"alt" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 697.

    1. Punta do litoral da parroquia de Barrañán, no concello de Arteixo, situada entre o porto das Bendicións dos Cabalos, ao L, e a punta Redonda polo O.

    2. Permiso dado ao convalecente para volver á súa actividade cotiá.

    3. Manifestación do ingreso nun corpo ou nunha asociación para permitir o retorno ao traballo despois dunha enfermidade, etc.

      1. No exército, entrada en servizo activo dun militar que se destina a un corpo determinado ou que torna despois de estar de baixa.

      2. Documento que acredita a entrada.

    4. Declaración por medio da cal unha persoa, unha veiga, unha industria, un vehículo, etc se inclúen nun padrón, nun censo, nun rexistro ou nunha lista, a efectos tributarios, estatísticos, de exercicio de actividades, de recuperación de traballo despois dunha enfermidade ou con outros fins diversos.

    5. Proceso polo que unha persoa dispón de acceso a servicios de telecomunicacións.

    6. Envío de información a un buscador para que este inclúa unha páxina web na súa base de datos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lugo baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Permiso dado ao convalecente para volver á súa actividade cotiá.

    2. Manifestación do ingreso nun corpo ou nunha asociación para permitir o retorno ao traballo despois dunha enfermidade, etc.

      1. No exército, entrada en servicio activo dun militar que se destina a un corpo determinado ou que torna despois de estar de baixa.

      2. Documento que acredita a entrada.

    3. Declaración por medio da cal unha persoa, unha veiga, unha industria, un vehículo, etc se inclúen nun padrón, nun censo, nun rexistro ou nunha lista, a efectos tributarios, estatísticos, de exercicio de actividades, de recuperación de traballo despois dunha enfermidade ou con outros fins diversos.

    4. Proceso polo que unha persoa dispón de acceso a servicios de telecomunicacións.

    5. Envío de información a un buscador para que este inclúa unha páxina web na súa base de datos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral da parroquia de Barrañán, no concello de Arteixo, situada entre o porto das Bendicións dos Cabalos, ao L, e a punta Redonda polo O.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Land de Austria (11.979 km2; 1.386.000 h [estim 1995]). A capital é Linz. Rexión predominantemente montañosa que se estende dende os contrafortes setentrionais de Niedere Tauern ata o val do Danubio, no centro, e as montañas de Mühlviertel ao N. Entre o Inn e o Traun a enerxía proporcionada por numerosas centrais hidroeléctricas fixo posible a industrialización, pero a agricultura é o principal recurso da rexión. A industria atópase concentrada nos principais núcleos de poboación, Linz e Steyr. Outros recursos son o sal (Salzkammergut) e o lignito, que se extrae en Hausruck. A Alta Austria era un dos estados dos Habsburgo durante a Alta Idade Media. Máis tarde foi un Arquiducado do Imperio Austríaco ata 1918, que foi federado dentro da República Austríaca. Entre 1938-1845 convértese en provincia do Terceiro Reich organizada polos nazis co nome de Distrito do Alto Danubio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Córsega, Francia (4.666 km2; 135.311 h [estim 1995]). A capital é Bastia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prefectura de República Centroafricana (86.650 km2; 58.838 h [1989]). A capital é Bria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prefectura da República Centroafricana (55.530 km2; 45.516 h [estim 1989]). A capital é Obo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Francia, que comprende os departamentos do Eure e Sena Marítimo (12.317 km2; 1.776.980 h [estim 1995]). A capital é Rouen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento da rexión administrativa de Ródano-Alpes, Francia (4.388 km2; 618.229 h [estim 1995]). A capital é Annecy.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Montañas de Guatemala, situadas ao O do lago Izabal, formadas por altiplanos elevados onde se cultiva o café, a cana de azucre e o cacao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Guatemala (8.686 km2; 670.815 h [estim 1995]). A capital é Cobán (14.152 h [1981]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Francia, na rexión do Limousin (5.520 km2; 355.548 h[estim 1995]). A capital é Limoxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Buscador da Internet desenvolvido pola Digital Equipment Corporation (DEC) que dispón dun robot de busca mediante o que se engaden enderezos de páxinas web automaticamente á súa base de datos e que, ao mesmo tempo, é capaz de responder preguntas en inglés construídas de xeito ordinario, indicando as ligazóns a páxinas web que posiblemente conteñen a resposta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de instrumentos de observación que permiten medir tanto o acimut como a altura dun astro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Tarragona, Catalunya, (2.555 h [1996]). Función residencial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da República Dominicana (2.851 km2; 115.685 h [1993]). A capital é Salvaleón de Higüei (33.501 h [1981]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CORDILLEIRAS

    Cordilleira de Asia central situada ao O de Siberia e Mongolia, que se estende desde o río Irtyš e a depresión de Xungaria en dirección NO. A altitude media é de 1.500-1.700 m. A serra está flanqueada ao L e ao SL polo grande altiplano de Mongolia. Destacan tamén outros altiplanos máis pequenos como os de Uköc (2.400 m), Kak (2.500 m) e Suok (2.600 m). Ten lagoas importantes como a de Ubs-Nuur e Chobdo-Nuur. A serra de Altai está dividida en: Altai mongol, ou Gran Altai, conxunto formado principalmente por rochas vendinienses (precámbricas) que constitúen un gran horst, e o Altai ruso con xistos vendinienses e formacións paleozoicas, predominantemente calcarias, do Devoniano e o Carbonífero, pregadas durante o Herciniano e con dobramentos de dirección xeral N-NL. O relevo actual orixinouse por fenómenos tectónicos do Terciario Superior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Kraj do S de Siberia, Rusia (169.100 km2; 2.675.000 h [estim 1997]). Drenado polo curso alto do Obi, é unha área de economía agrícola, reforzada pola industria. Altai foi constituído kraj en 1937 e inclúe a oblast’ de Gorno-Altai. A capital é Barnaul.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Altai, aos altaicos ou ás súas linguas.

    2. Individuo dun pobo turco que habita no Altai.

    3. Pobo turco de Siberia que habita a oblast’ autónoma de Gorno-Altai (Rusia), de tipo mongólico, tamén chamado calmuco montañés ou calmuco branco. Son unhas 45.000 persoas.

    4. Familia de linguas faladas en Asia Menor, Asia Central, Mongolia e Siberia, formada por tres grandes troncos: o turco, o mongol e o manchuriano. A clasificación destas linguas presenta dificultadas por mor da falta dun coñecemento histórico sólido das poboacións que a integran e pola gran barreira étnica que sufriu ao longo do tempo. Os trazos comúns máis sobresalientes das linguas altaicas son, foneticamente, a harmonía vocálica e a constitución silábica das palabras cunha soa consoante no comezo da palabra. Morfoloxicamente non posúen distinción de xénero gramatical nin inflexión nominal clara. O aspecto máis orixinal é a construción de palabras a partir dunhas bases verbais ou nominais e o uso da aglutinación e a sufixación como recursos gramaticais predominantes.

    VER O DETALLE DO TERMO