"xia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 855.

  • Parte da meteoroloxía que estudia a atmosfera libre (arredor dos 3.000 m). A aeroloxía é a base da previsión meteorolóxica, polo tanto, da navegación aérea. A palabra foi cuñada por Wladimir Köppen no 1906 como aerologie.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina do ben.

    2. Parte da ética que estudia o ben.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da cirurxía que trata as fracturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio das terras nas súas relacións coa agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da botánica que estudia as gramíneas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que trata da constitución xeolóxica dos terreos e da súa dinámica, en relación coa actividade agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especialidade médica que estudia a alerxia e os procesos alérxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Modificación da capacidade reactiva dos tecidos dun ser vivo, xeralmente en forma de hipersensibilidade, despois de ter sido sensibilizado por un antíxeno. Habitualmente os antíxenos son alérxenos, substancias ambientais non tóxicas para a maioría da xente. Nun primeiro contacto os alérxenos sensibilizan a unha persoa, é dicir, provocan a formación de anticorpos. Nunha segunda entrada do antíxeno, este reacciona co anticorpo previamente formado (reacción antíxeno-anticorpo) que determina a manifestación clínica das enfermidades alérxicas. Estas reaccións dan lugar a catro tipos diferentes de hipersensibilidade: Tipo I ou de hipersensibilidade inmediata ou anafiláctica, que comporta a liberación de substancias vasoactivas como a histamina, causantes dos trastornos nos tecidos e nos órganos. Este mecanismo é responsable da rinite alérxica, da asma bronquial, da urticaria, do anxioedema e do choque anafiláctico. Tipo II ou reaccións citotóxicas, que comporta a activación...

    2. Sensibilización patolóxica producida por desencadeamento de trastornos de orixe emocional.

    3. Aborrecer algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Agnose que comporta a perda da facultade de ler. Preséntase en diferentes graos, desde a incapacidade para recoñecer as palabras ata a non identificación das letras. Unha forma especial é a alexia musical ou perda da facultade de ler os signos musicais.

    2. cegueira verbal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Especialidade médica que estudia e trata a dor en todas as súas manifestacións.

    2. ficoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Túnica exterior de orixe árabe, con mangas moi amplas, e usada na Idade Media. Tamén foi usada como túnica por riba da armadura militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inxestión psicopatolóxica de materias non comestibles como terra, substancias fecais e outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alteración do pensamento caracterizada pola incapacidade de producir ideas. É propia dalgunhas esquizofrenias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo creado en 1951 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas para asegurar a axuda material e a protección aos refuxiados e desprazados por mor dos conflitos bélicos e políticos. Ten a súa sede en Xenebra. No 1954 e no 1981 foille concedido o Premio Nobel da Paz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contraccións musculares involuntarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Imposibilidade de reprodución entre dúas especies.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de hipersensibilidade que manifesta un organismo logo da introdución dunha determinada substancia (antíxeno) que ao ser administrada por primeira vez non produciu reacción ou se o fixo foi moi lixeiramente. A sensibilización pode producirse tanto por inxección intratisular ou intravenosa coma pola penetración a través da mucosa dixestiva ou respiratoria. O mecanismo desencadeante do estado anafiláctico é unha reacción antíxeno-anticorpo producida en íntima conexión coa membrana celular que se caracteriza pola liberación de histamina e outras substancias activas. A asma bronquial, a urticaria, a enfermidade do soro e a febre do feo prodúcense debido a este mecanismo. A reacción pode ser moi grave e producir un shock anafiláctico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Interpretación da Biblia pola que se lle dá aos textos sagrados un sentido que se refire ás realidades celestiais. Así, un dos catro significados das Escrituras, xunto co literal, o alegórico e o moral (ou tropolóxico), é o anagóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relación de semellanza entre cousas diversas, relación entre dúas ou máis cousas que teñen algunha cousa en común.

    2. Semellanza entre diferentes culturas baseadas nunha evolución converxente e independente; os paralelos entre as sociedades complexas en lugares distantes do mundo, en períodos nos que as conexións culturais entre elas son nulas, deben explicarse como o resultado dun desenvolvemento análogo.

    3. Semellanza funcional entre órganos de estrutura e de orixe filoxenética distintas, como por exemplo, as ás dunha bolboreta, as dunha ave e as dun morcego, os ollos dun cefalópodo e os dun vertebrado ou as espiñas da xesta e as da silva.

    4. Método de aplicación da lei por medio da que unha norma que regula un caso determinado se fai extensiva a casos non previstos pero análogos ou semellantes con identidade de razón. Fundaméntase no principio de que a feitos iguais lle corresponde igual regulación. A súa aplicación, malia contribuír a completar o sistema de normas legais, pode introducir arbitrariedade.

    5. En sentido estricto, correlación entre cada un dos termos de dúas ou máis ordes. Aristóteles aplicou a analoxía á análise do ser para explicar as diferentes acepcións deste termo, tese que foi desenvolvida pola Escolástica (analoxía do ente). Os termos análogos poden ter significacións diferentes, pero non completamente distintos, porque entre os seus diversos sentidos hai unha relación de semellanza que pode ser simbólica ou real. Faise sempre a atribución de calidades a Deus, por analoxía co home. Na época moderna o concepto de analoxía ocupou un posto menos central que nas tendencias escolásticas, onde aspiraba a resolver un problema capital da Teoloxía: a relación entre Deus e as criaturas, sendo eliminada sobre todo das tendencias fenomenolóxicas e funcionalistas. De todos os xeitos, Stuart Mill pon de relevo a analoxía como nome dun xeito de razoamento e Mach como unha relación entre sistemas de conceptos homólogos.

    6. Similitude entre o número e a forma das ecuacións diferenciais de dous sistemas físicos.

    7. Para os gramáticos gregos, tipo de paradigma de flexión ao que pertencía unha palabra. Actualmente, a analoxía designa o proceso histórico que fai que certas palabras pasen dun paradigma a outro (xeralmente máis regular), é dicir, que cambiou de analoxía. O proceso prodúcese constantemente e é moi fácil observar se nos fixamos nas formas que non se consideran correctas: o plural *lápises no canto de lapis, o participio *abrido no lugar de aberto, etc. Como as formas irregulares dunha lingua son ou ben os préstamos recentes ou ben as formas máis antigas, o cambio analóxico tende a eliminar os arcaísmos. Unha lingua con demasiadas irregularidades faría obviamente excesivas demandas da memoria dos falantes, xa que logo o cambio analóxico está considerado como un dos mellores axentes de estabilización das linguas.

    8. Fórmulas de resolución de triángulos esféricos, empregadas máis xeralmente para comprobar os resultados achados por outros métodos, como os conxuntos de Bessel. Distínguense as fórmulas atopadas por Neper (1614) e as de Delambre e Gauss (1808), que relacionan os ángulos dun triángulo esférico cos lados opostos.

    9. Transposición ao pasado da observación das culturas actuais co fin de comprender as relacións de comportamento que subxacen á produción do rexistro arqueolóxico. Esta metodoloxía do coñecemento arqueolóxico inclúese na etnoarqueoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insensibilidade total diante da dor.

    VER O DETALLE DO TERMO