"Roi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 288.

  • Xornal bilingüe aparecido na Habana (Cuba) no ano 1886. De carácter festivo, cesou no segundo ou terceiro número.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía de teatro independente creada en 1974 en Compostela por Roberto Vidal Bolaño e Laura Ponte. O seu propio nome dá proba do que son os seus espectáculos: en todos eles déixase sentir o peso da farsa, da festa comunitaria e da tradición dramatúrxica popular. Despois de presentarse cun espectáculo baseado no texto Amor e crimes de Juan el Pantera (1975) de Eduardo Blanco Amor e cunha segunda proposta, a partir da peza de Euloxio R. Ruibal As falcatrúas do Marqués Patacón (1976), a compañía centrou a súa actividade na posta en escena de espectáculos baseados nas propostas textuais do seu director, Roberto Vidal Bolaño. Así, cómpre mencionar Laudamuco señor de ningures (1978), con dirección de Eduardo Alonso e Xarará, Peituda, Paniogas, Tarelo, o Rapaz e o Cachamón ou como trocar en rato pequecho o meirande xigantón (1979), Ruada das papas e o unto (1981), Touporroutou da lúa e do sol (1982) e Romance dos figos de ouro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo ou radical acilo no que o grupo hidrocarbonado é aromático.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción erosiva da auga de chuvia cando baixa por un terreo inclinado (vertente) e forma regueiros. A intensidade da erosión producida estará en función inversa da vexetación que cubra a pendente.

    2. Acción de chover con moita forza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Chover forte e sen parar.

    2. Formar a chuvia regueiros ou arroios espontáneos na terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de arroibar.

    2. Que é roibo ou que é dunha cor tirando a roiba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tornar rubio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Curso circunstancial de auga que discorre sobre un leito que si é permanente. A alimentación dos arroios a partir das precipitacións ou do desxeo, e non de mananciais freáticos, determina a característica efémera e estacional do seu caudal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado aos planetas pequenos do Sistema Solar; o maior, Ceres, ten só uns mil quilómetros de diámetro. A maioría están no cinto principal, situado entre as órbitas de Marte e Xúpiter a unha distancia media do Sol de 2,8 unidades astronómicas, se ben hai tamén dous grupos que seguen a órbita de Xúpiter (grupo Troiano) e un centenar con órbitas moi diversas que cortan as da Terra e Marte (como Ícaro, Adonis, Apolo, Eros e Hidalgo). En 1801 G. Piazzi atopou o primeiro asteroide, Ceres; despois W. Olbers descubriu Palas en 1802, Harding Xuno en 1804, e novamente Olbers Vesta en 1807. Comas i Solà descubriu os asteroides Hispania (1919), Alfonsina (1920) e Barcelona (1921). Ultimamente, E.F.Helin descubriu o chamado 1989 PB. Coñécense uns 4.000 asteroides, que comprenden tres tipos principais: os asteroides C, de baixo albedo, que son ricos en silicatos hidratados e carbono, e que constitúen o 60% do total; os asteroides S, compostos de piroxenos e olivinas, que constitúen...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Equinodermo da clase dos asteroideos.

    2. Clase de equinodermos do subfilo dos eleuterozoos, denominados comunmente estrelas de mar. Polo xeral, está integrada por individuos de pequeno tamaño (de 5 a 30 cm de diámetro), de simetría fundamentalmente pentarradiada, co corpo de forma pentagonal ou ben estrelado con cinco brazos que se insiren nunha rexión central ou disco. A boca está situada no centro da cara inferior ou oral, rodeada dunha membrana branda. Ao longo da cara oral de cada brazo hai un suco ambulacral bordeado por fileiras de pés ambulacrais, protexidos por espiñas móbiles; estes pés ambulacrais teñen función basicamente locomotora e de captura de alimento, á parte da excretora e respiratoria. A cara superior ou aboral é normalmente rugosa e con espiñas, e nela atópase o ano. Viven en todos os mares, dende a zona litoral á abisal. Coñécense fósiles dende o Ordoviciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten forma de estrela.

    2. Hipocicloide con catro puntas que se xera cando a circunferencia que xira ten un radio r que vale a cuarta parte do da circunferencia, no interior da cal xira: 4r = R. A súa fórmula é x 2/3 + y 2/3 = R 2/3 .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ausencia completa da secreción tiroidal. Determina o mixedema.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten a forma ou os trazos (manchas) da troita.

    2. Dise da persoa pouco esperta ou despistada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Francia comprendida entre os departamentos de Yonne e Nièvre. A poboación está moi dispersa. O seu centro é Auxerre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina de Averroes e dos seus partidarios, que fai referencia especialmente á súa interpretación de Aristóteles. Averroes, que quixo restituír á súa pureza a doutrina aristotélica, non puido evitar nalgúns puntos a influencia dos comentarios neoplatónicos. Deulle á Filosofía unha significación propia, non dependente da fe nin oposta a ela, e tentou precisar as súas relacións coa relixión mediante a afirmación de tres graos de coñecemento: Filosofía -o grao máis elevado-, Teoloxía e Relixión, que representan planos diversos que converxen na mesma verdade. Afirmou a creación eterna do mundo por parte de Deus, que extraería da materia eterna as formas das cousas; tamén a existencia dunha xerarquía de intelixencias separadas, que moverían diversas esferas entre Deus, primeiro motor, e as cousas, compostas de materia e forma; e amais a teoría do intelecto axente, última intelixencia separada, causa do coñecemento intelixible nas ánimas individuais, único para todos os homes, ao cal pertencería...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Averroísmo.

    2. Que ou quen profesa o Averroísmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás bacteroidáceas.

    2. Bacteria da familia das bacteroidáceas.

    3. Familia de bacterias da orde das eubacteriais; de forma vacilar, ás veces con ramificacións, son dun marcado pleomorfismo e Gram-negativas. Xeralmente fermentan hidratos de carbono simples producindo ácidos. Encóntranse no intestino e nas membranas mucosas de animais homeotermos. Ás veces son patóxenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Semellante a unha bacteria.

    2. Nome dado ás bacterias do xénero Rhizobium, que viven nos nódulos das raíces das fabáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO