"Taboada" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 40.
-
LIÑAXES
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de azul, tres paus de prata, afastados; bordo de prata cargado de oito caldeiras de sable. Outro, en campo de goles, catro billetes de ouro postos en pau e colocados en dúas faixas de dous; bordo de prata, cargado de dez caldeiras de sable. Outro, en campo de goles, cinco mesas de prata, colocadas en aspa; bordo de ouro, cargado de oito caldeiras de sable. Outro, en campo de goles, seis billetes de ouro, postos en pau e colocados en dúas faixas de tres, superados en xefe de tres flores de lis de ouro. Outro, en campo de goles, tres paus de ouro, afastados, deitados de seis caldeiras de sable, colocadas en pau, tres en cada flanco. Outro, en campo de goles, cinco paus de ouro, afastados e colocados en faixa; bordo de prata, cargado de nove caldeiras de sable. Outro, en campo de goles, catro paus de ouro, afastados; bordo de prata cargado de oito caldeiras de sable.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo, historiador e etnógrafo. Formouse na Escuela Oficial de Telegrafía e na Escuela Central Superior de Comercio de Madrid. Comezou a traballar no Centro de Telégrafos de Madrid e en 1930 foi destinado a Ourense, onde entrou en contacto cos membros da Xeración Nós e cos que comezou a colaborar nas campañas de recollida de datos do Seminario de Estudos Galegos. Foi delegado da Federación de Mocedades Galeguistas en Verín e, coa Guerra Civil Española, foi trasladado á Coruña e mobilizado en 1937. Ao rematar a guerra dedicouse á docencia na Academia Verinense (1941-1968), e á investigación, fundamentalmente da historia da vila, da comarca verinesa e da provincia de Ourense e de aspectos etnográficos. Nomeado comisario local de escavacións arqueolóxicas (1943), realizou traballos arqueolóxicos e comezou a súa colaboración en diversas publicacións como o Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense ou o Archivo Español de Arqueología. En 1949 foi elixido presidente...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo. Foi o primeiro catedrático (1991) de Gramática Histórica do Castelán da Universidade da Coruña. Iniciou os seus estudos universitarios en 1963 na facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en 1976. Foi lector de castelán no Lycée de Garçons de Auch (Francia) e en 1971 incorporouse como profesor de lingua e literaturas castelás ao instituto Otero Pedrayo (Ourense). En 1983 acadou o grao de profesor adxunto da Universidade de Santiago. Algunhas das súas contribucións á lingüística galega, sobre todo á lexicografía, permanecen inéditas e en diverso grao de realización; así acontece, por exemplo, cun dicionario inverso da lingua galega que estaba preparando. Tamén se dedicou á investigación da gramática española e á historia da lingüística castelá. O seu interese pola morfoloxía e a sintaxe histórica do castelán levouno a investigar en gramáticas latino-castelás dos ss XIII-XV. Proxectou ademais unha edición crítica da Gramática castellana...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Traballou como secretario de varios políticos no Ministerio de Gobernación e Fomento, e foi un colaborador habitual de xornais como El Imparcial, La Ilustración Española e ABC. Publicou varias ducias de pezas curtas e comedias costumistas como Afinador y mártir (1878), ademais das novelas La viuda de Chaparro (1899) ou Chamorro (1906).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e político. Doutor en Medicina pola Universidad Complutense de Madrid (1857), abandonou o corpo de sanidade da Armada e especializouse en hidroloxía. Dirixiu os balnearios de Marchena ou Panticosa e foi inspector xeral de Sanidade. Militou no Partido Liberal e foi deputado polo distrito do Carballiño (1893-1896 e 1898-1899) e senador polas provincias de Ourense (1897-1898) e Lugo (1901-1902). Dirixiu o Anuario de Hidrología Médica Española e escribiu La invasión colérica, El histerismo e Tratado de hidroloxía. Foi presidente da Sociedad Española de Hidrología, vicepresidente do Consello de Sanidade e membro da Real Academia de Medicina, da Sociedade de Ciências Médicas de Lisboa e da Société Française d’Hygiéne.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Taboada baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Taboada. Construída en estilo románico no s XIII, reformouse en 1927. Ten planta rectangular con cuberta a dúas augas. No interior destaca o arco triunfal de medio punto. Da primitiva construción consérvase unha ventá da cabeceira, algúns canzorros e a portada principal, en que destaca a porta de medio punto con arquivoltas e o tímpano decorado cunha escena de Sansón montados sobre un león, símbolo da vitoria de Xesús Cristo sobre o demonio. Remata nunha espadana de dous vans.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Cronista de Vigo, colaborou nos principais xornais vigueses e galegos, e escribiu poesía e obras históricas e biográficas. Publicou as odas A la Guerra de la Independencia (1862), A D. Pedro Calderón de la Barca (1881), Al trabajo (1882), Albores. Poesías premiadas e inéditas (1883), e a lenda La corona de fuego (1893); ademais das obras históricas La reconquista de Vigo (1880), El combate del Callao. Descripción del bombardeo y biografía del almirante Méndez Núñez (1884), Biografía del ilustre marino, hijo de Vigo, D. Casto Méndez Núñez (1890), Los héroes de la reconquista de Vigo (1891) e Estudio biográfico-político del Excmo. Señor Don José Elduayen, Marqués del Pazo de la Merced (1896).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Coñecido como Wily, recibiu en 1989 a bolsa Novos Valores da Bienal de Pontevedra (1989). A súa obra amosa a influencia das tendencias máis vangardistas da escultura, entre outros a de F. Leiro. Talla directamente na mateira e consegue figuras expresionistas e sinópticas en que reelabora a estética surrealista. Recibiu, entre outros galardóns, o primeiro premio do Certame de Artes Plásticas Xuventude 90 e o primeiro premio Trienal Latina (Viana do Castelo, 1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. A súa obra encádrase dentro do postexpresionismo, influída polas últimas tendencias de Henri Matisse. Caracterízase polo uso dunha gama de cores planas, das que destacan os verdes, amarelos e carmíns, cun debuxo mínimo e onde a cor é a protagonista. Participou, entre outras exposicións, na Mostra Unión Fenosa e en 1991 obtivo o primeiro premio no concurso Carlos Maside do concello de Pontecesures.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e escritor. Exerceu como médico no Hospital da Caridade, no gremio de mareantes e no Hospital Militar, e foi cronista oficial de Vigo. De temática médica escribiu Hidrología médica de Galicia (1877), a obra histórica Descripción topográfico-histórica de la ciudad de Vigo, su ría y alrededores (1840) e a literaria La tía Marizápalos. Cuentos maravillosos de magia (1840). Foi correspondente da Real Academia de Medicina de Galicia e da Real Academia de la Historia. Recibiu a Cruz de Isabel la Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico. Quedou cego moi novo e estudou piano, frauta, composición e harmonía. Foi concertista, mestre de capela en Pontevedra, director de grupos orquestrais de música clásica e desenvolveu un sistema mixto de escritura para cegos en colaboración co doutor Mascaró. Como compositor destaca a súa zarzuela Los hijos de Minerva.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Farmacéutico e historiador. Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (1919), realizou investigacións históricas e heráldicas. En 1926 ingresou no Seminario de Estudos Galegos onde promoveu Terra de Melide (1933). Colaborou en diversas publicacións como Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, Nós, Boletín da Real Academia Galega, Cuadernos de Estudos Galegos ou o Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Lugo. Das súas obras destacan Cotos e xurisdicións de Galicia: pazo de Santa Mariña de Castro de Amarante (1929) e Don Juan Vázquez de Mella y Galicia (1963). Foi académico correspondente da Real Academia Galega e membro de diversas asociacións de estudos xenealóxicos e heráldicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista, conde de Borrajeiros. Doutor en Dereito pola Universidad Central de Madrid (1926), foi maxistrado do Tribunal Supremo do Corpo de Maxistrados de Traballo. Dirixiu a revista Foro Gallego (1950-1960) e colaborou en numerosas publicacións con traballos sobre dereito laboral e social, civil e procesal, e dereito nobiliario. Realizou tamén estudos biográficos, xenealóxicos e históricos. Destacan, entre outras obras, Los Poderes generales para pleitos: facultades que otorgan y actividades procesales que no autorizan, Los Antiguos padrones de estado en los concejos rurales de Galicia, El Procesalista Herbella de Puga: vida y obras de este gran jurisconsulto (1952), Los Títulos nobiliarios y su regulación legislativa en España (1953), Los Requisitos de procebilidad en la casación civil española (1980), Las Sucesiones nobiliarias y su regulación legislativa después de la Constitución (1983) e En defensa de la nobleza gallega...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Licenciado en Dereito pola Universidad Pontificia de Comillas, foi capelán militar. Abade da colexiata de Santa María do Campo da Coruña, promoveu a creación do seu Museo de Arte Sacra. Presidente da Asociación de Amigos del Museo y de la Colegiata e membro da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario, escribiu, entre outras obras, Juan Pablo II amigo de los jóvenes (1989), Morir con dignidad (1992), Historias de A Coruña (1993), Familia y hogar (1994) e Faro de luz (1997). Recibiu a Medalla de Ouro da Coruña, a Medalla Castelao (1999) e a cruz da orde de San Raimundo de Peñafort.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario concedido por Carlos II en 1683 a María Tareixa de Taboada Villamarín e Castro (1666-?), señora, entre outras, das fortalezas de Taboada, Vilamarín e Torres de Cereixo. Casou con Xosé Bieito de Lanzós Novoa e Andrade, IV conde de Maceda, e ambos os dous títulos permaneceron unidos ata a morte de Gonzalo Manuel de Lando e Lanzós , V conde de Taboada e IX de Maceda. Bieto Gil de Taboada e Lemos (1729-1813?), converteuse no VI conde de Taboada. Sucedérono os seus fillos Filipe Gil de Taboada , VII conde de Taboada, Francisco Gil de Taboada , VIII conde de Taboada, Xosé Gil de Taboada , IX conde de Taboada, e Vicente Gil de Taboada , X conde de Taboada, e o seu sobriño Manuel Roldán e Gil de Taboada (1763-1832), XI conde de Taboada. Sucedérono os seus fillos Nicolao Roldán de Taboada e Rioboo (?-1842),...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada no centro histórico de Betanzos. Realizado en estilo neoclásico en 1805, destaca a fachada principal onde se atopa, sobre a porta, o escudo dos condes de Taboada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Barreiro, Antas de Ulloa 1628? - Santiago de Compostela? 1680?) Escultor. Trasladouse a Santiago de Compostela en 1642 onde puido ser discípulo de Bernaldo Cabrera. En 1655 xa tiña obradoiro propio. Realizou o desaparecido retablo maior de San Vicente de Noal (Porto do Son), traballou na capela maior da catedral de Santiago de Compostela e rematou o retablo da capela do Rosario de San Domingos de Bonaval (1666). Colaborou con Xerónimo de Castro Losada no retablo da Transfiguración da catedral de Ourense (1668), e no retablo da capela do bispo de Quito na colexiata de Iria Flavia (1667?). Atribúeselle ao seu obradoiro o retablo da capela de Santa Tareixa en Santa María de Salomé e o retablo maior de Santo Agostiño, ambos en Santiago de Compostela. Parece ser que traballou co organista da catedral compostelá, Xoán Fernández de Caamaño, na reparación do órgano maior en 1676.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Deza ao seu paso por Prado (Lalín) e Taboada (Silleda). Trátase dunha ponte de cantaría dun só van oxival, con rasante alombada que conserva unha inscrición do s X. Atópase no Camiño Real de Ourense a Santiago de Compostela.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Silleda. Construíuse en estilo románico sobre unha necrópole anterior. Pertenceu ao mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro. Ten planta de nave única e cabeceira rectangular, que no exterior presenta un aspecto macizo amodo de torre. Destaca a fachada principal cunha portada de dobre arquivolta tórica que se apoian en columnas acobadeladas. No tímpano está esculpida a figura dun cabaleiro montado sobre un animal ao que domina. Remata nun campanario de dous vans cunha balconada.
VER O DETALLE DO TERMO