Brandariz

Brandariz
  1. [ONOM]

    Apelido que ten a súa orixe no topónimo galego do mesmo nome. Este é un antropotopónimo que remite ao xenitivo do nome persoal latinizado de orixe xermánica brandericus, composto pola raíz *brand(a) ‘espada’ e a terminación -ricus, formada a partir do xermánico *rikaz ‘poderoso’.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Antiga liñaxe de orixe xermánica, que fundou casa en Ortigueira. As súas armas levan, en campo de azul, un monte de sinople con dúas fogueiras.