"Reza" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 55.

    1. Calidade ou estado de impuro.

    2. Substancia que, mesturada con outra substancia, deteriora algunha das súas calidades e a converte en impura. OBS: Adoita usarse en plural.

    3. Calquera átomo trivalente ou pentavalente que, disposto convenientemente na estrutura cristalina dun semicondutor intrínseco (e, por tanto, tetravalente), o converte en extrínseco (p ou n, respectivamente).

    4. Elemento, nun metal ou aliaxe, estraño á matriz metálica incluída nesta como átomo intersticial ou de substitución, ou ben en forma de fase dispersa.

    5. Impureza da que se hai que liberar ritualmente se se pretende participar do culto sagrado. Pode ter a súa orixe en factores moi diversos, segundo os preceptos das distintas relixións: por contacto con obectos sagrados, fluídos corporais (seme, saliva ou sangue), cadáveres ou alimentos; por enfermidade (lepra e outras doenzas con manifestacións cutáneas); ou por certos procesos fisiolóxicos (a menstruación, o parto).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de inmaturo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de lixeiro.

    2. Falta de seguridade ou vontade no que un sente.

    3. Falta de reflexión no que se di ou fai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Oia baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de magro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar a unha cousa ou a unha persoa menos importancia da que ten.

    2. Tratar de maneira ofensiva ou con desprezo a alguén ou a algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xa de Irán (1941-1979), fillo e sucesor de Reza I de Irán. Coñecido como Reza Pahlawī, en 1979 tivo que exiliarse pola revolución que converteu Irán nunha república islámica. Á súa morte, o seu fillo Reza foi proclamado xa de Irán no exilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto da realidade tal como é independentemente da intervención e a acción humanas. Neste sentido, a natureza contraponse tanto á técnica como á arte e á cultura.

      2. Conxunto dos campos, os bosques e montañas, o mar, os ríos e lagos, a vexetación e a fauna, en oposición á cidade e á civilización.

      3. natureza morta

        Xénero pictórico que ten como tema exclusivo obxectos inanimados de diversa índole como froita, flores ou obxectos. Como xénero autónomo, a súa orixe sitúase no gótico tardío e nos inicios do Renacemento. Comezou a adquirir importancia na segunda metade do s XVI e sobre todo no s XVII con autores como F. Zurbarán, D. Velázquez, Caravaggio, P. Rubens e Rembrandt. Foi cultivado tamén no s XVIII, no XIX con F. Goya, V. van Gogh e P. Cézanne e no s XX polo cubismo, o surrealismo e o hiperrealismo, entre outras vangardas e posvangardas.

      4. reinos da natureza

        Coxunto dos tres ámbitos ou das tres maneiras de ser da realidade natural: o mineral, o vexetal e o animal.

      1. Esencia ou atributos propios dun ser.

      2. Maneira de ser.

      3. Conxunto de condicións físicas e morais do home.

      4. Principio constitutivo dunha cousa e no que consiste o fondo dun ser. Equivale á esencia, entendida en sentido físico. Segundo Platón, hai que diferenciar o que é por natura e o que é por convención, é dicir, aquilo que é determinado segundo un propósito humano.

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de marzo de 1991. Subtitulada “Revista bimestral” e dirixida por Evelia I. Carballo e Xosé A. Pintos, foi unha publicación especializada con información sobre a natureza galega. De carácter divulgativo, favoreceu o coñecemento, a valoración e a defensa do medio natural cunha gran preocupación polas especies en extinción en Galicia. Incluíu seccións sobre enerxías renovables, asociacións ecoloxistas, entrevistas e bibliografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de nobre.

    2. Estrato social máis alto da sociedade durante o Antigo Réxime. Os seus membros gozaban de certos privilexios por dereito hereditario (nobreza de sangue ou de natureza), por concesión do soberano (nobreza de privilexio) ou polo exercicio de determinados cargos públicos (nobreza civil ou de cargo). Na Baixa Idade Media, tivo un marcado carácter señorial, estreitamente vinculado á terra, sen cuxa posesión  non era posible a condición de nobre. En xeral, durante a época de expansión territorial, desde o s XIII ao XVI, estiveron fielmente ao servizo da monarquía e ocuparon os altos cargos nas empresas militares, ás que axudaron tamén economicamente. A partir do s XV o seu número aumentou considerablemente por privilexio real, pero a súa importancia política minguou. Gozaban de certos privilexios. Estaban suxeitos só á xurisdición do rei, non estaban obrigados a seguir ao exército real fóra do territorio do seu domicilio, os seus bens non podían se alleados por débedas, e non podían ser encarcerados...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Foi costumista e a súa obra caracterizouse polas descricións polo miúdo das paisaxes de Bohemia oriental e das súas xentes. Destaca a súa novela Děti čistého živeho (Os fillos dos puros viventes, 1909).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Participou na fundación do PSOE (1888), que abandonou en 1921, para fundar o Partido Comunista Obrero Español (PCOE).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Calidade de pobre.

      2. Condición de quen se atopa nun estado de miseria relativa ou está privado da manutención ou dos medios necesarios ante certas eventualidades como a enfermidade. Demostrada legalmente esta situación por medio dun certificado expedido polo concello ao que se pertence, pódense ter acceso a formas especiais de asistencia e beneficencia.

      3. Situación relativa de determinadas zonas ou países respecto doutros considerados ricos, que incide fundamentalmente nun reparto desigual da renda. Estas zonas ou países atópanse na imposibilidade de acadar un crecemento autosostido a causa das súas relacións económicas internas, que impiden o avance da produción e da renda total obxecto de reparto. Esta situación, denominada círculo vicioso da pobreza, materialízase na existencia dun baixo nivel de demanda, un mercado pequeno e unha escasa posibilidade de aforro. A insuficiente dispoñibilidade de capital obriga a traballar con produtividades moi baixas, que dan lugar a unha produción escasa e a unha renda que obriga a volver a comezar un proceso con idénticas limitacións.

    1. irtude moral que ordena a conduta humana en relación aos bens deste mundo, e que pode esixir ata o desprendemento material voluntario, forma extrema xeralmente chamada pobreza evanxélica, seguindo os consellos evanxélicos e o espírito da primitiva comunidade de Xerusalén, descrita nos Feitos dos Apóstolos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se lle ten moita estima ou consideración.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de puro.

    2. Condición en moitas relixións de non contaminado polo contacto con persoas ou cousas que un considera impuras, sobre todo con vistas ao culto.

    3. Comparación que se efectúa entre propiedades perfectamente coñecidas, empírica ou teoricamente, dunha substancia e as dunha mostra concreta desta, para determinar a súa pureza. Nas sólidas con punto de fusión definido, o criterio de pureza máis empregado é o punto de fusión mixto. Para os líquidos utilízase o punto e intervalo de ebulición e o índice de refracción, e para as substancias opticamente activas, a rotación óptica molecular (actividade óptica). Tamén se empregan como criterio de pureza os datos espectroscópicos e a pureza cromatográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Quireza (Cerdedo). O seu cumio acada os 544 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola dereita do río Lérez, que nace na parroquia de Tomonde e desemboca na de Pedre (Cerdedo).

    VER O DETALLE DO TERMO