"aris" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 297.
-
PERSOEIRO
Crítico e ensaísta cinematográfico italiano. Teórico do Neorrealismo cinematrográfico italiano, foi fundador e director da revista Cinema Nuovo (1952). Os seus estudos críticos inspíranse na metodoloxía estética marxista de Gramsci e Lukács. Publicou os libros Storia delle teoriche del film (Historia das teorías cinematográficas, 1951), Cinema italiano 1960: Romanzo e antiromanzo (Cine italiano 1960: romántico e antirromántico, 1961), Il dissolvimento della ragione: discorso sul cinema (A disolución da razón: discurso sobre cine, 1966), e I sussurri e le grida (Murmurios e berros, 1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carta xudía escrita en grego. O autor, que se presenta como funcionario de Ptolomeo II Filadelfo (285-247 a C), pretende explicar a orixe da versión grega dos Setenta. Incluíu entusiastas eloxios á lei xudía e á súa sabiduría. O escrito tense datado de xeito aproximado no ano 140 a C, se ben algúns estudiosos a consideran do s I d C.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fillo de Apolo e da ninfa Cirene. Segundo unha tradición, as musas ensináronlle as artes da medicina e da adiviñación, e todo o que fai referencia ao cultivo da oliveira e á apicultura. Rendéuselle culto na Arcadia, Tesalia e Tracia.
-
PERSOEIRO
Matemático grego. Escribiu cinco libros sobre Os lugares sólidos, onde formulou teoremas sobre os cinco sólidos regulares e sobre as curvas cónicas. Tivo influencia sobre Euclides, pero algúns consideran o tratado de Aristeo máis importante e orixinal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibía o vaso empregado para servir o viño na antiga Grecia.
-
PERSOEIRO
Sacerdote e político haitiano. Criticou a ditadura represiva de Jean-Claude Devalier e intentou protexer os dereitos humanos do pobo haitiano. Apoiado pola coalición de esquerdas Fronte Nacional venceu nas eleccións municipais de 1990, asumindo a presidencia en febreiro de 1991. Derrocado por un golpe de estado liderado polo xeneral Raúl Cedrás en setembro dese mesmo ano e exiliado, seguía sendo recoñecido internacionalmente como lexítimo representante da nación. Regresou ao seu país en outubro de 1994, trala mediación da ONU, sendo substituído na presidencia polo membro do seu partido André Préval, en decembro de 1995.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome procedente do grego Aristeídes ‘fillo de Aristeo’ e este de áristos ( ἄ ριστος) ‘o mellor, o máis valente’, raíz de onde sae aristocracia ‘goberno dos mellores’. Arístides foi un gran político ateniense do s V a C e, por iso, o nome reviviu no Renacemento. A festividade de santo Arístides de Atenas (s II), quen tentou inculcarlle ao Emperador Adriano a fe cristiá, celébrase o 31 de agosto.
-
PERSOEIRO
Escritor grego de época Helenística ao que xa dende a Antigüidade se lle atribuíron as Milesíacas. Refundidas ao latín por L. Cornelio Sissenna, influíron en Ovidio, Petronio e Apuleio. Só se conservan fragmentos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral e político ateniense. Tomou parte na Batalla de Maratón (490). No enfrontamento entre os alcmeónidas e os tiranófilos, dirixiu unha secesión entre os atenenses. O pobo apoiou o partido de Temístocles e Arístides viuse obrigado ao exilio (483-482 a C). Chamado a Atenas de novo no 480, tomou a illa de Psitalia, onde estaba acuartelada unha gornición persa, e distinguiuse na importante Batalla de Platea. O seu prestixio levouno ao desempeño do cargo de arconte no 478, dende o cal autorizou a todos os cidadáns atenienses a ocupar cargos públicos. Foi o encargado de artellar a Confederación de Delos (476). A súa integridade valeulle o seu alcume.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sofista e orador grego. Consérvanse cincuenta e cinco discursos seus moi interesantes para o coñecemento da historia do seu tempo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pensador grego. Foi discípulo dos sofistas e de Sócrates, á morte do cal fundou a Escola Cirenaica ou Hedonista. Como os cínicos, deulle unha importancia fundamental ás cuestións morais, pero afirmou que o ben supremo do ser humano é o pracer, entendido como individual e presente.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Forma de goberno na que o poder (kratos ‘dominio’) reside nun grupo social reducido e privilexiado por razóns de liñaxe, poder económico ou circunstancias persoais (moralidade, intelixencia, nivel cultural, heroicidade e esforzos pola comunidade, etc), identificados como os mellores (aristoi). O concepto, de cuño aristotélico, defínese como o ‘goberno de máis dun’, e distingue entre aristocracia, na que a finalidade que dirixe o goberno é a procura do ben xeral, e a aristocracia impura ou oligarquía, na que o goberno se dirixe ao ben particular. Stricto sensu, denomínase deste xeito a forma de goberno da sociedade grega da época Arcaica. O poder estaba en mans de terratenentes constituídos en castes hereditarias, como consecuencia tanto dos feitos bélicos causados polas invasións dorias como por afortunadas acumulacións de propiedades. Aínda que a natureza desta forza se alicerzaba no económico e no militar, a xustificación do seu poder era moral:...
-
aristocracia obreira
Concepto cuñado por E. Hobsbawn. Aplícase ao segmento especializado da clase obreira británica nos ss XIX e principios do XX nas industrias básicas, distinto económica e culturalmente do resto da masa obreira, que deu lugar aos dirixentes do movemento sindical.
-
-
Estamento nobre.
-
Conxunto de persoas ou cousas que se considera por riba das da mesma especie polas súas calidades.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa pertencente á aristocracia.
-
-
Relativo ou pertencente á aristocracia.
-
De carácter distinguido.
-
-
-
Facer que se volva aristocrático.
-
olverse aristocrático.
-
-
PERSOEIRO
Rei de Messenia. Defendeu o seu reino contra os espartanos, pero foi derrotado. Os vencidos convertéronse en ilotas e perderon as súas terras repartidas entre os vencedores.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Comediógrafo grego. É un dos máis célebres poetas dramáticos clásicos xunto con Esquilo, Sófocles, Eurípides e Menandro. Dunha gran cultura literaria e artística, desprezou fortemente a ignorancia. Na súa obra teatral defendeu os mitos relixiosos dirixindo a súa sátira contra os renovadores do pensamento como Sócrates. Destacou pola visión crítica da realidade, pola defensa da utopía e polo espírito pacifista. A súa madureza creativa chegou durante a Guerra do Peloponeso (431-404), fronte á que adoptou unha posición inequívoca, denunciando a tolemia e a sinrazón do enfrontamento. Nas súas obras, As nubes (423) e As ras (405), quixo desacreditar a Guerra do Peloponeso e acadar unha paz con Esparta, igual que fixeran outros anovadores da tradición teatral como Eurípides. Logo da derrota de Atenas fronte a Esparta e co ascenso do partido aristocrático ao poder na cidade ática, do que Aristófanes era membro, comezou o segundo gran período da súa produción, marcado pola perda...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gramático e filólogo grego. Foi director da Biblioteca de Alexandría e mestre de Aristarco de Samotracia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Dise do verso acataléctico de tres pés que comeza cun dáctilo, utilizado a miúdo nas obras de Aristófanes.
-
Verso aristofánico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Herba perenne, lampiña, de follas alternas e cordiformes, talos estriados, raíces a miúdo tuberosas e flores tubulosas. É rica en alcaloides e esencias, e desprende un cheiro forte. Empregábase para facilitar o parto e contra moitas afeccións. Atópase amplamente distribuída en Galicia en matogueiras aclaradas e terras cultivadas.