"ful" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 96.
-
-
Relativo ou pertencente á escrófula.
-
Que ou quen padece escrófula.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
farfallar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘malo’. En ocasións equivale tamén ao adverbio ‘mal’.
-
-
-
Termo que se emprega para aludir a alguén de quen se descoñece o seu nome ou que non se quere mencionar.
-
Termo que se emprega para denominar a unha persoa de forma despectiva.
-
-
Muller que exerce a prostitución.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de teatro creada en Vigo por Manuel Botana, Xosé M. Conde e Manuel Pombal Pérez a principios da década de 1990. Instalados na comedia, presentan espectáculos cunha forte compoñente visual e xestual e baseados en pequenas escenas nas que analizan aspectos da realidade máis inmediata desde unha perspectiva crítica ou satírica. Entre eles cómpre citar Cheiro de estrelas.
-
-
-
Tea de seda con ligamento de tafetá, moi lixeira e, xeralmente, estampada en diversas cores, que se usa para panos de man, chales, etc.
-
Pano que se pon no pescozo, sobre todo o de tea de fular.
-
-
Máquina composta dunha ou máis cubetas ou caixas e de dous, tres ou catro cilindros corredizos, que serve para impregnar un tecido ao ancho cun baño de tinte, un material de apresto ou con outras substancias. O fular vai seguido case sempre de secadores ou máquinas para diferentes tratamentos, ou ben forma parte de trens de máquinas para o tinte e acabado.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo fulbe.
-
Individuo do pobo fulbe.
-
Pobo africano de relixión islámica disperso por África desde Sudán ata Senegal. A súa orixe parece ser nubio-etiópica e suponse que deberon atravesar o actual deserto conducindo o seu gando cara ao III mileno a C. Tralo seu establecemento no Fouta Toro, no baixo Senegal, durante o s IX comezaron un proceso de sedentarización. Cara ao s XIV estenderonse cara ao L, por Macina, Nixeria e Adamauá, foron islamizados e constituíron importantes grupos aristocráticos en diversas rexións de África central e occidental. O imperio fulbe de Macina, que se independizou con Ahmahul (1810-1904), foi destruído no 1862 polo exército takurí de Hagg ‘Umar. Os fulbes de Nixeria iniciaron unha guerra santa baixo o mando de Usmanu dan Fodio, na que someteron os hausas (1804) e fundaron o estado de Sokoto, que persistiu ata a ocupación británica (1904). Mentres, en Adamauá, tamén acadaron a independencia en 1805 e conservárona ata que os ingleses e os alemáns se repartiron o territorio en 1900. A súa economía...
-
Lingua que pertence á familia atlántico occidental do phylum níxer-congo que fala o pobo fulbe. Os documentos máis antigos son do s XVII. Escríbese en alfabeto árabe cando se usa por motivos relixiosos, debido a que case todo o pobo fulbe é musulmán, pero tamén se escribe en alfabeto latino, que pouco a pouco vai desprazando o árabe. OBS: Tamén se denomina fulfulde.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos seres vivos, ou aos seus órganos, que teñen forma de báculo.
-
-
Punto ríxido ou soporte sobre o que oscila unha panca.
-
Punto de apoio de algo, especialmente dos brazos dunha balanza.
-
-
CIDADES
Cidade do länd de Hessen, Alemaña (55.800 h [1990]). Situada nun cruce de camiños, ten as súas orixes na abadía beneditina fundada en 744 por Sturmi, discípulo de Bonifacio, que se converteu durante a Idade Media nun importante centro cultural. Do seu patrimonio cultural destacan a catedral barroca, na que se conserva a tumba de san Bonifacio, a igrexa de San Miguel e o convento franciscano de Franenberg.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘malo’ pero tamén ‘falso, ruín’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia de moléculas constituídas por un número par e superior a 32 de átomos de carbono, de xeito que cada átomo se une a outros tres para formar un poliedro que ten por caras doce pentágonos e un número variable de hexágonos regulares. Arredor dos anos setenta os químicos soviéticos D. A. Bochvar e E. G. Galpen propuxeron que unha forma de carbono con 60 átomos de carbono podería ter unha estrutura estable. Propúxose o nome de fulereno. Ademais do C60, que xa se sintetizou no laboratorio, tamén se obtivo unha molécula totalmente fluorada, o C60F60, que pode ter unha grande estabilidade a altas temperaturas. Ademais, suponse a existencia doutras moléculas de forma Cn, onde n vale, para os máis estables, 84, 180 ou 240. Tamén recibe o nome de buckminsterfulereno.
-
-
Aplícase a algo que resulta ser falso ou de pouca calidade.
-
Aplícase á persoa que carece de formalidade.
-
Aplícase á persoa que non se organiza ben no seu traballo.
-
Aplícase á persoa que fai trampas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
fulbe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Brillo moi intenso.
-
PERSOEIRO
Historiador, escritor e arquiveiro. De orixe galega, colaborou na Crónica General de España (1865-1867), Revista de España e La Ilustración Gallega y Asturiana. Entre as súas obras destacan o libreto da zarzuela Pedro Madruga, Alfonso. Recuerdos de Galicia (1895), El castillo del marqués de Mos de Sotomayor. Estudio histórico sobre el feudalismo en Galicia (1870-1871) e Últimas relaciones de España con la República de Chile (1871-1872).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Acción e efecto de fulgurar.
-
Brillo luminoso do ouro ou da prata fundidos cando a capa de óxido metálico deixa ao descuberto a súa superficie.
-
fulguración solar
Aumento notable da luminosidade da superficie solar que se produce en rexións de área reducida durante un tempo xeralmente breve. As fulguracións resultan claramente visibles cando se observan nas lonxitudes de onda correspondentes ás liñas Hα, H e K do espectro solar. Normalmente obsérvanse sobre flóculos preexistentes.
-
-
Electrocución mediante electricidade natural.
-
Uso de chispazos de alta frecuencia e de alta tensión sobre a pel ou sobre un campo operatorio para modificar a nutrición dos tecidos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao raio.
-
-
Que brilla de maneira intensa e breve.
-
Que posúe un brillo similar ao do raio.
-
Que alcanza moita intensidade en moi pouco tempo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lanzar raios de luz.