"toi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 199.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación espontánea dunha substancia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Referido ás enfermidades producidas por fenómenos de autoinmunidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno biolóxico polo que o sistema inmunolóxico dun individuo reacciona contra os propios antíxenos.
-
-
Relativo ou pertencente á autoinmunidade.
-
autoinmune.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inmunización producida pola autoinmunidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intoxicación producida como consecuencia dunha deficiente neutralización ou eliminación das substancias tóxicas elaboradas polo propio organismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inxectable que pode ser aplicado parenteralmente sen o concurso dunha xiringa hipodérmica, grazas á presión que dentro da ampola que o contén, exerce un gas inerte lixeiramente comprimido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Emisión espontánea dun electrón dun átomo como consecuencia da adquisición por parte do electrón dunha enerxía superior á enerxía de ionización, e por ser expelido do átomo sen emisión de radiación. Pode ser producida pola excitación de fotóns, electróns ou partículas pesadas.
-
PERSOEIRO
Humanista e membro da Pleiade. Cultivou unha poesía de ton academicista: Les amours de Méline (Os amores de Méline, 1552); L’amour de Francine (O amor de Francine, 1555), no que seguiu o modelo petrarquista, e Mimes, enseignements et proverbes (Mimos, ensinos e proverbios, 1576). Reformou a métrica francesa e cultivou o teatro: Brave (Bravo, 1567). Fundou a Academia de Poesía e Música (1570).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa e mosteiro situado na parroquia de Baíñas (Vimianzo). O antigo mosteiro medieval, de orixe descoñecida, foi fundado durante o episcopado de Sisnando I, bispo de Compostela. Tivo o título de abadía ata o ano 1417, data na que foi anexionado ao cenobio de San Pedro de Fóra de Santiago, por privilexio do arcebispo don Lope de Mendoza. En 1487 converteuse en priorado de San Martiño Pinario. Actualmente é igrexa parroquial. Das súas antigas dependencias só se conserva o templo de estilo románico avanzado, datado no primeiro terzo do século XIII; destaca a ábsida, de planta rectangular, cun arco triunfal apuntado e dobrado que descansa en capiteis troncocónicos con decoración vexetal moi xeometrizada. No exterior son notables as arcadas de medio punto que se dispoñen entre os contrafortes da capela. Nos beirís dos tellados da nave consérvanse numerosos canzorros decorados con figuras humanas. O tímpano da porta norte decórase coa figura dun xinete, de formas moi bastas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico e farmacéutico. Descubriu o bromo en 1826 ao illalo da auga do mar e demostrou a súa afinidade co cloro e o iodo. Foi profesor en Montpellier, na Sorbonne e no Collège de France.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés. Deputado nos Estados Xerais (1788), chegou a ser presidente deles (1791). Logo da fuxida frustrada de Luís XVI (xuño de 1791), aconsellou o establecemento dunha monarquía constitucional moderada e fixo votar a súa inviolabilidade. A Convención condenouno a morte e foi guillotinado. É autor, entre outras obras, dunha Introdution à la Révolution française (Introdución á Revolución Francesa) publicada postumamente no 1843.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Gran coñecedor das formas animais, traballou para un ourive e realizou modelos de animais para o Jardin des Plantes de París (1823-1831). A súa primeira época testemuña unha busca apaixonada do movemento. En 1837 impedíuselle expoñer nos salóns pero reapareceu en 1847 co León en repouso, sinal dunha nova dirección na súa obra: a busca romántica do movemento foi substituída pola clásica do equilibrio (Combate do centauro e do lapita, 1850). Realizou o tímpano do Pavillón do Reloxo do Louvre con Napoléon dominando a Historia e as Artes. Tamén cultivou a pintura.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que é semellante ao basalto pola súa forma.
-
-
Que pertence á superorde dos batoideos.
-
Peixe da superorde dos batoideos.
-
Superorde de peixes da subclase dos elasmobranquios que comprende individuos de corpo comprimido dorsoventralmente, de cores escuras no dorso e brancas no ventre. É un grupo rico en especies que, nalgúns casos, presentan órganos eléctricos. Os batoideos distribúense por todos os mares e viven polo xeral nos fondos litorais. A ela pertence a orde dos raiformes.
-
-
PERSOEIRO
Pintor. Xenro e discípulo de François Boucher. É o representante máis característico da pintura galante da época de Luís XV. As súas obras O froito do amor secreto e A esposa indiscreta, entre outras, reflicten a súa temática amorosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Farmacéutico e químico. Ideou a escala de densidades Baumé, investigou sobre a fabricación da porcelana e formulou as gotas amargas de Baumé, tónico amargo e estimulante. Publicou Dissertation sur l´éther (Disertacións sobre o éter, 1575), Traité de Pharmacie théorique et pratique (Tratado de Farmacia teórica e práctica, 1762) e Chimie expérimentale et raisonnée (Química experimental e razoada, 1773).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cociñeiro. Fundador do primeiro gran restaurante de París entre 1782 e 1786 chamada Gran Taberna de Londres. É autor do tratado de gastronomía L’art du cuisinier (A arte do cociñeiro, 1814).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico. Profesor de Química en Montpellier. Traballou con enzimas e con fermentación vínica e descubriu o ácido arsanílico. Fixo posible a denominada redución de Béchamp.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico francés. Estudiou na École Polytechnique. Oficial do exército napoleónico, deixou a carreira e dedicouse á ciencia. Descubriu a piezoelectricidade (1819) e inventou un galvanómetro diferencial e unha balanza electromagnética. É considerado un dos fundadores da electroquímica.
VER O DETALLE DO TERMO