"Roo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 58.

  • PERSOEIRO

    Astrónomo norteamericano de orixe inglesa. Director do observatorio William Smith en Geneva, é un dos introdutores da fotografía na astronomía. Descubriu 26 cometas; un deles, de 6,9 anos de período que se descubriu no 1889 e que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cirurxián e paleontólogo. Logo de dedicarse á medicina en Australia, explorou o deserto do Karroo (Sudáfrica), onde localizou numerosos fósiles de réptiles e mamíferos que lle serveron de base para o seu estudo sobre a transición dos réptiles aos mamíferos, traballo polo que lle outorgaron a medalla da Royal Society en 1928. En 1935 iniciou a escavación de Sterkfontein, onde atopou o Plesianthropus e, en 1938, a de Kromdraai, onde atopou o Paranthropus. O seu traballo, xunto co de Raymond Dart, serviu de base para identificar os Australopithecus como antepasados da humanidade e para localizar en África o berce da humanidade. É autor de Finding the missing link (En busca do elo perdido, 1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guitarrista e cantante estadounidense. Foi un dos intérpretes máis importantes de blues. Estudiou os spirituals e baladas do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de cianobacterias da orde das croococais, de cor verde agrisada, reunidas en pequenos grupos por cápsulas delgadas e incoloras. Viven en auga doce e sobre superficies húmidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos da familia das gonfidiáceas que produce uns cogomelos co sombreiro de ata 7 cm de diámetro, de superficie de cor vermella e viscosa e cun umbo que aparece durante o crecemento. Posúe láminas decorrentes, grosas, de cor rubia, que se converten en negro na madureza do corpo frutífero. O cogomelo ten un pé de ata 8 cm de lonxitude, rubio e cun anel lixeiro formado polos restos do veo. En Galicia está presente a especie C. rutilus, baixo piñeiros, que resulta comestible pero insípida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás croococais.

    2. Cianobacteria da orde das croococais.

    3. Orde de cianobacterias unicelulares, arredondadas, agrupadas en pequenos grupos ou en colonias mediante abundante mucilaxe producida por xelificación das membranas. As células divídense por bipartición e as colonias por fragmentación. Algunhas orixinan colonias irregulares e planctónicas, como as do xénero Microcystis, ou regulares, como as do xénero Merismopedia. Outras especies, como Glococapsa e Chroococcus, revisten superficies somerxidas ou rochas e paredes húmidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e químico. Estudiou no Royal College of Chemistry. En 1854 acadou o posto de inspector no departamento de meteoroloxía do observatorio de Radcliffe (Oxford) e en 1855 obtivo a cátedra de Química na Universidade de Chester. Trasladouse ao ano seguinte a Londres. Fundou e dirixiu o Chemical News (1859-1906) e o Quaterly Journal of Science. En 1861 descubriu e illou por primeira vez o talio e estudiou as súas propiedades. Construíu o radiómetro (1875) e inventou o tubo electrónico que leva o seu nome. Descubriu os raios catódicos, investigou o espectro do helio e deseñou un detector de partículas radioactivas, o espintariscopio (1903). Escribiu diversas memorias, nas que expuña as súas investigacións, e Select Methods in Chemical Analysis (Métodos selectos na análise química, 1871).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lóxico e filósofo da matemática norteamericana. Profesor da Universidade de Pennsylvania, foi o creador da lóxica combinatoria ao sistematizar a teoría esbozada por Schönfinkel durante o segundo decenio do s XX. Traballou tamén nos campos da metalóxica e da fundamentación das matemáticas, adscrito en todo á escola formalista. É autor, xuntamente con Robert Feys, de Combinatory Logic (Lóxica combinatoria, 1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da física que estudia a influencia dos campos eléctricos nos fenómenos ópticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á electroóptica.

    2. Cambio nas propiedades ópticas dun cristal piezoeléctrico cando se lle aplica unha diferenza de potencial eléctrico. Os cristais que presentan esta propiedade empréganse como moduladores de luz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno que consiste no paso de líquido a través dun diafragma poroso cando se lle aplica unha forza electromotriz a dous electrodos, que se sitúan a ambos os dous lados do diafragma e mergullados en auga ou noutro líquido condutor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista holandés. Coñecido como Hugo Grotius ou Grocio, formouse en leis en Orléans e tras regresar ás Provincias Unidas converteuse no procurador xeral da provincia de Holanda (1607). Defensor das ideas do arminianismo, o seu intento de mediar no conflito relixioso levouno a ser condenado a cadea perpetua (1619). Tras fuxir a París, foi nomeado embaixador de Suecia nesta cidade (1634-1644). Centrou os seus estudios no ámbito da filosofía do dereito e foi considerado un dos fundadores do dereito internacional moderno e da teoría racionalista do dereito natural. Das súas obras destacan Mare liberum (1609), De iure belli ac pacis (1625) e De veritatis religionis christianae (1627).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa próxima á costa meridional de Australia, no Océano Índico, pertencente ao estado de Australia Meridional (4.351 km2).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Meseta semidesértica (259.000 km2), na República Democrática do Congo. A súa altitude media oscila entre os 305 e os 1.220 m. Está dividida en dúas partes; o Gran Karoo e o Pequeno Karoo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Efecto segundo o que unha substancia dieléctrica isótropa, sometida á acción dun campo eléctrico, se volve birrefrinxente e pasa a comportarse como un medio onde o eixe óptico é paralelo a este campo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Onda electromagnética cun espectro de frecuencias comprendido entre 1 e 30 GHz, que se corresponde con lonxitudes de onda entre 30 e 1 cm. A miúdo tamén se inclúe nesta definición ondas con frecuencias máis elevadas. As microondas poden ser xeradas mediante tubos de baleiro ou dispositivos semicondutores, para os que se idearon tubos especiais, como son os cistróns, os magnetróns ou os osciladores de onda progresiva. Pero coa evolución constante dos dispositivos activos de estado sólido, disponse de transistores e doutros dipositivos semicondutores para xerar microondas. Fálase de dúas familias diferentes: os dispositivos electrónicos transferidos (TED), entre os que están os díodos Gunn e os dispositivos de acumulación de carga espacial limitada (LSA), e os dispositivos de avalancha (IMPATT, TRAPATT). As microondas teñen aplicacións en detección de obxectos por radar, nas comunicacións e tamén se utilizan para quentar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • forno de microondas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ordenador que, polo pouco espazo que ocupa e polo seu baixo prezo, permite realizar e resolver aplicacións que antes precisaban dun ordenador de medida estándar ou un terminal conectado a un ordenador máis potente. Adoitan ter unha maquinaria compacta, usar linguaxes interactivas e ir acompañados de programas específicos con aplicacións, polo xeral subministradas por empresas especializadas. Normalmente están formados por unha unidade central, a memoria principal e a memoria auxiliar. Tamén posúen un sistema para rexistrar datos e programas (unidades de disco). Aínda que os primeiros modelos apareceron a principios da década de 1970, o primeiro que se considera como tal foi o PC de IBM, que apareceu en 1981. O PC evolucionou co modelo XT, que incluíu o disco duro. En 1984 apareceu o modelo AT, que incorporaba o microprocesador 80 286, con notables avances. Todos estes aparatos funcionaban co sistema operativo MS-DOS, desenvolvido por Microsoft, que é o sistema universal dos microordenadores....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo que só pode ser visto mediante unha lupa ou un microscopio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grao empregado para medir a cantidade de alcohol que hai nunha mestura de alcohol e auga. Cómpre distinguir o estadounidense do británico. Unha mestura de alcohol e auga ten un grao proof spirit estadounidense cando o 50% do volume é de alcohol, e ten 1 grao proof spirit británico se, a 11°C, o alcohol pesa 12/13 veces un volume igual de auga.

    VER O DETALLE DO TERMO