"SF" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 419.

  • Material aglomerante de consistencia sólida ou semisólida, constituído na súa maior parte por betúns naturais ou obtidos como residuo da destilación do petróleo. O asfalto arde con chama brillante, é insoluble en auga, álcalis e ácidos, pero é soluble en cloroformo e acetona. Emprégase na pavimentación de estradas, como impermeabilizante no revestimento de obras hidráulicas e na construción (teas asfálticas para a impermeabilización das terrazas, etc); como illante eléctrico para pechar pilas secas, acumuladores, etc; para facer pinturas e vernices; e na fabricación de aglomerantes. Os xacementos de asfalto pódense atopar en diferentes tipos de rochas e estruturas. Unha vez depurado, para podelo utilizar na construción e na conservación de pavimentos, orixina produtos denominados betúns aslfálticos naturais, se teñen menos dun 5% de impurezas, ou asfaltos naturais, cunha proporción máis grande de impurezas. Os asfaltos artificiais obtéñense como subproduto do petróleo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Claude François Bidal d’Asfeld .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise dunha superficie non esférica, especialmente das superficies de lentes ou ben espellos, cunha forma que difire lixeiramente da esférica e que se adoita empregar para reducir as aberracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desaparición do pulso sen interrupción da contracción cardíaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dificultade para respirar.

    2. Suspensión da función respiratoria dun organismo por causas mecánicas ou pola alteración da hematose. Leva á anoxia dos tecidos. Os obstáculos mecánicos poden ser accidentais ou patolóxicos (edema da larinxe, membranas da difteria, parálise dos músculos respiratorios e lesións no núcleo respiratorio cerebral). No aspecto de alteración da hematose cómpre mencionar a asfixia por falta de osíxeno e a producida polos gases tóxicos ou bloqueadores da actividade hemoglobínica (gas de hulla, gas butano, monóxido de carbono, etc).

    3. Debilitamento dos vexetais por falta de osíxeno, particularmente en solos encharcados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que produce asfixia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Provocarlle a morte a alguén por suspensión da respiración.

    2. Impedirlle a respiración a alguén; causar dificultades respiratorias.

    3. Sentir asfixia ou dificultades respiratorias.

    4. Morrer a causa da suspensión da respiración.

    5. Afogarse por falta de osíxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: abrótega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa do interior da terra situada entre a litosfera e a mesosfera, na que a velocidade de propagación das ondas sísmicas se reduce considerablemente. Chamada tamén capa de baixa velocidade. Atópase entre os 70 e os 150 km de profundidade. Nela xéranse os movementos de convección responsables do desprazamento das placas litosféricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Capa gasosa que envolve algúns corpos celestes. Nos corpos celestes gasosos a atmosfera está constituída polo conxunto de estratos máis exteriores e menos densos. A composición e o grosor de cada atmosfera varía dun planeta ou estrela a outro.

      2. Capa gasosa que envolve a Terra.

      3. atmosfera estelar

        Conxunto de capas exteriores da estrela, directamente accesibles á observación. Os límites da atmosfera estelar non están ben definidos, nin cara ao centro da estrela, nin cara a fóra; dunha banda, as capas máis exteriores (chamadas cromosféricas) non contribúen moito á formación do espectro; doutra banda, tampouco se consideran incluídas as capas máis profundas. O estudo teórico das atmosferas estelares é básico para explicar a información espectroscópica que chega ao observador terrestre. Nunha primeira investigación considerouse a atmosfera estelar un gas non uniforme. En 1906, Schwarzschild introduciu a hipótese do equilibrio da radiación e mostrou como obter a distribución das temperaturas. Coa lei da radiación de Planck-Kirchhoff chegouse á teoría do equilibrio termodinámico local (ETL), segundo a que o gas está, en cada punto, moi cerca do equilibrio termodinámico. O modelo Schuster-Schwarzschild (SS) suxeriu a existencia dunha fotosfera responsable do fondo continuo...

      4. atmosfera planetaria

        Conxunto das capas gasosas externas. A súa profundidade óptica pode ser grande (como é o caso de Xúpiter), pequena (como é o caso de Marte e da Terra), ou simplemente non existir (como é o caso de Mercurio, da Lúa ou dos principais satélites). A atmosfera planetaria contribúe decisivamente ao albedo do planeta.

      5. atmosfera terrestre

        Capa gasosa de forma sensiblemente esferoidal que envolve a Terra. A mestura de gases pola que está formada recibe o nome de aire. Para facer a análise da atmosfera cómpre considerar a estrutura, a orixe, a composición e a participación no balance enerxético do planeta. Resulta útil considerar unha división en cinco rexións de diferente comportamento térmico. A capa inmediata á superficie terrestre é a troposfera; excepto os dous primeiros quilómetros, constátase xeralmente un descenso de 6,5°C por quilómetro ascendido. O descenso de temperatura párase na tropopausa, onde é duns -53°C. A altura da tropopausa varía segundo a latitude, a estación e o tempo, pero, xeralmente, é duns 8-10 km nos polos no inverno e duns 16-18 km no ecuador e trópicos. Nela teñen lugar case todos os fenómenos meteorolóxicos e climáticos, como tamén o ciclo hidrolóxico e o balance O 2 -CO 2 dos seres vivos. Por riba da tropopausa está a estratosfera, zona...

      1. Aire que hai ao noso redor ou porción de aire contido nun local.

      2. Estado xeral das condicións e circunstancias dalgún sitio, principalmente reunións de persoas, que repercuten sobre as cousas e especialmente sobre outras persoas.

      3. atmosfera viciada

        Proporción de osíxeno do aire dun recipiente que minguou sensiblemente, e que estivo enrarecido, por exemplo, con dióxido de carbono, por efecto da respiración animal, dalgunha combustión ou de calquera outra emanación.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á atmosfera.

    2. Que sucede na atmosfera.

    3. Que é causado pola atmosfera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Consecuencia dun feito que dá satisfacción á propia persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformador provisto dun único enrodelamento por columna que fai simultaneamente os papeis de primario e de secundario. Os terminais do circuíto de alta tensión son sacados do enrodelamento e, os de baixa tensión, dun punto do medio. Pode servir como elevador ou como redutor de tensión. É máis económico que un transformador común, pero no caso de cortarse fortuitamente o enrodelamento común, o circuíto de baixa tensión recibe a alta tensión directamente, e iso limita o seu uso.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Método de urxencia que consiste en conseguir un volume de sangue adecuado nos sectores máis vitais do sistema circulatorio. Isto conséguese comprimindo cunha vendaxe os puntos máis distais do sistema (brazos e pernas), reducindo así o continente.

      2. Método para retornar o sangue extravasado á circulación. O sangue vertido na cavidade peritoneal, sobre todo en casos de ruptura dun embarazo ectópico ou do bazo, recóllese durante a intervención cirúrxica e transfúndese inmediatamente á circulación xeral do paciente.

    1. Transfusión do propio sangue recollido con antelación cando está prevista unha necesidade futura, como é o caso da práctica dunha intervención cirúrxica. Este método evita a posibilidade de transmisión de enfermidades infecciosas e os efectos secundarios que eventualmente se producen nas transfusións de sangue de doadores. Se esta técnica se emprega en deportistas ou en animais de carreiras considérase dopaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de California, nos EE UU, no extremo meridional do val de San Joaquín (174.820 h [1990]). Conta con refinerías de petróleo e industrias químicas e alimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que se lle daba antigamente ao núcleo da Terra. Chámaselle tamén endosfera ou nife.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Esfera destinada a acadar grandes profundidades mariñas. A súa finalidade era investigar a fauna. A primeira foi construída en 1930 por William Beebe, coa colaboración de Otis Barton, e estaba sostida desde un barco por un cable de aceiro. En 1934 cerca das Bermudas conseguiu somerxerse a 906 m de profundidade. Incapaz de manobrar por ela mesma, a batisfera foi substituída polo batiscafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Benxamín Disraeli.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar inglés. Entrou no exército en 1785, serviu na India e participou en 1806 no sitio á cidade de Bos Aires, onde o fixeron prisioneiro. En 1807 ocupou Madeira en nome de Portugal e pasou a España, onde participou na Guerra de Independencia baixo as ordes de sir John Moore. Tomou parte na batalla da Coruña (16.1.1809) e foi nomeado mariscal (7.3.1809) e organizador do exército portugués polo xeneral Arthur Colley Wellesley, o futuro duque de Wellington. Derrotou o mariscal francés Nicolas Jean de Dieu Soult na batalla de La Albuera (Badajoz) e ocupou Badajoz e Salamanca. Trala súa partida de Portugal, en 1819, ocupou diversos cargos militares no goberno do duque de Wellington (1928-1930). Obtivo o título de barón en 1814 e o de vizconde en 1823; así mesmo, tiña o título español de duque de Elvas e o portugués de conde de Troncoso.

    VER O DETALLE DO TERMO