"tx" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 47.
-
PERSOEIRO
Escritora. Da súa produción destaca Amor, curiosidad, prozac y dudas (1997), Beatriz y los cuerpos celestes (Premio Nadal 1998), Nosotras que no somos como las demás (1999), La Eva futura. La letra futura (2000), Estación de infierno (2001) e De todo lo visible y lo invisible (V Premio Primavera 2001). Foi nomeada doutora honoris causa pola Universidade de Aberdeen.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Da súa produción destaca Escuararen hatsapenac e un dicionario en catro linguas (eúscaro, latín, francés e castelán).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Colaborador en diversas publicacións, escribiu Buruchkak (1910) e Beribilez (1931). Foi membro da Euskaltzaindia.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Mallorca, Illes Balears, ao SL da illa, nos contrafortes occidentais das serras de Levante (14.123 h[1996]). A agricultura ocupa a maior parte do termo municipal, e dela destacan os cereais, as forraxes e a viña. Tamén conta cunha importante industria conserveira, vinícola e de embutidos. Recibiu a carta de poboamento de Xaime I de Mallorca en 1300 e en 1886 o título de cidade. Do seu patrimonio cultural destacan o convento de Saint Agustí (s XVII) e a igrexa parroquial de Saint Miquel (s XIV-XVI).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor, sobriño de Mateu Fletxa o Vello. Formouse na corte castelá e residiu en Italia durante un tempo. As súas obras principais editáronse en Venecia e en Praga. Publicou IL 1. libro de madrigali a 4 et 5 (1568), recompilación de 31 madrigais, e en 1581 os libros de música polifónica Libro de música de punto, perdido, Divinarum completarum psalmi, incompleto, e Las ensaladas, dedicadas a Xoán de Borja e de Aragón. Manuscritas, consérvanse as obras Harmonia a 5, para cinco instrumentos de corda, e un Miserere, a 4 voces.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Partidario das reformas democráticas na URSS, creou un grupo en defensa dos dereitos humanos en 1974. Despois de declararse a independencia de Xeorxia (9.4.1991), foi elixido (26 de maio) presidente da nova República nunhas eleccións directas. Acusado de ditador, a oposición instigou un golpe de estado en xaneiro de 1992. Refuxiouse en Chechenia e iniciou un conflito armado, reducido en poucas semanas coa axuda do exército ruso. Morreu en estrañas circunstancias.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. En 1977 foi elixido presidente do PNV e, nas eleccións de 1980, lehendakari do goberno vasco. Reelexido en 1984, enfrontouse á dirección do partido por diferencias sobre a estruturación interna da comunidade autónoma, e foi substituído no cargo. En 1986 abandonou o partido e fundou Eusko Alkartasuna (EA), que presidiu ata 1999.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Bizkaia, Euskadi, situado na beira dereita da ría de Nerbión (82.196 h [1996]). A capital municipal é Algorta. Está moi influenciado pola proximidade de Bilbao e constitúeno diversos núcleos de poboación, que actualmente forman unha conurbación. Antiga zona residencial de Bilbao, industrializouse durante o s XX. Do seu patrimonio cultural destacan os palacios dos barrios de Neguri e Las Arenas.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, situado no val do río Vernissa que o atravesa de N a S (2.455 h [2001]). Case as dúas terceiras partes do territorio non son cultivables, aínda así a agricultura é a base económica do termo, destacan os cultivos de froiteiras, vide e oliveiras. As actividades gandeira e industrial teñen pouca importancia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Serie de foguetes chineses destinados a poñer satélites en órbita. O primeiro da serie (CZ-1) entrou en servizo en 1970 e podía poñer en órbita baixa un satélite de 400 kg. O CZ-2 tiña unha capacidade de 1.200 kg e o CZ-3 podía situar en órbita 2,5t.
-
MUNICIPIOS
Municipio de Mallorca, situado en Illes Balears (23.410 h [2001]). A industria continuou a tradición das vaixelas de barro e tamén dos talleres de pirotecnia; estas industrias compleméntanse coas de vidro, de cerámica, de cemento e a construción.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sublevación dos campesiños vascos das proximidades de Bilbao contra a capital, entre setembro e novembro de 1718, como protesta polo traslado das aduanas aos portos e ás fronteiras, por orde de Filipe V, o que supuña a perda dos privilexios aduaneiros en Euskadi. Os campesiños asaltaron as casas dos patricios de Bilbao e puxeron cerco á vila, ata a chegada do exército.
-
CABOS
Cabo de Bizkaia, Euskadi. Situado ao NL de Bilbao, é unha prolongación da montaña de Sollube. É o máis setentrional da Península Ibérica e posúe un faro inaugurado en 1904.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista. Asinou as súas obras en castelán como Luis Michelena. Foi catedrático de Lingüística Indoeuropea na Universidad de Salamanca e de Lengua e Literatura Vasca e Lingüística Indoeuropea na Universidad del País Vasco. Está considerado un especialista da lingua vasca e baixo a súa dirección levouse a cabo o proceso de normalización do éuscaro que deu como resultado o chamado euskara batua(‘éuscaro unificado’), un modelo de lingua baseado na tradición literaria central (guipuscoano-navarro-labortana). Da súa produción destacan Historia de la literatura vasca (1960), Fonética histórica vasca (1961) e Sobre el pasado de la lengua vasca (1964). Realizou o Dicionario general vasco, a súa grande obra, xunto con Ibon Sarasola, do que se publicou o primeiro volume en 1987. A selección da súa obra en éuscaro foi recollida en Mitxlelenaren idazlan hautatuak (Obras escollidas de Mitxelena, 1972). Foi membro da Euskaltzaindia e membro correspondente...
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Nafarroa, situado ao L de La Rioja e regado polo Queiles, afluente do Ebro (3.199 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura. Destacan a viticultura e as industrias derivadas dela, como a elaboración de viños e as bodegas.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana (15.558 h [2001]. Na súa economía destacan os cultivos de amendoeiras, vide, cítricos e hortalizas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido como Orixe, destaca a obra poética, iniciada na preguerra cos poemas de Barne muinetan (No interior da medula, 1934) e continuada despois na mesma liña de poesía mística, de gran rigor formal. É autor do poema épico “Euskaldunak” (Os vascos, 1950), influído por F. Mistral, ao que traduciu ao éuscaro. Fixo tamén versións dos Salmos (1967) e das Confesións de Santo Agostiño (1956), e escribiu Jainko billa (Na procura de Deus, 1971), un ensaio de apoloxética relixiosa publicado postumamente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
pacharán.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana, situado nos contrafortes orientais do sistema prebético valenciano (2.385 h [2001]). A agricultura é un recurso económico básico dedicada sobre todo ao cultivo da vide, en especial para pasas. Os servizos ocupan a boa parte da poboación activa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tenista. Profesional desde 1985, foi número un do tenis feminino mundial entre febreiro e xuño de 1995, e mantívose entre as 10 primeiras entre 1989 e 2001. Foi campioa de Roland Garros en 1989, 1994 e 1998, e do US Open en 1994. Membro do equipo español da Copa Federación (1986-1998, 2000-2002), gañou o torneo en 1991, 1992, 1994, 1995 e 1998. Participou nos Xogos Olímpicos de Seúl 1988, en Barcelona 1992 -medalla de bronce individual e a medalla de prata en dobres con C. Martínez-, en Atlanta 1996 - medalla de prata individual e a de bronce en dobres con C. Martínez-, e en Sydney 2000. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de los Deportes (1998) e a Gran Cruz de la Orden del Mérito Deportivo (2001). Retirouse en 2002.
VER O DETALLE DO TERMO