"corón" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 45.
-
CAPITAIS
Capital do departamento de Caaguazú, Paraguay (38.319 h [estim 1992]). É o centro dunha rica rexión agropecuaria, con importantes industrias alimentarias. Tamén cumpre funcións administrativas e de servicios. Na agricultura destacan os cultivos de algodón, cana de azucre e tabaco. Fundouna en 1759 o coronel Jaime Sanjust.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Foi o abandeirado do movemento que ao redor de 1925, sobre todo desde a revista Vanguardia, renovou a poesía do seu país ao apartala da liña de Rubén Darío. En 1968 editouse unha escolma da súa poesía en Cuba e, a finais dos setenta, outra en Nicaragua. Da súa produción destaca Obrerismo y artesanía (1932), La muerte del hombre símbolo (1939), Reflexiones sobre la historia de Nicaragua (1962-1967) e Prosa (1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, escultor e gravador mexicano. Estudiou na Escuela Nacional de Pintura y Escultura La Esmeralda, de Ciudad de México. En 1947 instalouse en París e coñeceu, entre outros, a Constantin Brâcun ṣ i. Nos anos sesenta regresou a México. A súa pintura evolucionou dende o figurativismo ata a abstracción. Entre as súas obras pitóricas destaca La Lucha (1958), primeiro premio no Salón Nacional de Pintura de 1959, e entre as súas esculturas cómpre salientar Torso (1964). Recibiu o premio de pintura e gravado na II Bienal Interamericana de 1960. Na súa localidade natal creouse o Museo Pedro Coronel.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grao ou condición de coronel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade militar do exército español dos ss XVI e XVII, formada por vinte compañías de soldados estranxeiros ás ordes dun coronel. En 1534 substituíronse polos tercios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de réptiles ao que pertencen as cobras rateiras.
-
PERSOEIRO
Erudito e cosmógrafo veneciano. Franciscano, en 1685 foi nomeado en Venecia cosmógrafo da República e fundou a sociedade xeográfica Accademia degli Argonauti. En Francia construíu para Luís XIV dous grandes globos que aínda se conservan na biblioteca de París. As súas obras principais son Atlante Veneto (1690), unha enciclopedia inacabada que titulou Biblioteca universale sacro-profana (1709), Corso geografico (1649) e Cronologia universale (1707).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Funcionario da xustiza anglosaxona. O cargo creouse a finais do s XII para velar polos intereses da coroa. Dende 1926, data na que se promulgou a Coroners Amendment Act, só poden ser profesionais procedentes do ámbito legal ou médico. Investigan as causas de mortes violentas, non naturais ou misteriosas.
-
-
Coroamento ou remate dalgunha cousa.
-
coronis.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Heroína grega filla de Frixias, rei dos lapitas. Tivo un fillo con Apolo, Asclepio. Disque por medo a que o deus a abandonase ao chegar á vellez, casou con Isquis, fillo de Élato.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Heroínas gregas, fillas de Orión, Metíoque e Menipe. Conta a lenda que se deixaron tragar pola terra coma víctimas expiatorias, cando un grave andazo asolou a cidade de Orcómeno, en Beocia. Os deuses dos Infernos, Hades e Perséfone, pesarosos polo sacrificio de ambas as irmás, converteron os seus corpos en dous brillantes cometas.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao SL da capital, drenado polo río Guadalete (5.134 h [1996]). Como zona agrícola destacan os cultivos de secaño (viña, oliveiras e algodón). Tamén cómpre salientar a gandería lanar e vacúa. Poboada en época romana, identifícase coa Callet ou Calla do pobo túrdulo. Foi repoboada por Ruy Pérez de Esquivel, quen reedificou no 1381 o castelo de Las Aguzaderas, de orixe árabe.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas anuais ou perennes, a miúdo arbustivas, da familia das fabáceas. Presentan follas compostas imparipinnadas, flores amarelas agrupadas en ramallos en forma de coroa e froitos en lomento. Distribúese por Europa, Asia e África. Algunhas especies, por exemplo C. glauca, cultívanse como ornamentais, e outras, como a C. scorpioides, teñen uso medicinal polas súas propiedades purgantes, dietéticas e cardiotónicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome propio que, en onomástica, designa un país ou un territorio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elemento hipotético novo, descoñecido na Terra, que se considerou como compoñente principal da coroa solar antes de descubrir o alto grao de ionización existente nela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Signo gráfico empregado polos gramáticos gregos, análogo ao espírito suave (’). En moitos manuscritos gregos e nas edicións de textos helénicos colócase enriba das vocais longas ou dos ditongos procedentes da crase entre dúas palabras na frase, ou entre προ- e un segundo compoñente. Tamén se denomina corónide.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Heroe grego, fillo de Ceneo, e xefe lapita. Participou na expedición dos argonautas. Heracles matouno por orde do Rei Eximio. Tivo un fillo, Leonteo, que loitou na Guerra de Troia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método radiolóxico que ten como finalidade facer visibles as dúas arterias coronarias e as súas ramas mediante a inxección, ao nivel do nacemento da aorta, dunha substancia de contraste utilizando técnicas de cateterismo cardíaco. Serve para pór de manifesto a aterosclerose da rede coronaria, as tromboses, as obliteracións, a estenose, o aneurisma e as cardiopatías isquémicas. Tamén se coñece como coronariografía ou arteriografía coronaria selectiva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato óptico deseñado e construído por Bernard Lyot en 1930, que permite o estudo da coroa solar e das protuberancias a plena luz do Sol, sempre que o aparato estea nun lugar suficientemente alto para diminuír o efecto da difusión da luz pola atmosfera.
-
-
Que ten a forma do pico dun corvo.
-
Protuberancia situada no extremo superior do cúbito.
-