basilianos, a única orde monástica que existe na Igrexa grega. Esta regra sería aproveitada en parte por san Bieito, fundador do monaquismo en Occidente. A vida de san Basilio foi enriquecida con lendas recollidas por Jacopo de Voragine na Lenda dourada. Entre as súas obras, que o converten nun dos grandes Padres da Igrexa Oriental, cómpre salientar: Contra Eunomio (363-365), de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de León (1197-1204) e de Castela (1217). Filla de Afonso VIII de Castela e Leonor de Inglaterra, casou con Afonso IX de León (1197), pero o Papa Inocencio III anulou o matrimonio no 1204 por causa da súa consanguinidade. En 1217 converteuse en Raíña de Castela ao suceder o seu irmán Enrique I; sen embargo, cedeu os dereitos ao seu fillo Fernando que recibiu tamén a coroa de León en 1230.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilardevós baixo a advocación de san Bertomeu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada en Santa Olaia de Pedrafita (Chantada), está moi deteriorada. Consta de dous corpos, un rectangular e outro cadrado amodo de torre. Os muros son de cantería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLOTES

    Illote do litoral noroccidental da península da Coruña (concello da Coruña), situado fronte á Furna dos Touciños e a Torre de Hércules. Ao seu SL ten un farallón que recibe o nome do Boi Pequeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Comezar a ceder unha persoa nalgún asunto ou nalgunha opinión.

    2. Afrouxarse ou ceder algunha cousa.

    3. Mover o corpo con gracia e xentileza.

    4. Moverse algunha cousa cun movemento de balanceo.

    5. Curvar un ferro, unha táboa, unha trabe, un arame ou calquera outro obxecto ríxido suxeito por ambos os dous extremos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Ulla pola dereita. Nace no lugar de Vilaboa da parroquia de Arca (concello do Pino). O seu curso adopta unha dirección N-S coa que penetra no concello de Touro pola parroquia de Bama. Prosegue polas parroquias de Fontes Rosas, Prevediños, Enquerentes, Foxáns e Bendaña, na que desemboca, logo de drenar unha conca de 96,5 km2. Achega un caudal de 3,4 m3/s.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da land de Brandenburgo, Alemaña, na beira do río Havel (90.400 h [1990]). Porto fluvial, encrucillada de camiños e posteriormente do ferrocarril e das estradas, converteuse nun importante núcleo industrial, destacando as ramas siderúrxica, téxtil, mecánica e química. A súa orixe atópase na fortaleza de Brennabor ou Brennaburg, que foi conquistada a principios do 928 por Enrique I. No 928 foi convertida por Otón I na sede dun bispado secularizado no s XVI. Ocupada cara ao 1150 por Alberte o Oso, obtivo o título de margraviato e despois o de electorado. No s XII Brandenburgo chegou a ser a residencia dos margraves ascanios. En 1848 foi sede da asemblea nacional prusiana. Entre os seus monumentos, moi afectados polos bombardeos da Segunda Guerra Mundial, destacan a catedral románico-gótica, iniciada no s XII, a igrexa gótica de Santa Catarina do s XV, a antiga casa do concello dos ss XIV-XV e algunhas pontes medievais. Ao final da Segunda Guerra Mundial quedou no...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do N de Alemaña. Tradicionalmente comprendía a Altmark (Marca Vella), a Mittelmark (Marca Mediana) e a Neumark (Marca Nova); ademais estaban unidas a estas tres marcas as pequenas rexións de Uckermark, Prignitz e Ruppin, e os bispados secularizados de Brandenburgo, Havelberg e Levus. Na división provincial prusiana de 1815, Altmark integrouse na provincia de Saxonia, e as outras, xunto coa Baixa Lusacia, constituíron a provincia de Brandenburgo. Os territorios desta última, despois da anexión de Neumark a Polonia en 1845, constituíron unha land da República Democrática Alemana en 1949, ata que en xullo de 1952 foi abolido o sistema federal. A Mittelmark corresponde aproximadamente aos actuais bezirke de Postdam e Frankfurt do Oder. No ano 1990, unha vez reunificados os dous estados alemáns, creouse a land de Brandenburgo. Estivo habitada primitivamente polos semmons e despois foi invadida por diversas tribos eslavas que foron conquistadas por Carlomagno...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Land do norte de Alemaña (29.476 km2; 2.573.291 h [estim 1998]). A súa capital é Postdam. Corresponde aproximadamente á rexión histórica de Brandenburgo aínda que a actual land non incorpora Berlín, que polo seu carácter de capital nacional e a súa particular traxectoria durante a segunda metade do s XX (na que permaneceu dividida entre as dúas repúblicas alemanas), forma unha land independente. Está baixo un dominio climático continental moderado, rexistrando unha temperatura media anual de 9,6°C e un total de precipitacións de 667 mm ao ano. As principais actividades económicas baséanse na explotación dos seus recursos naturais, tanto os agropecuarios como os minerais, especialmente os xacementos de carbón vexetal e as industrias químicas e metalúrxicas. Destacan os seguintes núcleos urbanos: Postdam, Brandenburgo e Cottbus. A actual land de Brandenburgo foi creada no ano 1990, cando a República Democrática Alemana se integrou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casa margravial do Sacro Imperio. Foi rexida por catro dinastías; primeiramente, os ascanios de Weimar (1134-1320), que se dividiron en dúas ramas, Brandenburgo-Stendal-Tangermünde, extinguida no 1320, e Brandenburgo-Stargard-Salzwedel, extinguida en 1317; logo os Wittelsbach de Baviera (1320-1373); os Luxemburgo (1373-1415) e, por último, os Hohenzollern de Nuremberg (1415-1918). Estes últimos conseguiron a dignidade dos príncipes-electores do Sacro Imperio (1417). Desta última dinastía naceron varias liñas, a principal reinou en Prusia e as secundarias en diversos principados do Imperio: Brandenburgo-Bayreuth, despois chamada Brandenburgo-Culumbach; Brandenburgo-Ansbach e Brandenburgo-Schwedt; estas, ao se extinguiren, pasaron a Prusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultura local de Hallsttat no norte de Alemaña (I milenio a C). Deriva da cultura Lautitz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Brandenburgo ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Brandenburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Formado baixo a influencia de Sainte-Beuve, Taine, Stuart Mill e Renan. Chegou a ser un vangardista oposto ao Romanticismo. Destacan as súas biografías sobre grandes persoeiros como Shakespeare, Heine, Ibsen e Goethe, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Arzúa baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado en Arzúa, é de orixe medieval aínda que foi reconstruído no 1554. De planta rectangular, a fachada principal, realizada en cachotería de granito, presenta un sinxelo arco de medio punto e nos seus dous andares ten ventás con montante. No tramo central e nas esquinas consérvanse as ameas, probablemente reutilizadas do antigo torreón medieval. Asentado na cornixa, sobre a porta de ingreso, atópase o escudo coas armas dos Aguiar e dos Mosquera. A capela, que foi restaurada en 1664, alberga un sartego de arcosolio que acolle os restos do fundador do morgado do pazo (1635), Fernán Montero de Mella, e da súa esposa, Inés de Villa e Aguiar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLOTES

    Illote da ría de Arousa, no denominado Paso interior de Sálvora, situado ao NL da illa de Sálvora e ao SL da illa Cabeceiro Chico, en territorio da parroquia de Carreira (Ribeira).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cabeza de Manzaneda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Paraíba, Brasil (351.606 h [1995]). Fundada en 1773 co nome de Princesa do Oeste, converteuse a mediados do s XIX nun dos principais centros produtores de café do Brasil. A partir do desenvolvemento económico logrado, consolidou unha industria que a sitúa como a maior cidade industrial do interior nordeste do Brasil. Posúe un centro de ensino superior, a Universidade Regional do Nordeste, fundada en 1966.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Mato Grosso do Sul, na rexión Centro-Oeste do Brasil (600.069 h [1996]). Localizada nun altiplano entre os ríos Guaraná e Paraguay, é unha cidade industrial e comercial situada na liña de ferrocarril de São Paulo a Corumbá. Tamén posúe aeroporto e un centro de ensino superior, a Universidade Federal de Mato Grosso do Sul, fundada en 1970.

    VER O DETALLE DO TERMO