"Ulm" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 47.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que fulmina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten as propiedades do raio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Óxido do ácido cianhídrico. É un ácido pouco estable que posúe, como os seus sales (fulminatos), un forte carácter explosivo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘galiña’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘galiñeiro’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hans Süss.
-
CAPITAIS
Capital do estado de Mon, Myanmar (219.961 h [1983]), situada na desembocadura do Salween, no golfo de Martaban.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política promusulmá fundada en India (1906) por Mohammed Ali Jinnah. Enfrontada co forte nacionalismo hindú do Congreso Nacional Indio, propugnou (1940) a creación dun estado islámico independente, o futuro Paquistán. Coa consecución deste participou activamente na súa vida política ata que foi abolida por Iskander Mirza (1958).
-
-
Relativo ou pertencente ao Islam.
-
Seguidor do Islam.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento relixioso nacionalista xurdido en Detroit en 1932 baixo o pulo de Elijah Mu Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ ammad e co nome de Comunidade Islámica en Occidente. Propugnaba a creación dunha nación do Islam en que se tiña que integrar a comunidade afroamericana de EE UU e que debía rematar coa supremacía branca. O movemento tivo a máxima difusión na década de 1960 con Malcolm X.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización fundada en Exipto polo xeque Palatino; Ḥ asan al-Bannā’. Nacionalista e xenófoba, acadou unha gran popularidade sobre todo nos medios rurais. En 1948 o seu xefe foi asasinado e o movemento pasou á clandestinidade. Despois de colaborar para que o partido Wafd gañase as eleccións, e conseguilo, foi de novo legalizado (1951), ata que os seus membros foron inculpados dun atentado contra Nasser (1954). A organización prohibiuse durante a apertura política promovida polo presidente A. Sadat e mesmo posteriormente, malia que participaron na vida política do país dentro do Partido do Traballo.
-
PERSOEIRO
Pianista e compositor, fillo de Joaquín Nin Castellanos. Estudou en París e deu clase en EE UU. Da súa produción destaca o Concierto para piano (1946), 12 cançons populars de Catalunya (1957), El burlador de Sevilla (1957) e a ópera La Celestina (1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Enfermidade pulmonar do gando vacún.
-
mamite.
-
-
-
Cada un dos sacos cegos que, xeralmente en número de dous, se localizan no interior da maior parte dos anfibios e en todos os réptiles, aves e mamíferos, con función respiratoria, aínda que por extensión tamén se denomina así a outros órganos de misión respiratoria, pero de orixe ou constitución diferente, como é o caso dos órganos dalgúns moluscos gasterópodos terrestres, a filotraquea, tamén coñecida como pulmón en libro, dos arácnidos, e, con máis propiedade, ás vexigas natatorias modificadas polos peixes dipnoos. Os verdadeiros pulmóns son os dos vertebrados tetrápodos. Os dos anfibios adultos son moi simples e levan a termo o intercambio gasoso xunto coa pel do corpo e a da boca e a farinxe. Os movementos respiratorios nos anfibios mediante a subida ou baixada da base da boca, provoca a entrada ou a saída de aire nos pulmóns. Nalgúns réptiles e nas aves, á parte dos movementos laterais, xa hai unha especie de diafragma. Nas aves, ademais, existen os sacos aéreos,...
-
Aparato para manter a respiración artificial durante un tempo prolongado.
-
-
-
Que ten pulmóns.
-
-
Relativo ou pertencente aos pulmonados.
-
Molusco da subclase dos pulmonados.
-
Subclase de moluscos, da clase dos gasterópodos, que comprende individuos cunha cuncha espiralada, moi feble e delgada, que ás veces pode mesmo desaparecer. Son maioritariamente herbívoros, e nalgunha ocasión en ocasión carnívoros. Habitan en auga doce e algúns, moi poucos, en auga salgada, pero moitos (caracois, lesmas e outros) son totalmente terrestres, aínda que prefiren as zonas húmidas.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pulmón.
-
Arteria que se orixina no ventrículo dereito do corazón e que, despois de se dividir en dúas ramas, dereita e esquerda, distribúese polos pulmóns.
-
Cada unha das catro veas que se orixinan a partir das ramas capilares dos lóbulos pulmonares e que, desde o fío do pulmón e despois de reunirse en dous troncos, se dirixen cara á aurícula esquerda do corazón.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas, da familia das boraxináceas, formado por especies perennes, rizomatosas, pubescentes, de follas lanceoladas, a miúdo xaspeadas de branco. Presentan flores vermellas, azuis ou violetas, en forma de embude, dispostas en cimas, e con froitos nuculares. Medran en bosques e lugares húmidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
pneumonía.
-
PERSOEIRO
Filósofo. Seguidor de Wittgenstein, estudou as teorías científicas, más alá dos límites que comportaba o positivismo lóxico, e presentou unha teoría xeral da razón. Destacan as súas obras The philosophy of science (1953), Human understandin’ (1972) e Cosmopolis: the hidden agenda of modernity.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do land de Baden-Württemberg, Alemaña (116.103 h [2000]). Está situada na ribeira esquerda do Danubio. Ten industria téxtil, siderúrxica e de maquinaria. Foi cidade imperial libre no s XII, e unha das máis destacadas do ducado de Suabia. Decaeu posteriormente, sobre todo durante os ss XVII e XVIII. Adxudicada en 1802 a Baviera, en 1805 foi escena da vitoria de Napoleón I sobre os austríacos, e en 1810 pasou a Württemberg. Destaca a catedral, gótica (ss XIV-XIX), coa agulla máis alta de Europa (161 m).
VER O DETALLE DO TERMO