brandear

brandear

(< brando)

  1. v i

    Comezar a ceder unha persoa nalgún asunto ou nalgunha opinión.

    Ex: Non atendía ás razóns que lle expoñían, pero despois brandeou.

    Sinónimos: abrandar, afrouxar.
  2. v i

    Afrouxarse ou ceder algunha cousa.

    Ex: Se non apertas ben o parafuso, vai brandear axiña.

  3. v i

    Mover o corpo con gracia e xentileza.

    Ex: Gústame moito como brandea cando baila.

  4. v i

    Moverse algunha cousa cun movemento de balanceo.

    Ex: Esquecín darlle corda ó reloxo de parede e hoxe o péndulo xa non brandeaba.

    Sinónimos: brandir, oscilar.
  5. v i

    Curvar un ferro, unha táboa, unha trabe, un arame ou calquera outro obxecto ríxido suxeito por ambos os dous extremos.

    Ex: Tes que quitar algún libro dese andel porque xa brandeou.

    Confrontacións: abrandar.
Conxugar
VERBO brandear
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
brandeo
brandeas
brandea
brandeamos
brandeades
brandean
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
brandeaba
brandeabas
brandeaba
brandeabamos
brandeabades
brandeaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
brandeei
brandeaches
brandeou
brandeamos
brandeastes
brandearon
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
brandeara
brandearas
brandeara
brandearamos
brandearades
brandearan
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
brandearei
brandearás
brandeará
brandearemos
brandearedes
brandearán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
brandearía
brandearías
brandearía
brandeariamos
brandeariades
brandearían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
brandee
brandees
brandee
brandeemos
brandeedes
brandeen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
brandease
brandeases
brandease
brandeasemos
brandeasedes
brandeasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
brandear
brandeares
brandear
brandearmos
brandeardes
brandearen

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
brandea
-
-
brandeade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
brandear
brandeares
brandear
brandearmos
brandeardes
brandearen
Xerundio brandeando
Participio brandeado
brandeada
brandeados
brandeadas