Brandariz, San Miguel de
Brandariz, San Miguel de
Mosteiro que estivo situado en Vila de Cruces. As primeiras fontes documentais datan do 1087 cando a infanta dona Elvira, filla de Fernando I, doou á igrexa de Santiago a metade deste cenobio. Afonso VI, o seu irmán, completou a doazón no ano 1100. A Historia Compostellana cítao como unha das adquisicións feitas pola Igrexa de Santiago. O Papa Pascual II contou con este mosteiro entre as súas posesións na sé compostelá.