"San Pedro" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 110.

  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Ourense. De estilo románico, construíuse no s XII. Consta dunha nave e dunha ábsida rectangular. O arco triunfal é apuntado. No interior destaca o coro realizado polos mestres Alonso Martínez e Cornelio Guillermo. Na fachada principal sobresae a portada formada por arquivoltas semicirculares que descansa en columnas acobadeladas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no Irixo. Construída no s XVIII, a nave, a ábsida e a sancristía están abovedadas. No interior destacan os retablos de estilo neogótico (1833) coas imaxes de san Pedro e santa Bárbara e outro con san Roque. No exterior destacan os beirís rematados en pináculos e a dobre espadana da fachada cun tímpano superior triangular e cun arco aberto no interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capela que pertenceu a unha antiga fundación monástica que tivo o seu esplendor a mediados do s IX cando foi reedificada polo conde Gatón. No s X Ordoño II incorporouno á mitra compostelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Baleira. Conserva vestixios na súa ábsida da primitiva construción románica, pero os restos conservados son barrocos. Ten tres naves e conserva retablos barrocos. No exterior destaca a torre de perpiaños de granito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización constituída en 1932 por 26 sociedades campesiñas dos concellos de Cambre, Culleredo, Oleiros e Carral. Foi a única federación comarcal integramente campesiña con que contou a Confederación Regional Galaica. O seu principal alicerce foi a Unión Campesina Republicana de San Pedro de Nós (Oleiros, 1931), composta por veciños retornados de América. En 1933 agrupaba a 1.600 afiliados. Foi reorganizada durante a Fronte Popular debido á represión posterior á folga xeral convocada pola CNT en nadal de 1933 e ao fracaso da revolución de Asturias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Agolada. Construíuse no 1030 en estilo románico, mais sufriu modificacións ao longo do tempo. Conserva a colección de canzorros do s XIII na fachada norte. A fachada princial é do s XIV, ten dobre arquivolta e tímpano cunha cruz inscrita nun círculo, e o campanario é do s XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Vilagarcía de Arousa. Construída en estilo románico entre os ss XII e XIII, ten nave e ábsida de planta rectangular con cuberta de madeira. O arco de triunfo é de medio punto peraltado e arranca dunha liña de imposta decorada con billetes que se apoia en semicolumnas pegadas. Na ábsida destacan as pinturas murais dispostas en dous corpos separados pola liña de impostas. Datadas no s XVI, representan no testeiro a Anunciación, na parte superior, e os apóstolos Pedro e Paulo na inferior; nas paredes represéntase a santa Elena e, posiblemente, o Apóstolo Santiago. As figuras caracterízanse por ter un canon próximo ao natural e pola súa composición inmersas nun escenario paisaxístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado fóra das murallas de Santiago de Compostela. Non se sabe a súa data de fundación, mais xa existía en 1117. Os Reis Católicos e o Papa Inocencio VIII unírono ao mosteiro de San Martiño Pinario en 1487, feito que se confirmou por unha bula de Alexandre VI en 1493. As súas ruínas demoléronse en 1839.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Monterroso. Construída no s XII, ten planta dunha soa nave rectangular e ábsida recta. O arco triunfal é posterior. No interior destacan as pinturas murais do testeiro da ábsida, obra do denominado mestre de Frameán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no Incio. Construída a finais do s XII, foi unha encomenda da orde de San Xoán. Consta de ábsida e nave de maior altura. A ábsida é pentagonal no interior e semicircular no exterior; no testeiro consérvanse tres ventás formadas por unha tripla arquivolta, no interior o tramo recto cóbrese con bóveda de canón e a cabeceira é tripartita. No interior da nave atópanse dúas portas tapiadas no muro esquerdo que comunicaban coas dependencias da orde. No muro esquerdo consérvase un arcosolio coa estatua xacente do comendador frei Álvaro Quiroga. No lado S atópase unha porta formada por unha arquivolta dobre apoiada en columnas acobadeladas e co tímpano liso. A portada principal, enmarcada por dous contrafortes, está formada por catro arquivoltas que se apoian en columnas de fustes lisos e capiteis sinxelos, no tímpano ten gravada unha cruz de Malta. Da antiga fortaleza consérvase unha torre exenta de base cadrada e dous pisos á que se accede por unha porta de arco apuntado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Lantaño (Portas) documentado nunha escritura de 956.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Muxía. Construída en estilo románico no s XII, ten unha soa nave e ábsida rectangular, con cuberta de madeira a dúas augas. A fachada está composta por unha porta formada por arquivoltas apoiadas sobre columnas pegadas, unha liña de imposta corrida, e unha ventá semellante á porta e cun arco polilobulado como marco superior. O conxunto remata nunha espadana de dous vans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Ribas Altas (Monforte de Lemos) dependente de San Salvador de Celanova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro que puido estar situado en Lobás (O Carballiño). Coñecido tamén como Lobanes ou Lobaes, era de monxas beneditinas e está documentado en distintas doazóns desde o s XII. Posuía un couto e exercía dereitos de presentación nas parroquias veciñas. En 1504 o Papa Xulio II confirmou a súa unión a San Paio de Antealtares, que se realizou en 1515.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Lugo. Pertenceu ao antigo convento de San Francisco, instalado no interior do recinto amurallado no s XV. De estilo gótico, ten nave única, planta de cruz latina e tres ábsidas poligonais. Sufriu danos por causa dun incendio no s XVII e trala invasión napoleónica. Foi restaurada e na fachada destaca a gran portada oxival, a fiestra do corpo superior e a torre do campanario de planta cadrada. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1931.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Outeiro de Rei. O máis destacable é a ábsida románica, que conta cun tramo recto e tambor, con bóveda de canón. O arco triunfal, de medio punto e aresta viva, sitúase sobre columnas arrimadas. A capela maior acolle un retablo neogótico, con tallas de san Pedro, san Miguel e san Antón, entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Arzúa. Construíuse no s XIII aínda que experimentou reformas no s XVI. De estilo románico rural, ten planta rectangular dunha soa nave. Sobre o testeiro atópase un Agnus Dei sobre o que se colocou unha dobre cruz circular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Merca. Construíuse en 1210, pero hai noticia doutro templo anterior, baixo a mesma advocación, vinculado ao mosteiro de Celanova. O estilo é románico de transición ao gótico. Ten unha nave e planta lonxitudinal con contrafortes que sobresaen en planta, a ábsida é semicircular con arco triunfal apuntado sobre semicolumnas, e na fachada destaca a porta rematada polas arquivoltas lixeiramente apuntadas e o gran tímpano centrado por unha cruz latina. No segundo corpo ábrense dúas ventás superpostas e remátase nun piñón cun Agnus Dei. Ao lado dereito está acaroada unha torre. Destacan os canzorros nos beirados, os capiteis da portada principal e a decoración das portas laterais. Foi declarada Ben de Interese Cultural (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Toén. Na súa orixe foi un templo románico construído no s XII, que pertencía ao couto da catedral de Ourense. Tivo unha soa nave á que se lle engadiron os brazos laterais, polo que quedou constituída a planta de cruz latina. A súa fábrica é de estilo barroco (s XVIII). No interior ten un retablo renacentista do s XVI realizado por Bartolomeu de Nosendo, similar ao da catedral de Ourense e na fachada principal destacan as dúas torres barrocas que a flanquean, así como a súa balaustrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Ramirás. Pertenceu ao antigo mosteiro de San Pedro de Ramirás. Datado no s XI como mosteiro familiar, a primeira referencia documental é de 1017, cando recibiu a primeira doazón. En 1137 converteuse en mosteiro de monxas bieitas, despois substituídas por clarisas, e en 1499 anexionouse a San Paio de Antealtares. A igrexa, construída entre os ss XII e XIII, de transición do románico ao gótico, ten planta basilical de tres naves da mesma altura con cuberta de madeira e separadas por piares con arcos apuntados. A cabeceira fórmana tres ábsidas semicirculares, con bóveda de canón. Na fachada do templo destacan tres portadas decoradas con arquivoltas e a principal, franqueada por dous contrafortes, ten arcos superpostos.

    VER O DETALLE DO TERMO