"Vedra" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 94.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra.
-
PERSOEIRO
Pintor. Formado en Sevilla, foi o representante máis importante da escola barroca cordobesa. Recibiu a influencia de Zurbarán e Ribera, e das escolas napolitana e flamenga. Entre as súas obras destacan San Francisco, realizada para o convento das franciscanas da Coruña, El Calvario (1649) e Adoración de los pastores (1651). Ademais, pintou retratos e paisaxes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Foi o cuarto fillo do cirurxián Rodrigo de Cervantes e de Leonor de Cortinas e, segundo algunhas hipóteses, de posible ascendencia galega polos seus apelidos. En 1551 trasladouse a Valladolid coa familia, onde estaba a corte naqueles anos, na busca de posibilidades económicas. Posteriormente, marcharon a Madrid onde Cervantes estudiou gramática con Juan López de Hoyos. En 1569 instalouse en Roma como camareiro do cardeal Giulio Acquaviva e alí permaneceu ata que se incorporou ao terzo de Miguel de Montcada. En 1571 loitou como soldado na Batalla de Lepanto, na que quedou inútil da man esquerda. Non obstante , en 1572 incorporouse ao terzo de Lope de Figueroa e participou en diversas accións mediterráneas. Durante os anos posteriores estivo en Sardeña, Lombardia, Sicilia e Nápoles, onde coñeceu as innovacións da literatura italiana. De volta a España, os turcos prendérono e estivo cativo en Arxel entre 1575 e 1580; unha vez libre tomou parte nas campañas de Portugal e Orán. Desempeñou...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador, naturalista, economista, político e poeta ilustrado. Membro dunha familia fidalga, non seguiu as directrices paternas de realizar estudios de dereito e dedicouse á investigación histórica. De formación autodidacta asentada solidamente nas humanidades, é o prototipo de home ilustrado e polifacético e, xunto con Sarmiento, Feijoo e Sobreira, unha das figuras máis sobresaíntes do s XVIII en Galicia. Como escritor, a súa cultura enciclopédica e a súa curiosidade levárono a tratar numerosos temas que responden aos principais focos de interese da Ilustración, dende a xeografía e a historia ata a economía e as ciencias naturais, pasando polo dereito, a lingua e a educación. En 1755 presentou o traballo “Disertación geográfica histórica sobre cuál hubiese sido el antiguo asiento de la ciudad Límica o Lémica, señalada por patria de Idacio en el prólogo de su Cronicón” á Academia de Historia, que o nomeou membro de mérito. Dende esa data e ata 1802 desempeñou diversos cargos na Academia....
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo coral formado exclusivamente por homes fundado en 1985 co asesoramento do P. José Vallejo, monxe mercedario do mosteiro de Poio e derradeiro representante da Schola Cantorum, e aglutinado por Vicente Couceiro Bueno, o seu primeiro director. Ten como obxectivo a recuperación das orixes da música occidental, da tradición gregoriana existente antigamente no mosteiro de Poio coa súa desaparecida Scola Cantorum e a difusión dos cantos gregorianos. En 1986 deu o seu primeiro concerto e de xeito regular intervén como única actuación vogal no ciclo de Concertos de Órgano celebrados anualmente no mosteiro de Poio; nos oficios do Xoves Santo, coa representación dos Salmos do Rei David e as Lamentacións de Xeremías, e canta na liturxia correspondente; no Nadal ofrece un concerto e todos os primeiros sábados de mes canta a misa no mosteiro de Poio co gallo do canto tradicional da Salve en ton solemne. Dende 1994 está baixo a dirección de Fernando Olbés Durán, cantor...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal que se publicou en Pontevedra no ano 1854 na imprenta de Xosé Antonio Antúnez e Ramón Núñez Pazos.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Pontevedra en 1885. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Xosé Millán. En decembro de 1886 deu conta da convocatoria do Congreso Regional Pedagógico de 1887 en Pontevedra, e incluíu as bases e os temas do mesmo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de periodicidade trisemanal aparecida o 20 de outubro de 1868 en Pontevedra. Fusionouse con outros periódicos e pasou a titularse La Democracia, La República Federal e La Democracia Republicana. Levaba por subtítulo “Periódico defensor de las ideas democráticas” e imprimíase nos obradoiros tipográficos de J. M. Madrigal e Cía. No seu equipo de redacción figuraba Nicanor Rey. Entre os seus obxectivos destacaba facer públicas todas as cuestións que non fosen acordes con respecto aos principios da revolución da Gloriosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada en 1836 para a administración e promoción dos intereses da provincia de Pontevedra. O seu precedente foi a Diputación Provincial de Vigo (1822-1823), que administrou durante o seu período de vixencia o mesmo territorio. O cambio de réxime propiciado polo ascenso ao trono de Isabel II (1833) significou a recuperación da administración provincial. Nesta circunscrición supuxo un traslado da capitalidade que beneficiou a vila de Pontevedra, que sostivo coas cidades de Tui e Vigo unha intensa pugna por acadar esa condición; incluso o goberno chegou a decretar o 26 de maio de 1836 o retorno da capital provincial a Vigo, pero a orde non chegou a executarse. No outono de 1840, co país inmerso nunha confrontación civil, a capital retornou a Vigo durante dúas semanas, prazo que non foi suficiente para consolidar o novo status quo e constituír unha nova deputación, porque, pasado ese tempo, o goberno deu instrucións para restaurar a situación precedente. A Deputación Provincial...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación política xurdida da escisión do Partido Galeguista (PG), composta por X. García Vidal, X. L. Sánchez, D. Caramés, X. Filgueira Valverde, X. Sesto López e X. Martínez Tiscar, asinantes do manifesto que foi presentado no marco da IV Asamblea do PG, o 20 e 21 de abril de 1935, e que foi publicado en A Nosa Terra o 25 de maio de 1935. Os detonantes da escisión foron a entrada dos galeguistas na estrutura da esquerda democrática para conseguir máis votos, tralo fracaso electoral de 1933, e a loita polo liderado hexemónico do galeguismo. A escisión pontevedresa soamente foi seguida por un sector do grupo ourensán (V. Risco, X. Fernández Borrajo, X. A. Varela) e un pequeno grupo na Coruña, liderado por M. Banet Fontenla. O seu programa definiuse pola defensa acérrima do idioma galego, a defensa dos valores espirituais de Galicia, vinculada á defensa do espírito cristián, a idea da democracia política fronte a marxismo e fascismo, a defensa do cooperativismo fronte ao socialismo...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en xuño de 1879 en Pontevedra e que cesou a súa edición en outubro do mesmo ano. Subtitulado “Periódico de intereses generales, noticias y anuncios”, foi editado e dirixido por Claudio Cuveiro. Foi o substituto de El Anunciador e cando rematou de publicarse converteuse en El Avisador. En 1881 viviu unha segunda etapa moi breve.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal editado a partir do 1 de agosto de 1887 en Pontevedra. Subtitulado “Periódico liberal”, tivo os seus antecedentes máis directos en El Diario (1882) e Diario de Pontevedra (1879). Dirixido por Andrés Landín e posteriormente polo seu fillo Prudencio Landín, seguía a liña ideolóxica marcada por Uxío Montero Ríos, con escasa información, anticlerical, contrario ao tradicionalismo e ao galeguismo. No eido literario, cómpre salientar a aparición dalgúns contos como o titulado “Ruth”, de Corina Agüero. No ano 1899 subtitulouse “Decano de la prensa de esta capital”. Coa morte de Montero Ríos en 1912, pasou a estar tutelado por Eduardo Vicenti. A partir de 1922 pasou a mans de Evaristo Paredes, quen o dirixiu ata febreiro de 1939, data na que desapareceu por mor dun expediente informativo do ministerio do Interior. Despois dun longo período, a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Pontevedra, co apoio de Xosé Luís Olmedo, Xoán Santos, Enrique Moldes e Emilio...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Santiago de Doncos (As Nogais). Pertenceu ao ducado de Alba. De estilo neoclásico, edificouse no s XIX. Ten planta rectangular con dúas alturas e soto. Conserva unha capela exenta neoclásica na que destaca a cúpula do presbiterio e un pombal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal aparecido en Pontevedra a partir do 18 de xullo de 1852 subtitulado “Periódico semanal de anuncios y literatura”. Cesou ao redor de 1878. Dirixido por Luís de la Riega, aparece semanalmente ata o 19 de setembro de 1852. Subtitulouse nos últimos números “Periódico Agrícola, Comercial, Literario y de Anuncios” e incluía novas sobre agricultura, comentarios críticos sobre temas da cidade e artigos literarios. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos dos irmáns Xosé e Primitivo Vilas.
-
SEMANARIOS
Semanario de tendencia monárquica editado en Pontevedra a partir do 16 de marzo de 1869. Cesou probablemente en xuño de 1870 (nº 68). Subtitulado “Periódico liberal independiente”, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Xosé A. Antúnez. Contou coa colaboración de Nicanor Rey, Darío Ulloa, Eduardo Quintana, Manuel de Castro e Pedro Barrios. Incluíu artigos de información xeral, novas de sociedade e pasatempos. Malia que o seu lema principal foi “Todo por Galicia, todo para Galicia”, non foi unha publicación galeguista, senón defensora da monarquía constitucional e liberal que ao mesmo tempo que rompía a hexemonía dos periódicos republicanos da cidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en febreiro de 1878 en Pontevedra co subtítulo de “Periódico de intereses morales y materiales”. Malia que saíu semanalmente, a partir do terceiro número pasou a editarse os xoves e os domingos. Impresa por Xosé Antúnez, estaba dirixida por Augusto de la Peña e contou coa colaboración de Luís Rodríguez Seoane. Incluíu novas, artigos de crítica para a mellora de servicios e comunicacións da cidade, a abolición do imposto especial de mercadorías, a consecución dun hospital provincial e dunha escola náutica, e programas do Entroido e das festas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación bimestral de carácter económico que apareceu en Vigo a partir de 1977. Editada pola Confederación de Empresarios de Pontevedra e dirixida por Ramón Búa Paseiro, ofrece información relacionada co mundo empresarial e co emprego. Analiza as infraestruturas e os problemas das pequenas e medianas empresas, a participación da Unión Europea na economía española e galega, e inclúe disposicións lexislativas de interese para os empresarios e os traballadores. Ademais, insire información sobre turismo, cultura e medio ambiente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación quincenal aparecida o 15 de xaneiro de 1911. Cesou a súa edición o 15 de maio de 1914 (nº 80). O seu propietario foi Celestino López de Castro e o seu director Fernando Amil Soto. En 1913 tiña unha tiraxe media de 500 exemplares. Definíase como o de maior circulación da cidade. Ademais da información xeral, reproduciu poemas de Rosalía de Castro e de Olegario Teso.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo constituído en Pontevedra a finais de 1953 co obxectivo de coordinar e impulsar as actividades de centros culturais e ateneos de carácter libertario. Contou con entidades adheridas en Vigo e nos seus arredores (Lavadores, Beade, Bembrive, Candeán, Sárdoma), Porriño, A Guarda, Cangas, Moaña, Vilagarcía e Pontevedra.
-
GALICIA
Médico. Aínda neno, emigrou coa súa familia a Cuba, onde se afiliou ás Juventudes Socialistas do exterior, creadas en La Habana polo exiliado Teodomiro Méndez. Regresou a España en 1927, instalouse en Barcelona e licenciouse en Medicina. Ao estalar a Guerra Civil incorporouse as forzas republicanas na fronte de Aragón. Caeu prisioneiro na batalla do Ebro e foi condenado a 30 anos de prisión. Liberado en 1962, foi candidato socialista nas eleccións municipais da Coruña en 1977 e 1979. Publicou Cuba Socialista (1979).
VER O DETALLE DO TERMO