"ovi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 688.

  • PERSOEIRO

    Astrofísico soviético. Foi Presidente da Academia de Ciencias da RSS de Armenia, profesor da Universidade de Erevan, e director e fundador do observatorio de Biurakan. En 1955 formulou a inestabilidade dos sistemas de galaxias, enunciando que se atopan en estado de expansión e que os seus compoñentes afástanse dun centro común. A partir do estudo sistemático dos grupos estelares inestables encontrou as asociacións de estrelas, nacidas, segundo el, de sistemas múltiples de enerxía positiva. Publicou, entre outras obras,   Teoreticheskaia astrofizika (Astrofísica teórica, 1939). Foi Presidente da Unión Astronómica Internacional (1961-1964) e premio Stalin 1950.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista ruso. Emigrou a París e dirixiu unha revista de oposición. O esencial da súa obra constitúeno novelas sobre a intelligencija rusa de fins do s XIX e sobre problemas como o da prostitución: Marja Susjevna (1904).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se pode separar do lugar que ocupa.

    2. Que se lle pode retirar a alguén.

    3. Peza ou órgano que pode ser facilmente desmontado ou desencaixado doutra peza, dun aparello ou dunha máquina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade do que é amovible.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á andrónovo.

    2. Cultura prehistórica da Idade de Bronce de Siberia Occidental que toma o seu nome da poboación de Andrónovo e que se estendeu cara ao O dos Urales entre o segundo milenio e os primeiros séculos do primeiro milenio a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo e paleontólogo ucraíno. Está considerado un dos pioneiros da oceanografía. Estudiou as profundidades, correntes, temperatura e composición do Mar Negro, do Caspio e do Mármara. Pode ser considerado precursor da paleoecoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta simbolista e dramaturgo ruso. A súa obra de creación, publicada moi tardiamente, caracterízase pola tristura das imaxes simbólicas, de inspiración francesa, ás que engade a paixón do mundo clásico. Ademais da traxedia de tema mitolóxico, escribiu tres volumes de poesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia ou división administrativa romana, cun breve período de existencia (216 e 217), creada polo Emperador Marco Aurelio Antonino Caracalla (211-217) como resultado da secesión dun territorio da Provincia Citerior Tarraconense, identificado coa Gallaecia, e que se correspondía cos tres conventus xurídicos noroccidentais: asturicense, lucense e bracarense. A súa creación debeuse a motivos económicos e militares: era preciso controlar o territorio fronte a posibles revoltas indíxenas e asegurar o acceso ás minas de ouro do noroeste de Hispania, situadas principalmente no Bierzo. Con estas medidas, Caracalla tentaba revitalizar as explotacións auríferas, que xa coñeceran o seu momento de esplendor durante a época flavia. Coa morte de Caracalla no 217, xa certificado o esgotamento mineiro debido en gran medida á pouca rendibilidade dos procedementos técnicos empregados, a nova provincia desapareceu e pasou a estar baixo o mando do gobernador da Tarraconense. O seu único gobernador,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • č (Černihiv 1884 - ? 1938) Político ucraíno. Membro do Partido Bolxevique, dirixiu no 1917 a toma do Palacio de Inverno de Petrogrado (actual San Petersburgo). Foi vicepresidente do Consello de Comisarios do Pobo, embaixador en Checoslovaquia e cónsul xeral de Rusia en España (1936-1938). Acusado de trotskismo, foi procesado e executado; a súa memoria foi rehabilitada no 1956.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro aeronáutico ruso. Dende 1946 deseñou diferentes avións de transporte, e foi no 1962 nomeado xefe de deseño da industria aeronáutica soviética. Foi membro do PCUS dende o 1945, e do Soviet Supremo do 1958 ao 1966.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor de contos ruso. Comezou a súa carreira no 1944. Entre as súas obras destacan Vesna (Primavera, 1950), Po dorogam idut masini (Os coches van polos camiños, 1951), Delo bylo v Penkovo (Aconteceu en Penkovo, 1956), Razorvannyj rubl (O rublo rachado, 1966) e Trudnyj den (Día atarefado, 1978).
     

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen aprovisiona.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de aprovisionar ou aprovisionarse.

    2. Conxunto de provisións acumuladas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proporcionar a alguén as cousas necesarias.

    2. Facerse con provisións ou con todo o preciso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Infección causada por arbovirus, transmitida aos vertebrados polos artrópodos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de virus constituídos por RNA de cadea única, con cuberta protectora. Infectan artrópodos hematófagos que, á súa vez, infectan animais vertebrados por picadura (arbovirose). O seu hábitat sitúase nas zonas cálidas e húmidas, especialmente as que se atopan dentro da área mediterránea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ucraíno en lingua rusa. Un dos máximos representantes da literatura decadente, tratou temas escabrosos sobre todo na novela Sanin (1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa vencellada ao sector da comunicación en Galicia. Foi creada en maio de 1998. Entre os seus traballos máis significativos sitúase a dobraxe á lingua galega de filmes como Fisterra (1998), Cando volvas ao meu lado (1999) e Os anos borrados (1999). Para televisión traballa na posprodución, mesturas e dobraxe de películas como O paciente inglés, Patton e Catro vodas e un funeral. Tamén traballa no mundo da publicidade, dedicándose á dobraxe e preparación de anuncios en galego relacionados con empresas bancarias, alimentarias e xornalísticas, entre outras. Achega para a súa realización equipos de edición de audio dixitalizados en formatos surround (Dolby SR, Dolby digital, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta italiano. A base da súa poesía foron os afectos expresados con indiferenza aparente e forza irónica. A obra capital de Ariosto, e quizais de todo o Renacemento italiano, é o Orlando furioso, poema épico rematado ao redor do 1514. Despois da primeira edición, publicada no 1516, Ariosto seguiu a traballar nela, retocando a lingua e o estilo para acomodalos á lingua toscana propugnada por Bembo. A súa obra poética comprende tamén Carmina, algunhas poesías petrarquistas en lingua vulgar e sete sátiras escritas entre 1517 e 1527, e publicadas postumamente, nas que se entrega a reflexións morais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico soviético. Destacan os seus traballos sobre física fundamental, especialmente de electromagnetismo e magnetodinámica, así como de óptica e espectroscopia. No 1913 descubriu a absorción selectiva das radiacións electromagnéticas nos corpos ferromagnéticos, que abriu novos camiños na investigación das propiedades magnéticas da materia.

    VER O DETALLE DO TERMO