"Sion" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 507.

  • Indicación que se adoita colocar enriba do pentagrama e que avisa da conveniencia de realizar unha interpretación apaixonada dun fragmento dunha obra musical.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de aprehender.

    2. Prevención contra algo ou alguén do que se espera algún dano, prexuízo, molestia etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de aprisionar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Meter a alguén en prisión.

    2. Atar a alguén para que non se poida mover ou soltar.

    3. Agarrar algo ou a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen aprovisiona.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de aprovisionar ou aprovisionarse.

    2. Conxunto de provisións acumuladas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proporcionar a alguén as cousas necesarias.

    2. Facerse con provisións ou con todo o preciso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Templo de Ártemis en Éfeso, Xonia, edificado a principios do s VI a C. Tipoloxicamente é de orde Xónica, díptero, con nove columnas por fachada e vinte e unha laterais. Exemplo de orde Xónica antiga, con base xónica, friso esculpido ao pé de cada columna, estrías en arista viva, ao modo Dórico. Heróstrato incendiouno coa intención de cubrir de gloria o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate naval entre gregos e cartaxineses escasamente documentado. Se ben moitos manteñen que aconteceu ante o cabo de Artemisión, hoxe en día cabo da Nao (provincia de Alacant), entre 493-490 a C, a maioría dos historiadores defenden a opinión de que tivo lugar no Mediterráneo oriental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate naval entre gregos e persas (480 a C) ante o cabo Artemisión, ao NO de Eubea. Desenvolveuse a loita naval mentres en terra firme tiña lugar a Batalla das Termópilas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e resultado de ascender.

    2. Subida corporal de Cristo ao ceo dende o Monte dos Olivos corenta días despois da Resurrección. A narración desta ascensión sensible, ligada ao tempo e ao espacio, só é narrada por san Lucas (Evanxeo e Feitos dos Apóstolos). As outras escrituras do Novo Testamento só falan da Resurrección e da exaltación de Cristo á dereita do Pai; coa palabra ascensión e con expresións semellantes enuncian unha verdade de fe que non se pode situar no ámbito da experiencia concreta. A narración da ascensión sensible describiu a última reunión de Xesús cos seus discípulos antes da súa desaparición da terra. Os cristiáns celebran a festa da Ascensión corenta días despois da Pascua, polo tanto sempre en xoves. A tradición litúrxica considerou a ascensión como a manifestación final do triunfo pascual de Cristo sobre a morte e a súa presenza no ceo. O tema aparece representado escultoricamente na arte paleocristiá e bizantina, e xa na Idade Media en San Sadurniño de Toulouse e na catedral de Chartres. Entre...

    3. Ascensión da auga profunda dun solo, que se produce en virtude das forzas físicas de capilaridade, a través dos poros finos do solo. Nos casos nos que a ascensión capilar chega á superficie prodúcese unha subida continua de auga que substitúe á perdida pola evaporación (solos exopercolatiuvos). Esta ascensión ten importancia no proceso de maduración dos solos, pero pola súa intensidade feble non adoita ter a significación que se lle atribuía para a nutrición das plantas.

    4. Arco de ecuador celeste que comeza no primeiro punto de Aries e que vai ata o círculo horario do astro en sentido directo, é dicir, contrario ás agullas do reloxo, para un observador situado no hemisferio norte. Mídese en horas, de 0 h a 24 h e é o suplemento de 360°, no ecuador celeste, do ángulo sideral. Forma parte das coordenadas ecuatoriais xunto coa declinación. A ascensión recta verificable e a ascensión recta media difiren na ecuación do tempo.

    5. Nome co que tamén se coñece a hora sideral, polo feito de coincidir coa ascensión recta da estrela cando esta se atopa no meridiano superior.

    6. No sistema de coordenadas ecuatoriais, denomínase deste xeito os círculos horarios. O primeiro máximo de ascensión é o que pasa polo primeiro punto de Aries.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome de muller procedente do latín ascensionem ‘subida, ascenso’, nome místico que evoca a festa da ascensión de Xesús ao ceo despois de resucitar. A festividade da Ascensión celebrábase antes o xoves da Ascensión, que cadraba corenta días despois da Pascua, como segue a ser no concello de Santiago de Compostela. Coa recente reforma litúrxica trasladouse a festa ao sétimo domingo de Pascua, contradicindo esta vella tradición. A Ascensión é tamén a festa do concello de Rubiá. Na tradición oral recóllense cantigas e refráns como: “Tres xoves hai no ano / que rebrillan máis ca o sol: / xoves santo, Corpus Cristi / e o día da Ascensión”, “Se no día da Ascensión a paxara abala os ovos, quédanlle grolos”, “No xoves da Ascensión quen non come carne non ten corazón”, “Chuvia na somán da Ascensión, collen os millos mourón” (alude ao carbunco, fungo parasito), “O día da Ascensión os paxaros non fan niño” (refírese á crenza piadosa de que é día de gardar mesmo para os animais). A forma familiar...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do Atlántico Sur que depende administrativamente da colonia británica de Santa Helena (88 km2 1.117 h [1993]). É de orixe volcánica e está situada a 1.600 km do cabo Palmas, en Liberia. A illa goza dun clima tropical temperado polos ventos alisios do SL. A capital é Georgetown. Foi descuberta polo portugués João de Nova o día da Ascensión de 1501. Os ingleses ocupárona en 1815 e foi administrada polo almirantado británico ata finais de 1922; logo foi anexionada a Santa Helena.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á ascensión.

    2. Relativo á forza que produce a ascensión.

    3. Arco do ecuador medido dende o punto cardinal leste ou oeste ata ao círculo horario dun astro no momento da súa posta ou da súa saída.

    4. Forza que, seguindo o principio de Arquímedes, afecta a un corpo somerxido nun fluído elevándoo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plataforma creada en 1980 polas compañías profesionais, despois da celebración dunhas xornadas de traballo en Sada (24-26 de outubro), que tiveron o seu precedente nas mesas de traballo celebradas en Ribadavia co gallo da Mostra de Teatro. Presidida por Eduardo Alonso, á fronte dunha dirección colexiada, a asociación situou entre os seus obxectivos prioritarios os relacionados coa defensa dos intereses profesionais dos traballadores do teatro galego e coa promoción da actividade teatral en moi diversos ámbitos, tempos e espacios. Logo de presentar un interesante programa de traballo recollido na revista Don Saturio nº 2 (1981), a asociación foi esmorecendo debido ao escaso eco institucional das súas propostas e ás diferencias entre os seus asociados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de rociar.

    2. Sistema de rego que consiste en distribuír a auga en forma de chuvia mediante aparellos denominados aspersores. Estes reciben a auga a través de tubos fixos, acoplables ou desacoplables; son móbiles e pódense colocar nos puntos onde se precisen en cada momento determinado. O rego por aspersión comporta unha serie de vantaxes: un notable aforro de auga, facilita a mecanización do cultivo, posibilita a automatización do rego, reduce ata un 50 % a man de obra, etc. Pero o rego por aspersión tamén ten inconvenientes: facilita a aparición de herbas espontáneas ao deixar o solo moi compacto, provoca unha certa perda de auga por evaporación, etc. Está moi recomendado na loita contra as xeadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento presentado na Dieta de Augsburgo de 1530 redactado en latín e alemán por Melanchthon en termos máis ben moderados, e aprobado preventivamente por Lutero. A primeira parte contén a formulación da fe luterana, procurando mencionar pouco os puntos de diverxencia, e a segunda sinala os abusos que os católicos han de corrixir. O Emperador Carlos V encargou a Johann Ech e Konrad Wimpina a redacción da resposta, coñecida co nome de Confutatio Pontificia. Melanchthon respondeulle coa Apoloxía. O mesmo Lutero rechazou finalmente o documento, considerado por el mesmo irenista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Agresión a un mesmo.

    2. autoinmunidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concepto establecido pola hermenéutica de Heidegger para designar o acto polo que o ser se comprende e se constitúe a si mesmo. Aplicado á literatura, a autocomprensión é o proceso no que o lector, ao se enfrontar á comprensión dun texto, emprende dalgún xeito a procura de significados de si mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Difusión dun conxunto de moléculas noutras da mesma substancia. Este fenómeno ten un interese práctico cando se estudia a evolución das moléculas formadas por átomos pertencentes a diferentes isótopos do mesmo elemento ( trazador).

    VER O DETALLE DO TERMO