"Ōta" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 576.

    1. Acción e efecto de decotar.

    2. Época ou tempo idóneo para decotar as árbores.

    3. Conxunto de pólas que se xuntan ao decotar unha árbore.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que se asentou en Verín. Outros apelidos relacionados con esta caste son Decota e Decotar. As súas armas levan, en campo de azul, unha árbore decotada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cortar as pólas dunha árbore.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de denotar.

    2. Tipo de significado dunha unidade lingüística, normalmente a palabra, que ten como espello o termo connotación. Forman a denotación todos aqueles aspectos semánticos que pertencen ao mundo real ou a un mundo ficticio ou posible. Por exemplo, a denotación de rato, en galego, inclúe ‘mamífero roedor’, ‘de cor gris ou parda’, ‘con rabo’ e ‘vive nas casas ou no campo’, mentres que formarían parte da connotación ‘noxento’, ‘daniño’ ou ‘propagador de pragas’. A denotación pode opoñerse á designación: mentres na denotación o concepto remite á clase dos obxectos, na designación remite a un obxecto illado (ou a un grupo de obxectos) que forma parte do conxunto. Por exemplo, no signo lingüístico casa, a denotación estaría constituída pola clase das casas existentes que existiron ou poderían existir, mentres que esa casa ou as dúas casas constituirían a designación do signo casa no discurso. O concepto foi introducido polo pensador inglés Stuart Mill en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Servir unha cousa como marca ou sinal de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que denota ou serve para denotar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de derrotar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Camiño que se fai na neve.

    2. Camiño que segue unha nave para ir dun lugar a outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • encer a un inimigo ou a un contrincante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apartarse un barco da súa ruta, variar ou perder o rumbo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Alisar as engurras dunha superficie.

    2. Eliminar as aboladuras ou golpes a algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tirar ou descartar algo por consideralo sen valor ou falto de utilidade. Na tradición oral recóllense ditos como: “O que un desbota, outro roga”.

    2. Apartar da mente algo, especialmente un temor, un mal pensamento ou unha idea.

    3. Rexeitar ou non admitir algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arrincar os canotos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quitar o capote.

    2. Descubrirse o ceo de nubes.

    3. Quitar alguén o capote que leva posto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen exerce autoridade e impón a súa vontade de xeito tiránico, opresivo e brutal.

    2. Na Antigüidade, designación que os gregos empregaban para os soberanos orientais que exercían o goberno dun xeito absoluto. Desde o s III d C converteuse nun dos títulos dos emperadores romanos e máis tarde dos bizantinos. Nos ss XI e XII recibiron este título os familiares masculinos do emperador bizantino con dereito a sucesión e desde o s XIII definiu os príncipes do Imperio Bizantino que gobernaban provincias semiindependentes. O termo aplicouse tamén á forma de goberno dun conxunto de monarcas europeos nos ss XVII e XVIII, como Luís XIV de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Territorio gobernado por un déspota. A partir do s XIII formáronse despotados no Imperio Bizantino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción química na que unha amina primaria, xeralmente aromática, se transforma nun sal de diazonio, pola acción do ácido nitroso a baixa temperatura (de 0 a 5°C), que se forma in situ a partir dun nitrito e un ácido. Foi descuberta no 1858 por P. Griess.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas, da familia das brasicáceas, con numerosas follas caulinares e flores amarelas, de estigma enteiro e dispostas en acios, que dan lugar a froitos en silicua moi alongada, co nervio medio marcado e sementes dispostas en dúas ringleiras. En Galicia están presentes, en terreos ermos ou en entullos, as especies D. catholica, D. muralis e D. viminea.

    VER O DETALLE DO TERMO