"XT" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 245.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo e guionista cinematográfico. Acadou importantes éxitos teatrais con Flowering Cherry (Cariño florecente, 1957) e A Man For All Seasons (Un home para todas as estacións, 1960). Como guionista de cine destacou co seu traballo en Lawrence of Arabia (Lawrence de Arabia), Doctor Zhivago (Doutor Zhivago) e Ryan’s Daughter (A filla de Ryan).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e organista alemán. Cara ao 1668 foi organista e Werkmeister da Marienkirche de Lübeck. Considérase o máis destacado representante da escola alemá do norte do s XVII e o máis importante dos precursores de Bach. Gran parte da súa produción instrumental é para órgano e compuxo, ademais, cantatas e concertos sacros, resultado de musicar textos dos Salmos. Tamén compuxo suites e pezas para clave e música vogal profana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Membro da facción moderada dos husitas.
-
PERSOEIRO
Escritor e tipógrafo inglés. Entre 1471 e 1472 aprendeu a arte tipográfica en Colonia e en 1473 montou unha prensa en Bruxas. No ano 1476 instaurou a primeira imprenta inglesa en Westminster. O primeiro impreso inglés rexistrado é The Dites or Sayenges of the Phylosophers (1477).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liber Sancti Jacobi.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liber Sancti Jacobi.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poemario publicado por Luz Pozo Garza en 1986. O tema central é o amor, asociado á plenitude e ao sentido da existencia en contraposición coa morte. Esta dualidade de amor e morte exprésase a través da oposición entre luz e sombra. É unha poética simbolista influenciada por León Felipe, Juan Ramón Jiménez, Arthur Rimbaud, Victor Hugo e Rosalía de Castro, citados explicitamente. Nun segundo nivel, poetízase o tema da terra e da problemática social que cobra relevancia progresivamente. Organízase en dous grandes bloques formados por un “Limiar” -que contén un único poema- e un núcleo composto por 28 poemas distribuídos en tres apartados, aos que lle hai que engadir un prólogo e un epílogo. No prólogo exprésase a idea da poesía como poema único que ilumina a realidade e como forma de coñecemento á que cada poeta engade a súa proposta persoal; o “Limiar”, dedicado ao poeta Eduardo Moreiras, introduce o tema do amor, un sentimento total, absoluto e eterno, tecido nunha longa historia de luces...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación bilingüe que saíu por primeira vez en xuño de 1988 en Ferrol co subtítulo de “Plan de prevención y reinserción del barrio de Caranza”. Informaba sobre o traballo que realizaban tanto os servicios asistenciais como as asociacións e colectivos do barrio baixo o epígrafe de Plan de Prevención e Reinserción de Drogodependencias. Ademais, tratou temas relacionados co fracaso escolar, o deporte, o lecer e os talleres ocupacionais.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Mestura de varias cousas.
-
Modo de adquisición da propiedade mediante a mestura de dúas ou máis cousas que se compenetran e confunden, de tal modo que non se poden distinguir nin separar. É unha forma de adquirir a propiedade de bens mobiliarios por accesión. Se os bens se mesturaron por casualidade, por mutuo acordo dos seus propietarios ou por vontade dun só deles con boa fe, queda constituído un condominio e cada un dos propietarios posúe un dereito proporcional á parte que lle corresponde.
-
Na misa, rito que segue ao da fracción e que consiste en tirar dentro do cáliz un bocado de pan xa consagrado.
-
-
-
-
Conxunto de ideas ou de feitos contidos nun escrito ou discurso que permiten determinar o sentido ou o valor dun fragmento, dunha frase ou dunha palabra que alí aparece.
-
contexto fonético
Conxunto de sons que rodean un fonema. Así o /n/, segundo o contexto, ten valor alveolar [n] (nave) ou velar [?] (fun).
-
-
-
Conxunto de circunstancias que rodean e explican un acontecemento, unha situación, ou calquera outro feito.
-
Condicións espacio-temporais que inflúen, segundo a teoría de Gestalt, na percepción de calquera obxecto ou estrutura.
-
contexto cultural
Conxunto de institucións, códigos estéticos, correntes artísticas, normas estilísticas, así como o sistema conceptual formado por costumes, tradicións, ditos, valores, mitos ou tópicos vixentes nunha sociedade, época ou escola definidas, que condicionan a existencia de determinados produtos (unha manifestación artística concreta, por exemplo), á vez que explican o seu significado.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao contexto.
-
-
Acción de contextualizar.
-
Proceso semiótico segundo o que unha mensaxe se insire noutra e dá lugar a un texto coherente para o seu destinatario. Permite, tamén, eliminar a ambigüidade dun enunciado que, recibido de forma illada resultaría incoherente ou difícil de descifrar.
-
-
-
Disposición e unión das partes constituíntes dunha cousa, en especial de certos tecidos orgánicos.
-
Configuración física dunha persoa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo pertencente ao eido da pragmática e da lingüística textual que designa todo o que nun texto propicia a comprensión do receptor, isto é, a sintaxe, a semántica e, en xeral, as relacións fondo-forma que garanten a coherencia e cohesión textual. Oponse ao contexto, que alude á relación establecida entre o texto e o mundo real que lle serve como referente.
-
ENTRADA LARGA
Demarcación territorial que abranguía os lugares de Rubiás e Santiago (que constitúen a actual parroquia de Rubiás dos Mixtos) e o de Meaus (na parroquia de Tosende), no val do río Salas (comarca da Limia). Tiña como principal peculiaridade unha certa autonomía con respecto a España e Portugal (estados que compartían a súa soberanía nominal), feito que lles concedía aos seus veciños diferentes privilexios como a decisión da súa propia nacionalidade, a exención de tributos e obrigas persoais (servicio de armas), liberdade de cultivos e de comercio nos dous reinos, dereito á posesión de armas sen necesidade de licencia, etc.
VER O DETALLE DO TERMO
Particularidades administrativas e privilexios
O Couto Mixto gozaba dun réxime de amplo autogoberno, malia que os seus habitantes estaban sometidos no contencioso e no criminal á xurisdición dos xulgados de Montealegre e Xinzo de Limia, respectivamente e consonte á súa nacionalidade portuguesa ou española. Eclesiasticamente, pertencían á diocese... -
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación fundada en 1998 baixo a iniciativa dun grupo de persoas, convocadas pola Fundación dos Premios da Crítica Galicia, coa finalidade de recuperar a memoria histórica daquel lugar. Os seus fundadores foron Xosé González Martínez, Luís García Mañá, Bieito Ledo Cabido, Xosé Manuel Cid Fernández, Bento da Cruz, Xesús Ferro Ruibal, Xoán Fonseca Moretón, Xosé María Fonseca Moretón, Modesto Hermida García, Álvaro López Mira, Benito Montero, Antón Pulido, Xosé Benito Reza, Máximo Salinas Valencia e Carlos Varela García. A eles engadíronse Xosé Ramón García Rivero e veciños das parroquias que integraban o Couto Mixto. Presidida por Máximo Salinas Valencia, desenvolveu unha serie de actividades entre as que destacan os cursos de verán celebrados en colaboración coas universidades de Vigo e Tras-Os-Montes, en Chaves e Celanova (1999) e Xinzo de Limia (2000), e o proxecto do Museo Aberto do Couto Mixto que ten como finalidade a recuperación das construcións adxectivas do lugar e que se desenvolve...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Confederación Xeral de Traballadores Galegos-Intersindical Nacional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de descontextualizar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sacar algo do seu contexto.