"hum" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 173.

  • Termo da xerga dos telleiros e canteiros que corresponde ás voces ‘bebedo’ e ‘borracho’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, da xerga dos cesteiros de Mondariz, da xerga dos albaneis e do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘beber’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de madeira, colocada na parte de abaixo do carro, entre a que se encaixa o eixo.

    2. Especie de saco cheo de calquera material mol e que serve para descansar a cabeza.

    3. Elemento mol co que se cobre algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Táboa pequena de madeira que se coloca no bordo das embarcacións para chantar o tolete.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anaco de metal ou calquera outro material pesado que se ata no extremo dun fío e que serve para marcar a verticalidade.

    2. Peza ou conxunto de pezas de chumbo que se colocan nas liñas ou nos aparellos de pesca e que serven para que a rede se afunda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tapar con chumbo algunha cousa. Ex: Chumbaron de novo os gonzos das xanelas máis deterioradas.

    2. Lanzar o aparello ou calquera outra cousa ao mar para que se afunda. Ex: Chumbou o aparello tres veces na mesma calada.

    3. Marcar os límites dun terreo.

    4. Tirarse de golpe á auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que significa ‘examinar coa chumbada’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rede de pesca circular con chumbos arredor que se emprega para pescar en lugares pouco profundos. Ex: A chumbeira é unha das redes máis antigas que se coñecen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crasulácea do xénero Opuntia da familia das cactáceas. Está provista dun talo que pode acadar os 8 m de altura, que pode ser espiñento, dividido en artellos elipsoides e sen follas, ou cilíndrico e coas follas longas, estreitas e cilíndricas. As flores aparecen directamente inseridas sobre a parte alta dos talos e son hermafroditas e actinomorfas, cun cáliz verdoso, con numerosos pétalos libres e coloreados, un estilo central e numerosos estames de cor amarela. Os froitos, ou figos chumbos, son bagas ovoides de ata 10 cm de lonxitude, dos que se consome o mesocarpo carnoso logo de desfacerse do pericarpo de cor púrpura que presenta pequenas espiñas. Con estes froitos, logo de fermentalos, obtense en América a bebida alcohólica cotonche. Os froitos e os talos das chumbeiras empregáronse na medicina popular polas propiedades antiinflamatorias, astrinxentes e analxésicas que proporcionan os etanois que forman parte da súa composición. As chumbeiras son orixinarias de zonas...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anaco de metal ou calquera outro material pesado que se ata no extremo dun fío e que serve para marcar a verticalidade.

    2. Peza ou conxunto de pezas de chumbo que se colocan nas liñas ou nos aparellos de pesca e que serven para que a rede se afunda.

    3. Obxecto pesado que se ata no extremo dunha corda para medir a profundidade.

    4. Relinga inferior composta por unha serie de chumbos, sobre a que se montan os panos da rede da arte de miño.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Elemento metálico de número atómico 82 e peso atómico 207,2, que pertence ao grupo IVA da táboa periódica. Aínda que se atopa raramente en estado natural e é relativamente escaso, localízase en depósitos extensos, feito que facilita notablemente a súa explotación. O mineral máis importante do que se extrae é a galena (PbS). A obtención do metal ten lugar coa transformación dos minerais no óxido (PbO) e coa súa redución posterior con carbón. O refinado do metal efectúase mediante un proceso electrolítico. O metal ten unha cor branca azulada característica, con brillo metálico, e é moi brando, dúctil e maleable. É un mal condutor da electricidade pero un bo absorbente do son, das vibracións e, pola súa elevada densidade, da radiación γ. O chumbo natural está constituído por catro isótopos naturais estables, 204 Pb (1,48%), 206 Pb (23,6%), 207 Pb (22,6%) e 208 Pb (52,3%); tamén se coñecen 17 isótopos radioactivos. Malia o valor do seu potencial...

      2. acetato de chumbo(II) [Pb(CH 3 COO) 2 ]

        Sólido cristalino branco, soluble en auga e glicerol e pouco soluble en alcohol, que funde a 280°C. Forma un trihidrato, chamado azucre de chumbo, que se emprega na preparación de sales insolubles de chumbo, como mordente na tinguidura do algodón, como impermeabilizante, na manufactura de vernices, en medicina e como reactivo analítico.

      3. arseniato de chumbo(II) [Pb 3 (AsO 4 ) 2 ]

        Cristais brancos insolubles en auga que funden con descomposición a 1.042°C. Emprégase como insecticida.

      4. dióxido de chumbo [PbO 2 ]

        Sólido cristalino marrón, altamente oxidante, soluble en ácido acético e insoluble en auga, que funde con descomposición a 290°C. Emprégase como oxidante, mordente, reactivo analítico e acelerador de polimerizacións.

      5. nitrato de chumbo(II) [Pb(NO 3 ) 2 ]

        Cristal branco, moi tóxico e oxidante, soluble en auga e alcohol, que se descompón a 470°C. Emprégase na preparación doutros sales, como mordente, oxidante, na preparación de explosivos e como pigmento.

      6. óxido de chumbo(II)

        litarxirio.

      7. tetraacetato de chumbo [Pb(CH 3 COO) 4 ]

        Cristais incoloros ou dunha lixeira cor rosa, solubles en ácido acético quente, benceno e cloroformo, que funden a 175°C. Emprégase como oxidante selectivo en síntese orgánica.

    1. Peza de chumbo que se coloca nos aparellos de pesca para que se afundan.

    2. Bala dunha arma de fogo.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. figo chumbo.

    2. chumbeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘viño’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘viño’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Changwat de Tailandia, na Rexión Meridional (6.009 km2; 420.644 h [1993]). A capital é Chumphon (15.214 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Festival cinematográfico organizado no mes de setembro de 1973 na cidade da Coruña baixo o título de “I Certamen Internacional de Cine de Humor Ciudad de La Coruña”. Contou con sete edicións consecutivas ata que en xullo de 1980 suspendeu as súas actividades debido a problemas económicos. Tivo un relanzamento en 1982 baixo o nome de “I Festival Internacional de Cine de Comedia de La Coruña”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • La Comédie humaine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título xeral baixo o que Honoré de Balzac publicou o esencial da súa produción novelesca, entre 1842 e 1848. A visión de conxunto e a técnica empregada parten da publicación de La peau de chagrin (1831) e perfílanse definitivamente con Père Goriot (1834), ao concibir a idea da aparición intermitente dos mesmos personaxes. A obra perfílase como unha gran síntese cósmica e social cunha rigorosa unidade de composición. A primeira parte compóñena os Estudios de costumes e divídese en: Escenas da vida privada, Escenas da vida de provincia, Escenas da vida parisiense, Escenas da vida política, Escenas da vida militar e Escenas da vida rural; a segunda confórmana Estudios filosóficos; e a terceira Estudios analíticos. Traza un amplo abano de tipos sociais, desde o aristócrata ao pequeno comerciante e ao campesiño, e prescinde da clase obreira. A orde cronolóxica dos argumentos vai desde 1308 a 1846, pero a maioría das novelas sitúanse entre a Revolución de 1789 e os últimos anos da monarquía de...

    VER O DETALLE DO TERMO