"Seoane" (Contén)
Mostrando 13 resultados de 33.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello do Carballiño baixo a advocación de san Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de San Xoán de Río baixo a advocación de san Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Xinzo de Limia baixo a advocación de san Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Xinzo de Limia. De orixe románica, ten planta de nave única e ábsida rectangular, onde se abriu unha fiestra con arco de medio punto sobre columnas con capiteis decorados. Destaca o tímpano da portada, que está escasamente decorado e, no interior, as tallas barrocas de san Pedro e san Pablo, as pinturas, as inscripcións e dúas aras, unha romana e unha medieval.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Folgoso do Courel baixo a advocación de san Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, gravador, ilustrador e escritor. Fillo de emigrantes, en 1916 a súa familia retornou a Galicia e estableceuse na Coruña e logo en Santiago de Compostela, onde iniciou a súa carreira pictórica mentres estudaba dereito e participaba nas actividades da Federación Universitaria Escolar (FUE), en defensa da democracia e da lingua galega. Foi secretario da Agrupación Nazonalista (1931) e militante da Unión Socialista Galega (1932). Fundou a revista Resol, con Arturo Cuadrado, e colaborou en Claridad, El Pueblo Gallego e outras publicacións da época. Tamén ilustrou diversos libros, como Poemas do sí e do non (1932) de A. Cunqueiro, ou Corazón ao vento (1933), de Aquilino Iglesia Alvariño. Intregrouse no Partido Galeguista e durante a campaña das eleccións de 1936 realizou diversos carteis (O Estatuto libertará a nosa terra), como o do Frente Popular, que formou parte do Partido Galeguista en favor do Estatuto de Autonomía. Nesta época...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Editor. Fundador de Xuntanza Editorial (1986), da que é director-xerente, e vicepresidente do Instituto de Estudios Políticos y Sociales. Ademais da edición de obras de tipo xeral, levou a cabo a primeira edición do Quixote en galego e diversos códices, como o Livro de Horas da Condessa de Bertiandos (s XVI) e o Atlas de Lázaro Luis (s XVI).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, foi un dos membros fundadores da revista Luzes de Galiza. Realizou diversos proxectos en vídeo, centrados sobre todo na obra de Luís Seoane, e participou na organización de exposicións relacionadas co mundo das artes. Colaborador de diversas publicacións como Agália, Grial, A Nosa Terra e La Voz de Galicia, na súa obra poética incluíu diversos símbolos e mitos, e tentou amosar unha visión poética anovadora combinada cunha vinculación á terra. Publicou os poemarios A caluga do paxaro (1979), Os bosques encendidos (1981), Presencias (A saudade do corredor do fondo) (1985), Iniciación e regreso (1985, Premio Cidade da Coruña 1982), O Canto da Terra (1987), Regreso e Advenimento (1990), Eu tamén oín as voces do orvallo (1994), Umbral de Vida (1996, Premio Esquío 1999) e Dársenas do ocaso (2002). Editou...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre. Foi inspector de ensino primario e traballou, sobre todo, en Ferrol e Santiago de Compostela. Escribiu sobre cuestións educativas e tratou temas como a escola rural e a organización e promoción das colonias escolares. Organizou e promoveu o Padroado de Colonias de Ferrol desde 1924. Foi destituído do cargo de inspector en 1936 e dedicouse ao ensino privado na cidade da Coruña a través da academia Galicia. Das súas obras destacan La escuela rural y la población agrícola (1904), Concepción Arenal en el aspecto pedagógico (1924) e Historia de las escuelas normales de España.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Montederramo baixo a advocación de san Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Lor ao seu paso por Seoane do Courel (Folgoso do Courel). Realizouse con laxes de lousa e presenta un único van.
-
GALICIA
Músico. En 1978 gravou con Rodrigo Romaní o disco Milladoiro, coa colaboración de Xosé V. Ferreiros, polo que recibiron o Premio da Crítica dese mesmo ano, e que deu pé á creación do grupo Milladoiro, co que gravou e compuxo a súa abundante discografía. Ao ano seguinte colaborou, xunto con R. Romaní, no disco In Memoriam, de Faíscas do Xiabre. Compuxo a banda sonora da película O lapis do Carpinteiro (2002) e escribiu a biografía Faustino Santalices Pérez (2000). Recibiu diferentes premios con Milladoiro, como o Pedrón de Ouro (1984), o Premio Goya pola banda sonora de La mitad del cielo (1986), o Premio Indie Award (1991) ao mellor disco folk en EE UU, o Premio Galego Egrexio da Fundación Premios da Crítica Galicia (1999) e o Premio á mellor canción en galego dos Premios de la Música 2000 polo tema “Moraima”.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ilustrador. Ilustrou, entre outros libros, O coelliño branco (1999; Premio Nacional de Ilustración), Os dous corcovados (2000), A auga está enferma (2002), O caracol remoldiño (2003), Adivinanzas de animales (2004) e Fantasmas no corredor (2005).
VER O DETALLE DO TERMO