"Sar" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 930.

  • Tornar de cor gris.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do il de Manisa, en Marmara, na costa do Exeo, Turquía, (74.000 h [1990]). É a antiga Thiatira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma de afogar ou crear sufocacións por mor dun traballo intenso, ao andar ou ao realizar un exercicio físico que implique moito esforzo.

    2. Diminuír a presión sobre calquera obxecto en tensión, permitindo respirar ou descansar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político italiano. Ministro do goberno de Boloña (1859), colaborou na exaltación de Víctor Manuel II como rei. Foi Ministro de Instrución Pública (1862), Deputado (1865) e Conselleiro Municipal (1872). Rector da Universidade de Boloña (1871-1878), escribiu Política e storia (1890).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta castelán. Da súa produción poética, reunida a maior parte postumamente, coñécense sobre todo as composicións humorísticas como La cena jocosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gran sartego atopado en Sidón, probablemente a tumba dun dos príncipes da cidade, con relevos que representan a Alexandre en combate. Obra de feitura grega (s IV a C) consérvase no Museo de Istambul.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer lisa unha cousa.

    2. Eliminar as engurras que quedan nos tecidos téxtiles, na pel, etc.

    3. Tornar liso o cabelo.

    4. Eliminar dun conxunto de datos, que seguen unha lei subxacente, as flutuacións aleatorias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento arqueolóxico do val do Kizilirmak, no SL de Boğazköy (Turquía). Contén materiais que van do Neolítico final ao período frixio, posthitita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Realizou a memoria de licenciatura en 1983 sobre o tema La oración simple en el Poema de Mio Cid. Publicou o Vocabulario elemental galego da música (1988) e varias traducións de textos infantís e xuvenís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor da música da popular “Cántiga”, sobre texto do primeiro poema escrito de Curros Enríquez en 1869, cando compartían ambos unha pensión madrileña na época en que Curros estudiaba Dereito na Universidade Central de Madrid. Alonso Salgado non coñecía a grafía musical, pero interpretou a melodía coa guitarra. Foi Chané quen posteriormente fixo a transcrición ao pentagrama, circunstancia que xerou confusión na posteridade, chegando a atribuír a Chané a autoría da famosa peza. Cesáreo Alonso deuna a coñecer en Trives, a súa terra natal, e máis tarde, entre os estudiantes de Compostela. Aquela popular cántiga pasou con todos os honores á posteridade, sendo poucas as xuntanzas festivas nas que non sexa interpretada co título de Unha noite na eira do trigo. Dáse o fenómeno de que chegou a eclipsar a homónima de Xoán Montes, unha das seis fermosas baladas do compositor lugués.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dereito instaurado no Medievo polo que se pagaba o aproveitamento das augas nos muíños. Monopolio confiscado polo señor feudal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor, xornalista e político republicano. Foi Presidente do Partido Radical, do que foi candidato nas eleccións xerais de 1931; sen embargo, abandonouno para militar no Partido Republicano Radical-Demócrata e despois na Unión Republicana. Durante a Segunda República foi Gobernador Civil de Soria e na Guerra Civil, xefe da Secretaría da Delegación de Evacuación da Xunta de Defensa de Madrid, redactor da Sección de Información do Ministerio de Estado en Barcelona e redactor dos Servicios de Estado Maior do Exército de Terra. Ao rematar a Guerra Civil foi xulgado e condenado en rebeldía, para exiliarse en París, onde dirixiu La Nouvelle Espagne, órgano do Goberno Republicano no exilio. Tamén en París, representando a Galicia, formou parte do Consello Federal do Movemento Europeo e, dende 1951 ata a súa morte, foi delegado do Consello de Galiza. Paralelamente a esta actividade política, presidiu o Casino Republicano da Coruña, o Comité de Unión Republicana e a Liga de Dereitos do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Catedrática en Lingua Galega.
    Membro da Comisión de Lingua do Consello da Cultura Galega e membro fundador do Instituto Rodrigues Lapa, pertence ao Comité Científico das revistas Verba e Cadernos da Lingua. Dende 1973 realiza o labor de investigación no Instituto da Lingua Galega (ILG), labor que compaxina coa actividade docente como profesora na Facultade de Filoloxía de Compostela. Participa en numerosos proxectos de investigación no eido da lingüística do idioma galego: Atlas Lingüístico Galego (dende 1974); Gramática descritiva da lingua galega (1995-1997); Gramática contrastiva do galego e do portugués (1996-1997), entre outros.
    Colaborou na elaboración das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, proclamadas oficiais pola Xunta de Galicia en 1982. Entre as súas publicacións,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Realizou estudios de pintura na Escola de Belas Artes de San Fernando (Madrid, 1960). Medalla de ouro da Academia Europea das Artes (1996). En 1983 crea en Madrid a Fundación Sotomayor. Realizou numerosas exposicións en diversas cidades como Pontevedra, Pamplona, Londres, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Eliminar dun animal as súas calidades de ferocidade ou un estado anormal de indocilidade, furia ou rabia, para tornalo manso.

    2. Calmar a ferocidade, a ira, a malevolencia, o odio ou calquera manifestación violenta.

    3. Deixar de ser violenta, adusta, arisca ou esquiva unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Formar ou facer masa, remexendo e mesturando (fariña, area, cemento, ou outra cousa semellante) con auga ou con outro líquido ata que adquira a consistencia necesaria.

    2. Reunir unha cousa en gran cantidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Situar ou sinalar algo de xeito que se vexa, deixándoo ver.

    2. Deixar ver ou manifestar claramente unha calidade, sentimento, actitude, etc.

    3. Poñerse de relevo, deixando algo patente.

    4. Mostrarse alguén cunha determinada calidade, sentimento, actitude, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do Estado de Panjāb, na India, ao leste de Lahore e preto da fronteira con Paquistán. (708.835 h [1991]). Centro comercial e manufactureiro dunha rexión semiárida irrigada por canais conectados aos ríos Byās e Rāvī. O Templo de Ouro, santuario principal dos Sikhs, fundado por Ramdas, cuarto gurú, atópase dentro da cidade e o seu estanque considerado sagrado, Amrita Saras, dá nome á cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista en galego aparecida en 1987 en Vigo, e subtitulada como “Revista galega de información económica”. Tiña periodicidade cuatrimestral e estaba dirixida por Alfonso Rivas Fraga. Foi editada por Unipro Editorial, e incluía fundamentalmente información económica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Abaixarse dobrando as pernas.

    2. Pescar con nasa.

    VER O DETALLE DO TERMO