"Van" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 703.

  • PERSOEIRO

    Político e xornalista italiano. Colaborou con G. Papini, con quen fundou e dirixiu L’ Anima (1911). Despois do asasinato de G. Matteotti (1924) foi un dos protagonistas da retirada do parlamento dos deputados hostís ao fascismo. Víctima dun atentado, non se recuperou. Morreu no exilio. Publicou, entre outras, La democrazia italiana dopo il 16 Aprile 1924 e La democrazia italiana contro il fascismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Científico italiano. Inventou un espectroscopio de prismas de visión directa, e foi o primeiro en utilizar os puntos estigmáticos do dióptrico esférico. Construíu o ecuatorial de 285 mm de abertura do observatorio de Florencia, centro do que foi director (1831). Cos seus instrumentos estudiou a orientación dos cristais minerais, as estriacións das fibras musculares e descubriu o tubo polínico (1822). Recolleu as súas observacións en Osservazioni microscopiche sopra varie piante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor holandés, de obra aínda pouco estudiada. Pode ser considerado un precursor do paisaxismo de Breughel debido ás súas paisaxes con figuras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ana I de Rusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor dramático e actor italiano. Fillo de actores, incorporouse á compañía dei Gelosi (1594) co alcume de Lelio e, máis tarde, á dei Fedeli. Nas súas obras, procurou xuntar a tradición clásica co teatro improvisado: Turca (1608), I due Lelii simili (1622) ou Due commedie in commedia (1623). Escribiu tamén dramas relixiosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo e paleontólogo ucraíno. Está considerado un dos pioneiros da oceanografía. Estudiou as profundidades, correntes, temperatura e composición do Mar Negro, do Caspio e do Mármara. Pode ser considerado precursor da paleoecoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Discípulo de Palestrina (1575-1579), foi mestre da capela de San Xoán de Letrán e residiu a partir de 1624 na corte de Sexismundo III, en Cracovia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e periodista italiano. Foi crítico literario de Il Rissorgimento liberale (O Rexurdimento liberal), editor de diversas revistas e autor do ensaio Scrittori d’Europa (Os escritores de Europa, 1928). Tamén cultivou a prosa narrativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista italiano. Traduciu a Metamorfoses (1561) de Ovidio en oitavas italianas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor xenovés. Traballou con Antonio Aprili e Pier Angelo della Francesca nas obras de restauración do Convento de San Lourenzo de Trasouto en Santiago de Compostela, promovidas pola duquesa de Medina de las Torres a finais do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturista e estudoso das rochas e dos volcáns. Na súa obra Giornale de Criselini (1759) estableceu unha clasificación das rochas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e teórico da arte italiana. A súa obra Dei veri precetti della pittura (Ravenna 1587) preconiza unha pintura baseada no coñecemento das escolas dos diferentes países.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico sueco, un dos fundadores da química moderna. En 1887 publicou a teoría da disociación iónica dos electrólitos en solución diluída, pola que recibiu o Premio Nobel de Química en 1903. A súa teoría ofrece unha explicación dos fenómenos da condutividade eléctrica das solucións diluídas de electrólitos e das desviacións das leis de Raoult que estas solucións presentan. Traballou tamén na determinación da forza dos ácidos con Ostwald e no estudo dos fenómenos de tensión superficial e de ósmose con Van’t Hoff. Estudiou a velocidade das reaccións químicas demostrando a ecuación, proposta por Hood, que relaciona a taxa de reacción coa temperatura, e que leva o seu nome (ecuación de Arrhenius). No eido da Astrofísica formulou en 1900 unha teoría segundo a que a dirección da cola dos cometas está determinada pola presión que sobre ela exerce a luz do Sol. En Bioquímica investigou os mecanismos das toxinas e antitoxinas. Interesado polas cuestións de Cosmoloxía, formulou a hipótese da panespermia....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e político italiano. Emigrou a Bélxica, onde fundou a Sociedade Económica Belga. Escribiu Situazione economica del Belgio (Situación económica de Bélxica, 1843).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Badajoz, Extremadura, nas Vegas Bajas do Guadiana (4.028 h [1996]). Agricultura mediterránea (cereais, vide e oliveiras) e industria agropecuaria (fariñas e bebidas alcohólicas). Ten importantes minas de ferro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político flamengo, fillo de Jacob van Artevelde. A tensión entre os artesáns, capitaneados polos teceláns, por unha banda, e o patriciado urbano e o conde de Flandres Luís de Male, pola outra, derivou nunha rebelión en Gante (1379). No 1382 os artesáns, encabezados por Filips van Artevelde, derrotaron o conde en Beverhouts. Case todo Flandres recoñeceu a súa autoridade; emporiso, o Rei de Francia acudiu en socorro do conde e derrotou os insurxentes en Roosebeke, morrendo na batalla Filips van Artevelde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político flamengo. Xefe do goberno municipal de Gante. Apoderouse de Bruxas e conseguiu a neutralidade e o libre comercio con Francia e Inglaterra (1338). Enfrontado con Luís de Nevers, aliouse con Eduardo III de Inglaterra, proclamado Rei de Francia en Gante (1340). Formou confederación entre Flandres, Brabante (1339) e Hainaut (1340), pero foron vencidos tralo asedio de Tournai. Acusado de malversación, morreu a mans de teceláns amotinados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista italiano. Foi un dos divulgadores do Helenismo na Italia prerrenacentista ao introducir manuscritos de Platón, Xenofonte e Píndaro, entre outros, que levara de Constantinopla.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de avanzar ou avanzarse.

    2. Feito de ir cara a adiante

    3. Partida ou unidade que está máis adiantada ou que marcha por diante do grupo principal das forzas.

    4. Tempo que se fai transcorrer entre o salto da chispa ou o inicio da inxección e o punto morto superior (PMS), nos motores de acendido por chispa ou de acendido por compresión, respectivamente. O avance é preciso para poder obter a máxima presión por combustión total, no momento no que o pistón acada o PMS, e aproveitar optimamente esa expansión. O avance debe ser variable, cousa que se acada grazas ao variador de avance, ou ben automatico nos motores con acendido electrónico.

    5. Fragmentos breves ou resumos dunha película, dun informativo ou de calquera outro programa, que se insiren dentro da emisión televisiva ou radiofónica co obxecto de anuncialos e desenvolvelos con posterioridade de forma ampliada.

      1. avance rápido

        Sistema que permite localizar imaxes ou puntos concretos nunha serie de datos.

      2. avance rápido de gravación

        Control en diversos aparellos electrónicos e informáticos que permite avanzar nunha gravación a unha velocidade superior á de reprodución.

    6. Termo da poética francesa que identifica un tipo de rima que depende dos fonemas finais dos versos. Considérase rima por avance cando se engade un fonema á vogal tónica da palabra en posición de rima que non aparece na palabra seguinte en posición de rima. É o procedemento contrario á rima por aumento.

    7. Nunha máquina-ferramenta, movemento relativo que expón sucesivamente novas partes da peza á acción de corte da propia ferramenta. O accionamento do avance é xeralmente mecánico e, eventualmente, hidráulico ou pneumático. O avance, que pode ser lonxitudinal, transversal ou combinado, inflúe directamente na rugosidade da superficie mecanizada.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal aparecido na Coruña a finais do século XIX de tendencia conservadora. En 1886 estaba dirixido por Ezequiel Fernández Miranda, fundador tamén de El Avisador.

    VER O DETALLE DO TERMO