"andi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 305.
-
SERRAS
Serra dos Pireneos, en Navarra. A súa cota máis alta é o coto de Beriain (1.494 m).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural de Santiago de Compostela. Outros apelidos relacionados con esta caste son Andia, Andeas, Andegas, Andes e Andillas. As súas armas levan, sobre campo de azur, unhas andas.
-
-
Relativo ou pertencente ao grupo humano ándido.
-
Designación racial proposta por E. von Eickstedt (1934) para o grupo humano surpacífico.
-
Individuo do grupo humano ándido.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘xoieiro’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Andias.
-
-
Relativo ou pertencente aos Andes, á rexión dos Andes ou aos seus habitantes.
-
Habitante dos Andes ou da rexión dos Andes.
-
Área cultural de América do Sur que se estende, aproximadamente, entre os 2° latitude N e os 30° latitude S na rexión dos Andes.
-
-
Rexión bioxeográfica neotropical que comprende os pisos superiores dos Andes, dende o centro de Chile e Arxentina ata Colombia e o Ecuador.
-
Rexión natural de América do Sur que comprende toda a área occidental do continente pola que se estende o cordal dos Andes e as rexións costeiras dende o N de Colombia ata a Terra do Fogo.
-
-
-
PERSOEIRO
Mestre de enreixados, de estilo plenamente renacentista. Creou as reixas da capela maior da catedral de Palencia (1520), das dúas capelas da catedral de Burgos e da capela do corazón de Santa María (1532), en Medina de Rioseco.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización creada en 1969 en Bogotá coa finalidade de formar un mercado común andino. Os asinantes foron Bolivia, Colombia, Ecuador, Perú e Chile; Venezuela adheriuse en 1973 e Chile separouse en 1976. A organización ten o nome oficial de Acuerdo de Cartagena.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de linguas amerindias de Sudamérica que inclúe a maioría das máis faladas que se conservan neste grupo, entre elas: o quechua, o guaraní e o aimará. Consta de catorce familias e algunhas linguas illadas. As familias máis importantes son: o arauco, o tupí, o quechua e o aimará.
-
GALICIA
Doutor en Teoloxía, licenciado en Filosofía e diplomado en Técnicas Educativas. Profesor no Seminario Maior San Xosé de Vigo e no Seminario Menor de Tui (centros nos que tamén é rector), no Instituto Teolóxico Compostelán, na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Vigo e no Instituto Superior de Ciencias Relixiosas San Agustín. Delegado episcopal de apostolado segrar, delegado de pastoral universitaria e delegado episcopal de diversos medios de comunicación. Durante vinte e un anos formou parte do equipo de pastoral do Secretariado Nacional de Formación Profesional da Comisión de Ensino da Conferencia Episcopal Española. Foi membro do consello de prebisterio de Tui-Vigo, do Consello Nacional de Rectores de Seminarios Maiores e da Comision Mixta RTVG-Bispos da Comunidade Autónoma de Galicia. Escribiu: Primado y Episcopado, Sois el cuerpo de Cristo e artigos de teoloxía en revistas e xornais galegos. Colaborou, así mesmo, en O concilio Pastoral de Galicia...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Publicou en San José de Costa Rica (1917) a obra La cuadratura del círculo y de la elíptica de forma plana y plano-cúbica, y de forma esférica y esférico-elíptica. Geometría matemática al alcance de todos.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Uzbequistán, capital da oblast de Andizan (313.000 h [1995]). Centro agrícola do val de Fergana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast de Uzbequistán (4.200 km2; 1.899.000 h [1993]).
-
-
Relativo ou pertencente á rexión antártico-andina.
-
Rexión do reino antártico que comprende o extremo sur de América que se prolonga cara ao norte pola alta montaña andina.
-
-
PERSOEIRO
Antropólogo. Entre as súas obras, destacan: Antropología de España, Razas y tribus de Marruecos Antropología o historia natural del hombre.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cova de Liguria (Italia) cunha importante secuencia estratigráfica, que vai dende o Arenense, documentado nun enterramento con enxoval típico, ata a Idade do Bronce. Ademais atopáronse restos de época romana. Destaca o nivel neolítico que proporcionou a base para a periodización do Neolítico no Mediterráneo occidental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra póstuma de Jakob Bernoull publicada en Basilea en 1713. Contén unha reedición comentada da obra de Christian Huygens sobre xogos de azar, na que se enuncia o teorema que leva o seu nome. Este teorema demostra que aumentando considerablemente o número de observacións se pode conseguir calquera aproximación prefixada. Esta obra, preludio do teorema dos grandes números de Čebyšov, foi unha contribución importantísima para a teoría da probabilidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratados sobre a predicación que ofrecían as regras básicas para construír sermóns eficaces e elocuentes. Multiplicáronse entre os séculos XIII e XV, cando se empezou a considerar que a eficacia do sermón dependía en parte das calidades oratorias, das dotes do predicador e da división en partes do sermón, elementos que favorecían a comprensión das mensaxes polo público. Progresivamente deuse entrada nestes tratados ao sermón en lingua vulgar e á utilización de proverbios e exemplos co fin de clarificar os contidos. As artes sermocinandi sobreviviron ata os tempos da Reforma, cando xurdiron os novos modelos de predicación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización católica de ámbito estatal, fundada en Madrid a finais do ano 1908. Co remate do século XIX vaise producir un cambio crucial na orientación social e política do Catolicismo europeo, debido á publicación da encíclica Rerum Novarum (1891). León XIII estableceu nela as bases para unha maior penetración do movemento socio-político católico na sociedade, na busca dunha resposta que solucionase a inexistencia dun partido católico que defendese os seus intereses ante a nova organización dos Estados liberais (de tendencia aconfesional), e que se traduce nunha perda sistemática do protagonismo da igrexa. Neste contexto nacía a Asociación Católica Nacional de Propagandistas (ACNP), que participou plenamente na nova organización institucional e administrativa do novo Estado liberal español. A ACNP foi concibida como unha organización de pouco, pero escollido número de integrantes, e caracterizada como unha elite ao servizo do movemento católico español. O seu obxectivo fundamental...
-
REXIÓNS
Rexión administrativa de Francia que comprende os departamentos de Calvados, Manche e Orne (17.589 km2; 1.412.064 h [1995]). A capital é Caen.
VER O DETALLE DO TERMO