"mita" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 106.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de espada empregada polos turcos e polos persas que se caracteriza por ter unha folla longa e curva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao caso que indica ‘en compañía de’, tanto en sentido flexional como no de pura función sintáctica. Nalgunhas linguas, como o finlandés, ten unha forma especial; pola contra, noutras confúndese con outros casos (no grego co dativo e no latín co ablativo).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Séquito que acompañaba o emperador. O concepto evolucionou e, máis tarde, incluíu a corte, e, por último, o exército en campaña. Nos pobos de orixe xermánica estaba constituído polo conxunto de guerreiros novos que seguían o monarca, vinculados ao caudillo por un xuramento de fidelidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xurisdicións territoriais de diversos tamaños instituídas polos monarcas asturianos en Galicia, dende finais do s VIII ata o s XI. O monarca situaba á fronte delas a un delegado coa obriga de manter a orde, ocuparse da administración de xustiza, recadar os tributos, organizar as prestacións persoais dos homes de cada circunscrición e dirixir as tropas. A evolución do reino levou a que o monarca lles concedese aos grandes señores a encomenda de dirixir varias destas xurisdicións, co privilexio de inmunidade.
-
-
Feito de acompañar un fenómeno a outro ou darse ao mesmo tempo.
-
Existencia do corpo e do sangue de Cristo en cada un dos elementos da eucaristía, de xeito que se reciben os dous elementos ao comungar cunha soa especie.
-
-
-
Aplícase ao fenómeno que acompaña a outro, que se produce ao mesmo tempo ou que contribúe a que se produza o mesmo efecto.
-
Causas que concorren cando se establece a proba dun feito.
-
Gracia que o home recibe mentres obra.
-
Son harmónico que acompaña a outro fundamental.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cromato de ferro(III), de fórmula FeCr2O4. Pertence ao grupo das espinelas e é de cor negra agrisada. Ten dureza 5,5 e densidade 5,1. Localízase como mineral accesorio nas rochas ígneas ultrabásicas. É o único mineral importante do que se extrae o cromo e emprégase como metal de aliaxe para aceiros e como material refractario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode delimitar.
-
-
Acción e efecto de delimitar.
-
-
Conxunto de accións derivadas da facultade que teñen os propietarios para clarificar os límites dos seus terreos cos limítrofes dos seus veciños.
-
delimitación administrativa
Procedemento mediante o que a Administración pública determina os límites do dominio público ou privado. Esta actuación só establece estes límites, pero non resolve problemas de propiedade.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que delimita.
-
-
Establecer con exactitude os límites de algo.
-
Indicar os límites dun lugar ou terreo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
delimitador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rocha silícea sedimentaria de orixe orgánica formada principalmente por cunchas de diatomeas. Emprégase principalmente como absorbente, abrasivo, illante térmico ou material filtrante. Tamén se denomina terra de diatomeas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación xenérica dos explosivos a base de nitroglicerina, obtidos por absorción desta, en substancias capaces de retela ou de formar unha substancia xelatinosa, co que evitan desta maneira posibles explosións debidas ao transporte ou choques. A dinamita foi ideada por Alfred Nobel en 1867, que descubriu que as diatomitas absorbían a nitroglicerina e a facían moito máis segura. A primeira dinamita compoñíase de nitroglicerina e mais diatomita, mentres que as dinamitas modernas adoitan empregar outras substancias como absorbentes. Clasifícanse en tres grupos, segundo a base empregada como absorbente: as dinamitas de base interna, nas que o absorbente (diatomita, carbonato de magnesio) é unha substancia que non intervén na reacción explosiva. Cando o absorbente é unha substancia redutora, como as serraduras, as fariñas vexetais ou o carbón, equilibrada coa adición dun oxidante (nitrato ou clorato de potasio ou de sodio), denomínanse dinamitas de base activa. O terceiro...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico publicado na vila de Ordes en 1911.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de dinamitar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de dinamitar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer saltar ou destruír unha cousa con dinamita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carbonato de calcio e magnesio, de fórmula CaMg(CO3)2. Ten a mesma estrutura que a calcita, pero coa metade dos átomos de calcio substituídos polos de magnesio. Os cristais son normalmente romboédricos, aínda que tamén poden presentarse en masas granulares. Ten unha dureza de 3,5-4 e unha densidade de 2,8. Presenta varias coloracións dende a incolora e transparente ou ben branca, ata a gris ou verdosa. Ao aumentar o contido en ferro, vólvese dun amarelo amarronado ou marrón. É moi abundante nos terreos sedimentarios, formada seguramente por transformación da calcita baixo a acción de solucións magnésicas.
-
-
Relativo ou pertencente a Edom e aos seus habitantes.
-
Individuo do pobo de Edom.
-
Pobo que habitou Edom, no S de Palestina. Sometidos polo Rei David, que intentou exterminalos, no s VIII a C foron dominados por Asiria. O reino foi destruído no s III a C e Xoán Hircano impúxolles a xudaización no 129 a C.
-