"Rita" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 231.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade lamelar de serpentina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mestura de arseniuro de níquel, NiAs, e antimoniuro de níquel, NiSb. Frecuente en Ar (Pireneos Atlánticos).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título dado entre os cristiáns de rito oriental ao superior dunha comunidade monástica. Sinónimo nun principio de hegumen, foi reservado máis tarde para os superiores dos mosteiros máis importantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfarseniuro de ferro, de fórmula FeAsS. Cristaliza no sistema monoclínico e preséntase en formas pseudorrómbicas e, a cotío, macladas. Pode conter cobre, níquel e ouro. É de cor branca de estaño ou gris clara, e ten exfoliación clara nunha dirección. Ten dureza 5,5-6 e peso específico 5,9-6,2. Chámaselle tamén mispíquel e pirita arsenical. É o mineral de arsénico máis importante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfato de ferro e prata, AgFe3S5, do grupo das piritas de prata. Cristaliza no sistema rómbico, en maclas pseudohexagonais. Non ten exfoliación, e a súa cor é gris de aceiro ou marrón dourada. Ten dureza 3-4.
-
GALICIA
Escritora e pianista. En 1916 publicou os seus primeiros traballos no Heraldo de Madrid e posteriormente pasou a formar parte da redacción de La Tribuna, á vez que colaboraba con outros periódicos e revistas (Pitorial Review, de Nova York, La Ilustración Artística, de Barcelona); así mesmo, en 1921 fundou en Madrid a revista mensual Ideales. A súa actividade musical levouna a dar concertos en diferentes lugares de Europa. Como escritora publicou Otro beso (1920) e Hacia el ocaso: evocación narrativa (1921) ten, ademais, unha comedia dramática en dous actos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que impón aos outros a súa vontade apelando á súa importancia, capacidade, forza, etc, sen atender á opinión do resto.
-
-
Que sostén, en política, o principio de autoridade.
-
Aplícase ao réxime político, estado, etc, no que o poder está sendo exercido sen permitir a oposición.
-
-
Dise da personalidade caracterizada pola disposición á conformidade, á obediencia e ao respecto por quen detenta o poder ou a autoridade superior, amais do convencionalismo, da arrogancia e o menosprezo aos grupos minoritarios e aos individuos de status social inferior.
-
-
-
Calidade de autoritario.
-
Actitude que pretende a obediencia indiscutida. Atópase nos individuos e nos sistemas sociais nos que se esixe a obediencia incuestionada a un xefe, caudillo, déspota, supremo sacerdote, pater familias, etc. Emprégase sobre todo en tres contextos: a estrutura dos sistemas políticos, as disposicións psicolóxicas relacionadas co poder e as ideoloxías políticas. É característico dos réximes antidemocráticos, onde o poder se concentra nun só órgano, no que non hai parlamento e no que a oposición política se suprime. Varias características distinguen o autoritarismo doutras formas anteriores, como o despotismo, o absolutismo e a tiranía. As autocracias anteriores estaban gobernadas por un monarca ou por calquera outro aristócrata, que gobernaba baseándose nun principio como o dereito divino dos reis, por exemplo, mentres que o estado autoritario moderno está dirixido normalmente por un partido político que encarna unha ideoloxía que defende a súa autoridade universal e que non permite...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Determinación que interviña na integración, defensa ou asistencia dunha vontade allea. A autoritas designa a plenitude do poder do Emperador.
-
PERSOEIRO
Profesora mercantil e socióloga. Publicou, en colaboración co seu marido, Justo de la Cueva Alonso, os traballos: Las familias de la provincia de Pontevedra (1974) e La comarca de la ría de Arosa. Sus familias (1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carbonato básico de cobre, de fórmula Cu3(OH)2(CO3)2. Cristaliza no sistema monoclínico, en cristais prismáticos de cor azul, de brillo vítreo e translúcidos. Ten exfoliación perfecta, dureza 3,5-4 e peso específico 3,77. Encóntrase asociada con outros minerais cupríferos, en Barraburra (Australia), Tsumeb (Namibia) e Arizona. En Galicia é moi escasa e aparece en forma de costras asociadas aos filóns de blendas e galenas de Riotorto e aos de siderita e calcopirita de A Pontenova. Antigamente empregábase como pigmento azul e, hoxe en día, úsansen a fabricación de obxectos de artesanía e ornamento.
-
-
Relativo ou pertencente aos bahritas.
-
Membro da rama bahrita dos sultáns mamelucos.
-
Membro dunha rama primaria de sultáns mamelucos (1250-1390), da que xurdiu a familia dos burxitas (1382 -1517).
-
-
-
Óxido de bario.
-
Suspensión do hidróxido de bario en auga destilada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción británica realizada en 1969 e dirixida por Guy Hamilton. Foi interpretada por Laurence Olivier, Michael Caine, Robert Shaw, Curd Jurgens e Susannah York, entre outros. Trátase dunha superprodución bélica baseada nos diversos intentos dos alemáns por invadir Gran Bretaña durante a Segunda Guerra Mundial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Herba perenne, de follas espatuladas dispostas en mouta basal e capítulos florais de 2 cm de diámetro de lígulas brancas de punta e beiras purpúreas. Os froitos en aquenio, non presentan vilano. Foi empregada como planta vulneraria e as follas novas empréganse en ensaladas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfuro de antimonio e ferro, de fórmula FeSb2 S4. Cristaliza no sistema rómbico en agregados fibrosos. É de cor gris escura e presenta un brillo metálico.
-
CIDADES
Cidade de Romanía, capital do judet de Bistriţa-N ǎ s ǎ ud. Está situada na ribeira do río Bistrita, afluente do Somes (86.942 h [1997]). Fundada polos alemáns no s XII, na Idade Media era o principal núcleo comercial na ruta entre Danzig e Oriente, e foi o centro do Nösner Gau do País Saxón de Transilvania.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Jude de Romanía, (5.355 km2; 326.539 h [1997]). A capital é Bistriţa.
-
PERSOEIRO
Rei da Mauritania oriental (118-81 a C). Sogro de Iugurta, este ao principio axudoulle contra os romanos (108-107), pero despois entregoullo a Sila.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fosfato alumínico hidratado, de fórmula PO4(OH)3Al2·H2O. É de cor amarela verdosa e foi descuberto en Galicia por L. Fernández Navarro e P. Castro Barea (1921). Está asociado ao granito de dúas micas de Campo Lameiro.