"uru" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 194.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de poesía bilingüe aparecida en 1952 en Ferrol. Despois de dúas épocas finalizou a súa edición en 1960, cando chegaba ao número 11. Foi dirixida por Tomás Barros, Miguel C. Vidal e Mario Couceiro. Colaboraron con poesías, entre outros: Luís Pimentel, Álvaro Cunqueiro, Aquilino Iglesia Alvariño, Novoneyra, Carballo Calero, Eduardo Moreiras, Miguel González Garcés, Ramón Cabanillas, Celso Emilio Ferreiro, Xohana Torres e Manuel María, e con algúns textos de prosa, Otero Pedrayo e Santiago Montero Díaz. Tamén participaron os autores foráneos Vicente Aleixandre, Gabriel Celaya e Goytisolo, xunto a outros. Na ilustración destacaron Isaac Díaz Pardo e Rafael Segura Torrella. Incluíase amais dunha escolma rigorosa de poesías, unha sección dedicada á crítica literaria sobre autores xa consagrados, como por exemplo Galicia e Rosalía na poesía de Luís Pimentel de Ramón Piñeiro, López Nogueira, Leyra Domínguez e Mario Couceiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista anual editada pola Casa de Galicia de Valladolid en 1956. No seguinte ano pasou a chamarse Lar (1957-1958) e logo Abrente (1959).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista bimestral editada na cidade de Santa Fe (Arxentina) en setembro de 1960. Fundada, entre outros, por Xosé Neira Vilas, levaba por subtítulo “Peña Gallega Manuel Murguía”, e estaba dirixida por Antonio Ucha. Nela aparecían poemas e críticas sobre obras do propio Neira Vilas, contos de Ben-Cho-Shey e reproducións de poemas de Cabanillas e Avelino Díaz. Colaboraron tamén Leandro Carré, Fernández del Riego e Victoriano García Martí.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista escolar mensual e bilingüe do Colexio Marista de Ourense aparecida en 1969, que cesou en xuño de 1970. Colaboraron nela: Miguel A. González, Xosé Mª Pérez, Tacho García e Alfonso de Sás, entre outros. Nas seccións “Editorial”, “Sección del Curso” e “Sección dedicada al idioma gallego” incluía información cultural, poemas, deportes e humor, acompañada de debuxos de Gonzalo Fernández e Esteban Solleiro.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación da Casa de Galicia de Las Palmas de Gran Canaria de xullo de 1972, continuadora probablemente de Aturuxo, editada nos anos cincuenta do século XX. Nela incluíase información sobre a propia institución e sobre actos que organizaba como: cabalgatas de reis, entroido ou festivais de habaneiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación escolar editada en decembro de 1973 polo Colexio Público Antonio Magariños Pastoriza de Cambados. Nela incluíanse obras literarias en galego e castelán para promocionar a lectura entre os alumnos do centro e información sobre as actividades do grupo escolar.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada en Montreal (Canadá) en 1974 e na que se recollía información sobre os emigrantes galegos nese país.
-
VER O DETALLE DO TERMO
oceiro do colectivo de homsexuais de Galicia aparecido no ano 1975 aproximadamente e subtitulado “Boletín de la Coordinadora de Colectivos Gais de Galicia”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de dinosauros da familia dos hadrosáuridos, propios de finais do Cretáceo, de ata 4 m de lonxitude, cabeza baixa, plana e sen crista, e bico estreito. Os xacementos principais atópanse en China e Mongolia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de dinosauros da familia dos cetiosáuridos, propios de principios do Xurásico. É un saurópodo de ata 15 m de lonxitude e dentes planos de bordo dentado.
-
CIDADES
Cidade do estado de São Paulo, Brasil, preto do río Batalha (178.861 h [1980]). É o centro comercial dunha rexión agrícola produtora de café, algodón, cacahuete, arroz e millo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ave da familia dos ardeidos ao que pertencen os abetouros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de dinosauros saurópodos da familia dos braquiosáuridos, propios de finais do Xurásico. Podían acadar ata 23 m de lonxitude, unha altura de 13 m e un peso aproximado de 80 toneladas (equivalente a 12 machos de elefantes africanos). O esqueleto era lixeiro, con vértebras flexibles e articuladas. A cabeza, moi pequena en proporción co corpo, tiña un fociño ancho e plano con dentes puntiagudos. Os xacementos principais están localizados en America do Norte e África.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de dinosauros da familia dos diplodócidos, de ata 22 m de lonxitude de pescozo e cola moi longos e cabeza diminuta, de non máis de 55 cm de lonxitude e con dentes longos e delgados só na parte anterior da mandíbula superior. Alimentábase basicamente de follas que alcanzaba grazas ao seu longo pescozo e a erguerse sobre as patas traseiras. Igual ca os elefantes actuais, presentaban nas articulacións dos nocellos uns engrosamentos cartilaxinosos que axudaban a repartir o enorme peso do animal. Os primeiros fósiles destes animais foron descritos co nome de Apatosaurus polo que esta forma é a denominación nomeclatural correcta. Son propios de finais do Xurásico e os xacementos máis importantes están localizados en Norteamérica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbas da familia das apiáceas, de follas enteiras e xeralmente lineais e flores de pétalos marelos dispostas en umbelas. En Galicia están presentes B. gerardi, en herbazais e cultivos, e B. rotundifolium, en ambientes secos.
-
ILLAS
Illa do arquipélago das Molucas, Indonesia, ao L de Borneo no Mar das Molucas (8.756 km2; 19.700 h). O relevo accidentado, cuberto pola selva ecuatorial, ten no pico de Tomahu a súa elevación máxima con 2.500 m de altitude. A poboación practica na súa maioría o islamismo e o cristianismo. A economía baséase principalmente na produción madeireira e na exportación de carne de cervo e aceite. O núcleo urbano principal é Namlea.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Brullón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
envurullo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Brullón.
-
ENTRADA LARGA
Estado de África centroriental, limitado ao N por Rwanda, ao O por República Democrática do Congo, e ao L e ao S por Tanzania (27.834 km2; 5.943.000 h [1996]). Esténdese entre os 2° e 4° de latitude S e os 29° e 31° de lonxitude L. A capital é Bujumbura.
Xeografía físicaRelevo e xeoloxía
VER O DETALLE DO TERMO
Distínguense catro rexións xeomorfolóxicas: os altiplanos centrais, de 1.500 a 2.000 m de altitude; a rexión montañosa setentrional, por riba dos 2.600 m; a rexión Imbo, entre 800 e 1.000 m de altitude, que arrodea o lago Tangañika; e as rexións deprimidas do L.
Clima, vexetación e hidrografía
O clima é ecuatorial, aínda que modificado nos lugares de máis altitude, cunha temperatura media anual de 20°C e unha pluviosidade duns 1.400 mm ao ano, agás na rexión do lago Tangañika, onde chega soamente a 800 mm. A vexetación é de sabana nas áreas de baixa altitude, e de bosque na rexión montañosa setentrional. Hidrograficamente,...