"Xavier" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 84.
-
PERSOEIRO
Músico e debuxante. Aos cinco anos de idade estableceuse cos seus pais en Cuba e aos dezaseis nos EE UU. Comezou a súa traxectoria musical como violinista na compañía de Enrico Caruso e en 1936 formou un conxunto que chegou a ser un dos principais divulgadores do estilo denominado tropical. Actuou con Abbe Lane e dende 1936 participou en numerosos filmes en Hollywood como director musical, autor de cancións e actor. Nos derradeiros anos da súa vida intensificou a súa faceta de debuxante e realizou pinturas ao estilo naïf. Expuxo por primeira vez en Barcelona en 1972.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar e mariño. Marchou a Montevideo e, logo da sublevación, sumouse á causa independentista e integrouse no exército como subtenente (5.12.1812). Formou parte das forzas que sitiaron Montevideo e dirixiu as fortificacións e a instalación das baterías. Ascendeu a tenente de artillería durante o sitio (29.9.1813) e integrouse como capitán de artillería (31.3.1815) nas forzas do xeneral San Martín en Mendoza. Participou co exército dos Andes na Batalla de Chacabuco (12.2.1817) e no combate de Curapaligüe (4.4.1817). Desde o 31 de maio de 1817 dirixiu a primeira compañía do Terceiro Batallón de Artillería e á súa fronte tomou parte na Batalla de Maipú (5.4.1818). Pouco despois integrouse como capitán da corveta Chacabuco, na escuadra que creou o goberno chileno, e capturou as fragatas españolas Rosalía e Carlota, coas que chegou ao porto de Valparaíso o 22 de novembro de 1818. Pasou ao exército de Chile, por razóns de saúde, a finais de 1820.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xavier Puente Docampo.
-
GALICIA
Xurista e político. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1905 ingresou na carreira xudicial e desempeñou cargos en Galicia, Asturias, Girona, León e Madrid. Representou a España nos congresos de Dereito Penal Internacional de Bruxelas (1926) e Bucarest (1929). En 1931 foi nomeado fiscal xeral da República. Deputado nas Cortes Constituíntes de 1931 en representación da provincia de Lugo, participou na discusión do proxecto da lei orgánica do Tribunal de Garantías Constitucionales. Durante a Guerra Civil mantivo a administración de xustiza ao seu cargo. Detido en Barcelona en 1939 trala ocupación da cidade polas tropas franquistas, foi xulgado nun consello de guerra e executado. Da súa obra científica destacan Memoria sobre la Fundación Aguirre: el origen y desarrollo de las fundaciones benéficas a través de la historia y del derecho, Proyecto de Ley orgánica de los Tribunales de justicia ordinaria, Bases para una novísima organización...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico. Coñecido como Javier Escrivá, a súa primeira película, Molokai (1959), de Luís Lucía, deulle unha gran popularidade. Interveu nas películas La rana verde (1960), Milagro a los cobardes (1961), Isidro el labrador (1964), El vikingo (1972), El muñeco anatómico (1973), Tormento (1974), Juego de amor prohibido (1975), La noche de los cien pájaros (1976) e El tesoro (1988), e actuou en televisión. En teatro representou La muralla, de Joaquín Calvo Sotelo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Iniciou a súa actividade profesional en 1986 no grupo Ítaca e realizou diversos espectáculos coas compañías Uvegá Teatro (Trínguilin trángala, Freda Gómez) e O Moucho Clerc (A caza do Snark, O rousiñol de Bretaña). A súa carreira desenvolveuse posteriormente con traballos para o Centro Dramático Galego (O arce no xardín, A casa dos afogados, O incerto señor don Hamlet, Como en Irlanda, Lisístrata ou cando as mulleres reviraron, O peregrino errante que cansou ao demo, O Bufón d’El Rei, Memoria de Antígona, Valle-Inclán 98 e Xelmírez ou a gloria de Compostela), Teatro do Noroeste (A grande noite de Fiz, Galileo Galilei, As vodas de Fígaro, Macbeth, Historias Peregrinas, Noite de Reis e A Celestina) ou Sarabela Teatro (O lapis do carpinteiro). Traballou con directores como Manuel Lourenzo,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor francés. Discípulo de J. L. David, cultivou un neoclasicismo caracterizado pola severidade. En 1787 acadou o Prix de Rome e trasladouse a Italia. En 1825 fundou un museo en Montpellier ao que lle legou a súa obra. Foi conservador do museo e director da École des Beaux-Arts. Destacan os seus retratos Luís XVIII, A condesa de Albany e Casanova. Cultivou tamén a pintura relixiosa e histórica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo e escritor. Participou no rexurdimento do teatro ibérico durante os anos sesenta e setenta. Ocupou diversos postos de responsabilidade no Institut del Teatre e no Servei de Teatre da Generalitat. Como crítico teatral destacan as súas colaboracións en La Vanguardia, Avui, Pipirijaina e El Público. Dedicado tamén á investigación teatral, destacan os seus estudios sobre a historia teatral, catalá e universal, ou o seu ensaio Introdución al lenguaje teatral.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. De formación autodidacta, a súa obra caracterízase polos trazos enérxicos, as figuras esquemáticas e o traballo de tintas de cores sobre papel. Traballa con grandes formatos. Das súas exposicións destaca a realizada na Casa da Parra en 1992. Participou, entre outras mostras, na XXI Bienal de Pontevedra, na II Mostra Unión Fenosa (1991) e na Trienal Latina (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástico. Coñecido como Xavier Ríos, a súa obra moveuse entre a dualidade da pintura e da escultura, do orgánico e do xeométrico, e do concreto e do abstracto, que lle permiten analizar o espazo e os seus elementos. Realizou exposicións en cidades galegas e participou, entre outras mostras, en diversas convocatorias de Novos Valores (Pontevedra), Bienal Pintor Laxeiro (Lalín), Certame de Pintura de Cambre, De Costa a Costa (Gran Teatro de La Habana, 1998), Arte e Solidariedade (2000) e Brétema (Pontevedra, 2001). Recibiu, entre outros galardóns, a Bolsa Novos Valores da Deputación de Pontevedra (1995), o I Premio de Esculturas Artistas do Morrazo (1997) e o III Premio de Pintura Salón de Outono da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario (1998). A súa obra está presente, entre outras coleccións, na Deputación de Pontevedra, no Museo Ramón María Aller de Lalín, na Colección Caixanova e en Caja Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Guionista e realizador cinematográfico. Comezou a súa relación co cine no Cineclub Aldebarán. En 1977 realizou a súa primera película, A Semente (Super 8) e, posteriormente, formou parte do Grupo Imaxe, co que realizou varios filmes, como Malapata (1980), de C. López Piñeiro. En1983, xunto con outros socios, fundou Video Trama, unha empresa dedicada á produción publicitaria e de vídeos, entre os que destacan Rock, Rock (1983), Pánico en las Falkland (1983), Veneno Puro (1984), Viuda Gómez (1985) e Sexo Macumba (1985). En 1987, xunto co produtor Pancho Casal, fundou Villaverde Asociados que, máis adiante, se converteu en Continental Produciones S A. Con esta empresa puxo en marcha o proxecto do que foi a súa primeira longametraxe, Continental (1989), unha das primeiras producións do cine galego comercial. En 1998 realizou a súa seguinte película, Fisterra. Onde remata o mundo, na que pretendía facer unha reflexión sobre o baleiro ideolóxico das novas xeracións e sobre a ausencia da figura...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. De tendencia liberal, foi detido pola Inquisición e encarcerado en 1816, cando estudiaba leis na Universidade de Santiago de Compostela. Trasladouse a Madrid e foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas lexislaturas 1836-1837, 1837-1838, 1839-1840 e 1841-1842, nas que participou no proxecto da lei de imprenta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Misioneiro xesuíta. Marchou a París para estudar na Sorbonne (1525), onde obtivo o grao de licenciado (1528) e coñeceu a santo Ignacio de Loiola. Converteuse nun dos seus primeiros seguidores. Ordenado sacerdote en Venecia (1537), participou na fundación da Compañía de Xesús e colaborou na redacción das súas Constitucións. Dedicouse ás obras de caridade en varias cidades de Italia e foi enviado a Oriente (1541). Trala súa chegada a Goa (1542), dedicouse á evanxelización do S da India, Ceilán e Malaca. En agosto de 1549 trasladouse a Kagoshima, no Xapón, onde continuou o seu labor e, despois de volver á India (1551), emprendeu viaxe cara a China. Foi canonizado por Gregorio XV (1622). Na iconografía viste co hábito dos xesuítas, e leva ás veces a esclavina dos peregrinos e o bordón na man; como atributos, unha cruz nunha man ou un cangrexo. A súa festividade celébrase o 3 de decembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escritor e profesor. Diplomado en Maxisterio, licenciado en Filoloxía Inglesa e Filoloxía Románica pola Universidad Complutense. Profesor de ensino primario, secundario e de universidade, colaborou en distintas publicacións como Madrygal, Dorna, A Freita e Casa da Gramática e foi director de O Espello, suplemento literario de A Freita, de Castelo das Letras, coordinador de O Roibén, director académico de Ianua e codirector de Agora ou Nunca. Autor de literatura xuvenil e infantil e de obras de investigación, da súa produción destaca O xabaril que quería engalar (1991), Les esperances d’Abu el-Hol (1993), Te cuento lo que quieras (1993), Lucía (1994), A luva máxica (1994), Chuvanet o gnomo aprendiz de tenor (1994), El nome de la cosa (1997), Azul e terra (2000), Canto de Nedara (2001), Notes de lingüística asturlleonesa (2001), Introdución a la pragmática (2001), El gallego exterior a las fronteras administrativas (2001),...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xavier González Cuervo.
-
GALICIA
Pintor e fotógrafo. Coñecido como Xavier Galiza, os seus inicios profesionais foron no mundo da fotografía. Colaborou en diversos xornais galegos e deste período destaca a exposición monográfica El arte prerrománico en Galicia, presentada no Museo de Ourense en 1973. Ese mesmo ano realizou a súa primeira exposición de acuarelas e debuxos en Ourense. As súas acuarelas, conseguidas a base de sucesivos lavados, caracterízanse pola luminosidade e por unha pincelada fina e rica en matices coa que representa paisaxes verídicas con cores, maioritariamente, complementarias. As masas de cor mestúranse e difumínanse de xeito que forman novos tons. Realizou e participou en exposicións en diversas cidades galegas e en Madrid, Valladolid, Oviedo, Berna, París, Laussane e Porto, entre outras.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista, narrador e dramaturgo. En 1998 escribiu, con Quico Cadaval, o texto Memoria de Antígona, traballo solicitado polo Centro Dramático Galego para unha produción dirixida por Guillermo Heras. En 1993 obtivo o Premio Camiño de Santiago coa peza O peregrino errante que cansou o demo e dous anos despois o Premio Rafael Dieste por O serodio remordemento do amor, dúas pezas nas que se deixa sentir a influencia de autores como Valle-Inclán ou Ramón Otero Pedrayo. Ese mesmo ano, 1995, recibiu o premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa por Os moradores da nada.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor de debuxo. Foi fundador do primeiro Museo Etnográfico Olimpio Liste de Oseira, e presidente da Fundación Liste de Vigo. Membro da Comisión Territorial de Patrimonio Histórico de Pontevedra, da Comisión Asesora de Antropoloxía do Museo de Pontevedra e do Consello Galego de Museos, recibiu o premio Teucro de prata de Pontevedra (1978), o Premio Ciudad de Pontevedra (1980), a Pedra do Destino da Coruña (1994) e o Premio La Voz de cultura concedido por La Voz de Galicia (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Foi o representante máis importante da Escola de Barcelona. A súa filosofía propuxo a superación do empirismo e o racionalismo e elaborou unha síntese en que defendía que as verdades ontolóxicas poderían ser descubertas pola análise da realidade que se considera básica, a conciencia, que ten as vertentes individual e colectiva. Publicou Sobre el desarrollo del pensamiento filosófico (1854), onde expuxo que a filosofía era a expresión máis alta da conciencia colectiva dunha comunidade nacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Doutorouse en Filoloxía Clásica. Foi asesor da Presidencia do Goberno, subdirector xeral de Relacións Internacionais do Ministerio de Cultura, investigador do CSIC e redactor xefe (1980) da revista Emérita deste organismo. As súas obras céntranse na lexicografía grega, nas traducións de literatura grega e na lingüística galega. Foi redactor do Dicionario Griego-Español e das súas obras destacan Los usos abverbiales del acusativo, dativo y genitivo en la lengua de Heródoto (1974) e Mi lenguaje (1975).
VER O DETALLE DO TERMO