"alea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 72.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cruceiro da mariña de guerra española de 10.000 toneladas de desprazamento. Foi afundido o 6 de marzo de 1938 por barcos republicanos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome castelán da provincia das Illes Balears que foi o oficial ata setembro de 1996.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia romana que abranguía o arquipélago das Balears, incluídas as illas Pitiusas. Foi creada a finais do s IV e incorporada ao Imperio Bizantino no 534.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves da familia dos grúidos ao que pertence o grou sudafricano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ás Illes Balears ou aos seus habitantes. SIN: 1balear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de degradación dos espacios litorais por mor dunha acción antrópica irracional exercida sobre eles. Caracterízase especialmente por unha edificación masiva que, entre outras repercusións, altera as dinámicas naturais de alimentación das praias (eólicas e mariñas, principalmente) e, como consecuencia do incremento exponencial da poboación, provoca graves problemas de xestión dos residuos e das augas. Toma o nome das Illes Balears, afectadas dende a década de 1960 por un crecemento incontrolado da construción vinculado ao desenvolvemento do sector turístico. As paisaxes afectadas de balearización mostran a carón das praias torres de apartamentos e portos deportivos, formando un continuo urbano ao longo da costa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia española que comprende a totalidade do arquipélago das Balears e que constitúe unha comunidade autónoma (5.014 km2; 760.379 h [1996]). A súa capital é Palma de Mallorca. Está dividida en 5 partidos xudiciais e 65 municipios. En setembro de 1996 a provincia pasou a denominarse oficialmente Illes Balears.
-
ENTRADA LARGA
Comunidade autónoma do estado español que comprende o arquipélago balear, situado no Mediterráneo occidental (5.014 km2; 760.379 h [1996]). Correspóndese coa provincia homónima e está constituída polas illas de Mallorca (609.150 h), Menorca (67.009 h), Eivissa (78.867 h), Formentera (5.353 h), Cabrera (base militar e parque natural) e outras illas menores (Illa dels Conills, sa Dragonera, s’Espalmador, s’Espardell, Illa de l’Aire, Tagomago, Illa d’en Colom, etc).
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O arquipélago balear aséntase sobre un zócolo submariño separado das costas peninsulares por un canal de máis de 1.000 m de profundidade. As illas teñen a súa orixe no xeosinclinal profundo onde se depositaron os materiais do Secundario e do Terciario. As Balears emerxeron no dobramento alpino estiriano. A emersión de Menorca foi, sen embargo, anterior á das outras illas, polo cal é a única na que afloran sedimentos paleozoicos (era Primaria). A historia xeolóxica das outras... -
VER O DETALLE DO TERMO
Poemario publicado por Luisa Castro Legazpi no ano 1988, polo que recibiu o accésit do VII Premio Esquío de poesía. O discurso poético caracterízase por un ton irreverente, que transgrede tanto a tradición da que procede como a propia materia poetizada, dentro dunha certa estética do malditismo na liña de Baudelaire, Artaud e Leopoldo María Panero. Sucédense os contrastes entre a cotidianeidade e o mito clásico, e a alternancia entre un rexistro expresivo coloquial e outro máis formalizado. Apréciase tamén o influxo das vangardas, das que toma a libre asociación de imaxes como técnica expresiva para enlazar argumentos. Estruturalmente dividida en catro partes (Derradeira viaxe en bicicleta de nevermore, Os ventres das baleas, Sete poemas sobre leóns e Preguntou insistentemente Isolda), a unidade da obra conséguese mediante o emprego dunha serie de constantes temáticas e formais na composición dos poemas, o que permite unha interpretación de conxunto....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cría de balea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido que ten a súa orixe nun alcume, derivado á súa vez da voz común balea (< lat balaena ou ballaena < gr ϕ άλαινα ‘balea’). O sentido deste alcume sería irónico e equivalería a ‘bo peixe’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariable aleatoria x susceptible de tomar dous únicos valores, 0 e 1, con probabilidades p e q = p-1, respectivamente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Masa moi fina, en estado líquido, de cal e xeso que se emprega para branquear ou obter baleirados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de calear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pintar con cal as paredes.
-
-
Limpar as herbas que hai no rego.
-
Encher ou tapar o suco con terra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Moverse alguén ou algo dun lado a outro coma se fose caer.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dor localizada na cabeza. Aplícase a calquera dor cranial sen incluír as da cara, a farinxe ou a rexión cervical. Caracterízase por unha sensación de peso, golpes repetidos e violentos, pulsacións, ardor e picaduras, entre outros síntomas. Trátase dun síntoma moi común, ocasionado por trastornos moi diversos, aínda que con frecuencia de pouca gravidade. Os tipos máis importantes son: a xaqueca, a cefalea histamínica de Horton, a cefalea de tensión e a cefalea que aparece como consecuencia de enfermidades neurolóxicas ou doutras enfermidades como sinusite, trastornos oculares, febre, insuficiencia respiratoria hipercápnica, hipertensión arterial e arterite temporal.
-
PERSOEIRO
Político italiano, conde de Cortellazzo. En 1930 casou con Edda, filla de Mussolini, quen o nomeou subsecretario de Estado, ministro de Prensa e Propaganda (1935) e de Asuntos Exteriores (1936). Propugnou a política imperialista da Italia fascista. Mussolini retirouno do ministerio e nomeouno embaixador no Vaticano. Na reunión do Gran Consello Nacional fascista (25 de xullo de 1943) encabezou o grupo de xefes fascistas que votou a favor do derrocamento de Mussolini. En Verona, foi detido e xulgado por un tribunal especial; condenado a morte, fusilárono o 11 de xaneiro de 1944. Nos seus Diarios relata o funcionamento interno da Italia fascista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos, da orde das poliporais, de cogomelos semicirculares e planos, de ata 20 cm de diámetro, coa cutícula áspera e de cor crema cinsenta. O himenio aparece disposto en pequenos tubos alongados, a xeito de láminas rudimentarias, que ofrecen un aspecto labiríntico. A especie D. quercina vive sobre carballos aos que infecta; a carne ten unha consistencia coriácea, polo que non ten valor culinario.