"ZUR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 70.

  • PERSOEIRO

    Político e avogado, fillo de Federico Errázuriz Zañartu. Ministro de Guerra e Mariña con José Balmaceda, asinou a acta de deposición do presidente (1891). Ocupou a presidencia da República entre 1896 e 1901. O seu goberno destacou polas melloras na educación, na saúde e nas infraestruturas. Resolveu o problema fronteirizo xurdido con Arxentina na entrevista coñecida como El abrazo del Estrecho (1898).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado. Acusárono de participar no motín de San Felipe (1850) e no encabezado polo coronel Pedro Urquiola (1851), polo que foi condenado a morte, pena da que resultou absolto. Membro do Partido Liberal, foi ministro de Xustiza, Culto e Instrución Pública (1864), ministro de Guerra e Mariña (1866) e presidente da República (1871-1876). No seu mandato tivo lugar a creación do ministerio de Relacións Exteriores e a reforma constitucional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do il homónimo, na Anatolia Oriental, Turquía, preto do nacemento do río Tuzía (298.735 h [1997]). A agricultura e a gandería son as principais actividades económicas. Unha porcentaxe importante da súa poboación é kurda. Punto estratéxico das rutas comerciais, foi conquistada polos bizantinos, que a chamaron Theodosioúpolis, e con posterioridade polos turcos (1071), que a incorporaron de maneira definitiva ao seu imperio por medio de Selim I en 1514, co nome de Arzan ar-Rum, ‘terra dos romanos’. Coa represión contra os armenios (1923), chegou a decadencia da cidade. A súa recuperación produciuse trala construción do ferrocarril transcaucásico. Do seu patrimonio cultural destacan a madrasa de Yakutiye (s XIII), as mesquitas de Ulu (s XII) e a de Lala Mustafa Pasa (s XVI), e os mausoleos reais dos ss XII e XIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Il da Anatolia Oriental, Turquía (25.133 km2; 848.800 h [1990]). A súa capital é Erzurum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cronista oficial da corte portuguesa. Exerceu o seu labor durante o reinado de Afonso V e escribiu a terceira parte da Crónica de D. João I (1450), tamén titulada Crónica da tomada de Ceuta, obra iniciada por Fernão Lopes. Ademais compuxo diversas crónicas de persoeiros nobres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Licenciado en Filosofía e Letras e doutor en Teoloxía (1912), en 1908 recibiu a Sagrada Orde do Presbiterado. Desde ese ano exerceu como docente no seminario de La Habana. Foi cóengo da catedral de La Habana, fiscal eclesiástico e xuíz sinodal da diocese. Pola súa defensa da Igrexa, Benedicto XV nomeouno camareiro secreto, co título de monseñor, e Pío XI, prelado romano (1922). Foi membro fundador da asociación protectora da Real Academia Galega, institución da que foi membro correspondente. Destacan as obras Una leyenda que se esfuma e Palabras pronunciadas...en la iglesia de San Francisco de Pontevedra el día 13 de julio de 1938: fecha de aniversario del vil asesinato del mártir de la patria Excmo. Sr. D. José Calvo-Sotelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de sodio, aluminio e xofre, de fórmula Na4SSi3Al3O12. Pertence á subclase dos tectosilicatos e é un dos constituíntes do lapislázuli. Ten unha cor azul escura intensa non uniforme e láminas finas traslúcidas. Ten unha dureza de 5-5,5 e un peso específico de 2,38-2,45. Emprégase desde a Antigüidade en ornamentación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán. Foi un precursor do expresionismo, e cultivou unha visión unitaria da poesía, da relixión e da filosofía de signo panteísta-idealista. A súa obra máis coñecida é Die Kugel, eine Philosophie in Versen (A esfera, unha filosofía en versos, 1909).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo. Foi inspector de primeiro ensino na zona de Xinzo de Limia. Vinculado á Institución Libre de Enseñanza, foi un dos introdutores da renovación da educación en España entre 1914 e 1936 e un dos defensores das ideas da escola nova. Presidiu a Liga Española de Educación e foi, ademais, secretario técnico do Ministerio de Instrución Pública e secretario de publicacións do Museo Pedagógico de Madrid. Fundou a Revista de pedagogía (1922), que ademais dirixiu durante catorce anos. A partir de 1938 foi profesor da Universidad de Tucumán. Escribiu La enseñanza primaria en España (1915), Ensayos de pedagogía e instrución pública (1920), La escuela única (1932), Reforma de la educación (1945), La pedagogía contemporánea (1947), La escuela nueva pública (1948), Pedagogía (1950), Pedagogía social y política (1954) e La Institución Libre de Enseñanza y la educación en España (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta croata. Desde 1848 ocupou altos cargos políticos. Foi considerado como o primeiro poeta épico croata, e da súa produción destaca Osman (1842), aínda que se deu a coñecer pola epopea Smrt Smail-aga Čengijića (A morte de Smail-aga Čengijića, 1846), libro inspirado na poesía popular e escrito en versos libres.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ritmo de orixe polaca de metro ternario rápido e acentos moi marcados. Fíxose moi popular en Europa durante os ss XVIII e XIX e chegou a Galicia da man das bandas de música e dos grupos de gaitas tradicionais que o adaptaron á sonoridade e dixitación dos seus instrumentos.

    2. Música que acompaña este baile.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Dirixiu comedias cargadas dun ton agre e intelectual, como Bob, Carol, Ted & Alice (1970), Harry & Tonto (1974), An Unmarried Woman (1978), e tamén Enemies: A Love Story (1989), The Pickle (1992) ou Faithful (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión lacustre do centro-norte de Polonia, situada ao O do curso baixo do Vístula. Presenta un clásico relevo de orixe glaciario, cunha paisaxe chaira, alterada por unha serie de outeiros morénicos. Os vales fluviais secundarios constitúen as principais vías de comunicación e o resto da rexión presenta un carácter boscoso, cunha poboación escasa. A agricultura, a gandería e a explotación forestal son as principais actividades económicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colorante que se emprega para realizar probas de redución de colorantes e determinar a calidade sanitaria do leite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • oivodato de Polonia (24.203 km2; 1.468.313 h [estim 2000]). A súa capital é Olsztyn.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Nafarroa, situado ao SO de Iruña, ao pé da serra del Perdón (11.639 h [2001]). É un centro agrícola e mineiro. Atópase á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Gipuzkoa, Euskadi, situado na ribeira esquerda do río Oria (2.820 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura creada en España en 1985 para fomentar a reindustrialización de rexións atrasadas. En Galicia apenas tiveron éxito e transformáronse noutras figuras como a ZID (Zona Industrializada en Declive) ou ZPE (Zona de Promoción Económica), cos mesmos obxectivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. En 1629 instalouse en Sevilla e en 1634 viaxou a Madrid, parece que chamado por Velázquez para participar na decoración do palacio do Buen Retiro. Volveu a Sevilla e realizou os conxuntos dos mosteiros de Guadalupe (1638) e da cartuxa de Jerez (1638). Desde 1658 residiu en Madrid. A súa arte parte do naturalismo chegado desde Italia. Utilizou a luz como elemento definidor dos contornos. Bo debuxante, destacan as figuras illadas tratadas á maneira de naturezas mortas. As súas composicións son hieráticas e pouco enlazadas, como se cada personaxe fose unha obra illada. Destacan La defensa de Cádiz (1684) e Naturaleza muerta (1633).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de zurcir.

    2. Acción e efecto de zurcir.

    3. Costura que se fai nun roto da tea.

    VER O DETALLE DO TERMO