"SOI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 45.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político fundado en 1848 nos EE UU. Opúxose á escravitude e propugnou a distribución gratuíta das terras entre os campesiños. En 1856 integrouse no Republican Party.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elipsoide correspondente á ecuación que resulta ao desenvolver a densidade de enerxía electromagnética dunha onda luminosa nun medio dieléctrico anisótropo, en función das compoñentes do tensor dieléctrico do medio e do campo eléctrico da onda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación de anticorpos con antíxenos doutros individuos da mesma especie.
-
PERSOEIRO
Rei franco de Neustria e Soissons (561-584), fillo de Clotario I e Ingunda. Tivo que aceptar a división do reino franco cos seus irmáns Cariberto I, Guntram I e Sixeberto I de Austrasia. Casou (556) coa princesa Galsvinta, pero asasinouna para poder casar coa súa amante Fredegunda. Isto provocou unha guerra con Austrasia, onde reinaba Sixeberto I, casado con Bruniquilda, irmá de Galsvinta. A súa muller matou a Sixeberto I. Morreu asasinado durante unha cacería.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que é semellante a unha medusa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo de orixe discutida, que talvez procede do vasco, co significado de ‘cazador de lobos’, ou ben do latín ursus ‘oso’, ‘propio dos osos’ ou ‘que ten osos’. Presenta a variante Osorio. A súa festividade celébrase o 29 ou 31 de agosto, ou ben o último sábado dese mes. É festa grande en terras de Mondoñedo e Lourenzá.
-
PERSOEIRO
Trobador, fillo de Johan Froiaz de Valadares e de Urraca Fernandez, e posible irmán de Martin Anes Marinho e Per’ Eanes Mariño. Foi un dos membros da familia nobre dos Marinho, localizada nas rías de Noia e Arousa, e vinculada ao mosteiro de San Xusto de Toxosoutos. Pertenceu á primeira xeración de poetas da tradición galego-portuguesa, rematou os seus estudos eclesiásticos en 1220 en París, e converteuse, ao seu regreso, en cóengo de Santiago de Compostela. Consérvanse oito cantigas da súa autoría, dúas delas fragmentarias, localizadas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa, onde se amosa fiel aos tópicos das cantigas de amor, cun alto sentimento poético e artístico. Nas súas composicións “Cuidei eu de meu coraçon”, “Ei eu tan gran medo de mia senhor” (fragmento), “E por quê me desamades”,“Eu, que nova senhor filhei”, “Min pres forçadament’ Amor” “Par Deus, fremosa mia senhor” (fragmento), “Sazon é ja de me partir” e “Vos, mia senhor, que non avedes cura”, aparecen primeiramente...
VER O DETALLE DO TERMO -
DIARIOS
Diario francés vespertino, fundado en París en 1923. Desde 1930 Jean Prouvost converteuno no primeiro xornal da capital francesa, grazas ao seu sensacionalismo e ao emprego da fotografía. Instalado en Lyon (1940), a censura de Vichy suprimiuno en 1943. Mentres, en París, os alemáns controlaban un falso Paris-Soir colaboracionista, que desapareceu en 1944. Co tempo converteuse nun medio de comunicación de referencia en Francia que se caracterizan pola análise de temas nacionais e internacionais, tratados nos apartados de deportes, industria, política, negocios, saúde, sociedade e tecnoloxía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
callo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación do psoas.
-
PERSOEIRO
Príncipe de Savoia e marqués de Saluzzo. Pasou ao servizo de Austria e obtivo a vitoria de Zenta, que lles permitiu aos austríacos impoñerse a Polonia e Hungría. Tras a Paz de Rastatt (1714) comandou unha expedición contra os turcos, sobre os que tamén se impuxo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a un sinusoide.
-
-
Relativo ou pertencente á sinusoide.
-
Que se pode representar graficamente mediante unha sinusoide.
-
-
-
-
-
Que é semellante a un seo.
-
aso sanguíneo terminal con túnica endotelial completa e sen túnica adventicia que aparece en certos órganos como o fígado, o páncreas ou as glándulas suprarrenais.
-
-
Curva das ordenadas proporcionais aos senos das abscisas correspondentes, que ten como ecuación xeral f(x) = A sen (Bx), onde A e B son constantes.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Circuíto de tecnoloxía MOS que se realiza sobre un substrato illante, como o óxido de silicio.
-
-
Planta herbácea anual, pubescente, de 40 a 100 cm de altura, con follas alternas, trifolioladas, con folíolos ovado-elípticos, os laterais con pecíolo curto e o terminal cun longo. As flores violáceas son hermafroditas, cigomorfas, pentámeras e están dispostas en acios axilares e os froitos en legume. É orixinaria do SL asiático, onde se cultiva desde a Antigüidade, e posteriormente estendeuse por diversas rexións subtropicais e tépedas do mundo. Emprégase na fabricación de pensos, de produtos dietéticos e sobre todo de aceite. A proteína de soia ten un elevado valor biolóxico, superior á maioría das proteínas vexetais e comparable ás dos animais. A soia é a materia prima ou o ingrediente de importantes derivados, como o leite de soia (útil para os alérxicos ao leite de vaca), a fariña de soia (enriquecedor proteico de alimentos), o queixo de soia ou tofu e os mollos de soia (que resultan da fermentación).
-
Semente desta planta.
-
-
-
Circunstancia de estar só.
-
Sentimento que produce esa circunstancia.
-
Sentimento de tristeza pola ausencia de algo ou de alguén moi querido ou por estar lonxe da terra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que procede do latín solitatem ‘soidade’, que só se conserva en hispano romance, derivado de solus ‘só, único, solitario’. É un nome místico que fai referencia á soidade en que se achou a Virxe María despois da morte de Xesús Cristo. A Virxe da Soidade ten en moitas cidades confraría que organiza a derradeira procesión da Semana Santa, a que expresa a dor da nai que volve soa para a casa despois de enterrar o seu fillo. A súa festividade celébrase o Venres Santo.
-
PERSOEIRO
Relixiosa. De nome Soledad Torres Acosta, fundou a Congregación das Servas de María, comunidade de monxas que atendían aos enfermos a domicilio. Canonizouna Paulo VI en 1970. A súa festividade celébrase o 11 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que sente soidade.
-
Que reflicte este sentimento.
-