"Rante" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 190.
-
PERSOEIRO
Arquitecto portugués. Autor do Santuario do Bom Jesús do Monte, preto de Braga.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título que foi concedido o 3 de agosto de 1648 a Xoán de Lemos Sarmiento Ulloa e Acuña, fillo de Alonso de Lemos e de Xoán de Acuña, señores de Amarante. O conde de Amarante morreu sen descendencia polo que os seus dereitos pasaron á súa irmá maior Constanza de Lemos, muller de García Ozores, señor de Troáns e do Covelo. O fillo de ambos García Ozores, mestre de campo, casou coa marquesa de Valladares. Ao faleceren sen descendencia, herdou o título a irmá do mestre Xoana de Ozores. A xurisdición de Amarante comprendía varias parroquias do concello lugués de Antas de Ulla. Nobres do Pazo de Santa Mariña de Castro de Amarante, residencia dos Vázquez de Villasante, Vázquez Taboada, Noguerol e outros adoitaron apelidarse Amarante. Este condado caeu máis adiante na Casa de Camarasa. Os primeiros señores do Val de Lemos exerceron o seu señorío sobre Ferreira de Pantón, Sober e Amarante e, en tempos de Filipe IV, outorgóuselles o título de condes de Amarante; de feito, as súas armas son...
-
GALICIA
Cineasta. Iniciou a súa relación co cine a finais dos anos sesenta ao se integrar no grupo Imaxe. En 1982 comezou a traballar en VídeoTrama en diversas funcións técnicas. Traballou tamén para Vídeo Voz dende mediados dos oitenta, realizando diversos programas culturais para a TVG. É profesor na Escola de Imaxe e Son da Coruña. A súa primeira longametraxe titúlase Blanca Madison.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Arquipélago coralino das Seicheles, no océano Índico, ao NL de Madagascar. As illas principais son Daros, Desneuf, Saint Joseph e Poivre. Foron descubertas no ano 1052 polo Almirante portugués Vasco da Gama. Desde o ano 1814 ata o ano 1976 pertenceron a Gran Bretaña.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que reduce a transpiración cutánea.
-
Produto que reduce a transpiración cutánea, xeralmente polas súas propiedades astrinxentes.
-
-
PERSOEIRO
Pedagogo e sacerdote italiano. Fundou os primeiros asilos infantís italianos en Cremona: un para nenos de acomodada posición social (1827) e outro para os de recursos máis limitados (1828). Escribiu Elementi da pedagogia (1847).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Salvaterra de Miño baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘sino’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘compás’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización de restauradores galegos, espallados por toda España, que naceu en 1986, pola iniciativa dun grupo de propietarios de restaurantes, encabezados por Indalecio Pascual, coa idea de aunar esforzos a prol da defensa e promoción colectiva dos valores culturais e gastronómicos da cociña galega. Ata 1996 estivo presidida por José Limeres Guillé e, dende entón, ocupa a presidencia Elicio Magallanes Rodríguez. Esta asociación, que ten representantes nas catro provincias galegas e tamén en Madrid, Barcelona, Badajoz e Huelva, colabora habitualmente coa administración galega en proxectos divulgativos da gastronomía de Galicia e, dende os seus comezos, edita anualmente a revista Lareira, de contidos gastronómicos-turísticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que asombra.
-
-
Que aspira.
-
Persoa que aspira a un cargo, un título, unha dignidade, etc.
-
Deportista ou equipo deportivo que compite co campión da súa especialidade para intentar gañar o título que aquel posúe.
-
-
PERSOEIRO
Profesor universitario e crítico. Destacado investigador no mundo da Filoloxía, da Lingüística e da Crítica Literaria. Profesor da Universidade do Estado de Rio de Janeiro e da Universidade Federal -en calidade de docente de Literatura Portuguesa e Brasileira-, acudiu como profesor visitante a algunhas universidades de prestixio, como as de Colonia (1968) e Coimbra (1972).
VER O DETALLE DO TERMO
O seu campo de estudo é moi amplo, tanto en temas (lingua, literatura, crítica literaria) como en épocas (desde a Idade Media ata o Modernismo). Como libros ten publicadas máis de cincuenta obras, así como outros moitos estudos que viron a luz en revistas especializadas ou numerosos artigos publicados nas actas dos congresos nos que interviu. De toda a súa produción destacan, entre outros, libros dedicados á figura de Camões -autor no que está especializado- (O cânone Lírico de Camões,... -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘cribador’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Individuo integrante dunha bandeira.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación que recibe un tipo de viño que se produce no concello de Ribadumia e nalgunhas parroquias de Cambados, Meaño, Meis, Portas e Vilanova de Arousa, sempre dentro do val pontevedrés do Salnés. É un produto artesanal, aínda que de orixe recente, xa que está elaborado a base do froito de modernos híbridos da vide, fundamentalmente dos chamados popularmente folla redonda e americano (os cales, como todo híbrido da Vitis vinifera, non están autorizados para vinificación). O resultado é un caldo tinto moi cuberto e algo basto, que mancha vistosa e caracteristicamente as cuncas nas que se adoita servir, sendo o seu gusto suave, a mosto, lixeiramentte astrinxente e acedo, cunha moderada gradación alcohólica. Normalmante consómese no ano. Gozou dunha gran popularidade a nivel local a partir de mediados do s XX e na actualidade está facendo mermar o labor do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas a prol das castes de uva autóctonas e recoñecidas,...
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ribadumia baixo a advocación de santo André.
VER O DETALLE DO TERMO -