"Tip" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 256.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é contrario ao sistema parlamentario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aversión aos usos, institucións, etc, propios do sistema parlamentario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partícula de características contrarias ás da materia. Cada partícula ten a súa antipartícula, agás algunhas que o son de si mesmas. A partícula e a antipartícula teñen a mesma masa, spin, isospin e vida media, pero diferente signo de carga eléctrica, do compoñente T3 do isospin e dos números cuánticos de rareza, bariónico ou leptónico. As antipartículas denomínanse engadíndolle o prefixo anti- ao nome da partícula correspondente, agás a antipartícula do electrón, chamada positrón. Cando unha antipartícula atopa a súa partícula desaparecen ambas por aniquilación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Herodes Antipas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pé da métrica grega e latina formado por dúas sílabas longas entre dúas breves.
-
-
Que pertence á orde dos antipatarios.
-
Celenterado da orde dos antipatarios.
-
Orde de zoantarios, formado por pólipos pequenos, con seis tentáculos, que viven en colonias. As colonias poden acadar grandes dimensións e soen ser arborescentes, de aspecto semellante ás gorgonias. Habitan en augas profundas nos Océanos Índico, Pacífico e Atlántico, e tamén noutros mares. Os representantes deste grupo reciben o nome de coral negro.
-
-
PERSOEIRO
Xeneral de Filipo de Macedonia. Foi rexente de Macedonia durante as expedicións orientais de Alexandre o Grande, fillo de Filipo. Trala morte de Alexandre (323) mantivo a idea do Imperio; aliouse con Ptolomeo e fíxose proclamar rexente pola asemblea do exército. A súa morte representou o sinal de desbandada para o resto dos xenerais alexandrinos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Sentimento de rexeitamento ou aversión cara a algo cara algo ou alguén.
-
Calidade de antipático.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que excita ou causa antipatía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aquel que nega ou se opón ao concepto de patria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou aquel que é contrario ao patriotismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Contrario aos principios da pedagoxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produtos que se engaden aos vernices e ás pinturas para evitar que se formen, por oxidación, teas máis ou menos espesas na súa superficie mentres permanecen no interior dos recipientes durante o almacenamento. Como antipeles utilízanse, ben antioxidantes (os máis empregados), ben certos solventes capaces de dispersar os produtos moi polimerizados.
-
-
Táboas ou relevos situados na parte frontal e lateral dun altar que o recobren para que non sexa visto polos fieis; así mesmo, se a parte posterior do altar quedaba á súa vista tamén debía recubrirse. O veo que antigamente cubría o altar, foi substituído por táboas pintadas, repuxadas ou esculpidas a partir do s V, como aparece xa en Santa Sofía de Constantinopla. No gótico substituíronse os antipendios fixos por tapices corredíos. A partir do s XVIII desapareceu o antipendio dos altares, ocupando o seu lugar un bastidor de madeira adornado con teas de seda ou lenzos pintados, que son máis doados de cambiar segundo a cor indicada pola liturxia.
-
eo ou tapiz de teas preciosas que tapaba a parte dianteira do altar situada entre a mesa e o chan.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Contracción ou acción antiperistáltica.
-
-
En sentido inverso ao da contracción peristáltica, como o dos movementos que fan posible o vómito.
-
Que se opón ao movemento peristáltico.
-
-
-
Que actúa contra a febre.
-
Medicamento ou práctica terapéutica que rebaixa a febre. Pode actuar provocando unha vasodilatación periférica xeral (alcohol), moderación do metabolismo xeral (quinina, salicilato sódico), narcose do sistema nervioso central (anestesias con éter), ou unha acción específica sobre o centro da termorregulación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto obtido por condensación da metilfenilhidracina con acetoacetato de etilo. Utilízase como antipirético e analxésico.
-
-
Curva que ten por podaria unha curva dada.
-
Persoa que ocupa na Terra un punto diametralmente oposto verbo doutra. OBS: Xeralmente utilízase en plural.
-
-
Cada un dos puntos da superficie terrestre situados nos extremos do mesmo diámetro do xeoide.
-
Parte da Terra situada no outro extremo do mesmo diámetro.
-
-
Persoa ou cousa diametralmente contraria a outra, polo seu carácter, natureza, etc.
-
Dise de cada unha das tres células que, no saco embrionario das anxiospermas, están situadas no extremo oposto ao que ocupa a ovocélula.
-
Cada unha das parellas de esteroisómeros ópticos que fan xirar o plano da luz polarizada plana en direccións contrarias dun mesmo ángulo determinado. O dextroxiro faino xirar cara á dereita (+) e o levoxiro cara á esquerda (-).
-
-
-
Persoa que ocupa na Terra un punto diametralmente oposto verbo doutra. OBS: Xeralmente utilízase en plural.
-
-
Cada un dos puntos da superficie terrestre situados nos extremos do mesmo diámetro do xeoide.
-
Parte da Terra situada no outro extremo do mesmo diámetro.
-
-
Persoa ou cousa diametralmente contraria a outra, polo seu carácter, natureza, etc.
-
Dise de cada unha das tres células que, no saco embrionario das anxiospermas, están situadas no extremo oposto ao que ocupa a ovocélula.
-
Cada unha das parellas de esteroisómeros ópticos que fan xirar o plano da luz polarizada plana en direccións contrarias dun mesmo ángulo determinado. O dextroxiro faino xirar cara á dereita (+) e o levoxiro cara á esquerda (-).
-