"APA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 566.

    1. Acción e efecto de capar.

    2. Cicatriz que queda despois desa operación.

    3. Cosedura realizada de forma irregular.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Extirparlle a un animal os seus órganos de reprodución, os testículos no macho e os ovarios na femia, ou privar a estes mesmos órganos da súa capacidade de reprodución ou de fecundación.

      2. Privar as persoas da capacidade reprodutiva.

    1. Extraer o mel das entenas das abellas deixando o imprescindible para que poidan fabricar máis e alimentarse.

    2. Cortar algunha planta ou os seus rebentos ou ramas a rentes, especialmente as leitugas para os animais.

    3. Deixar curta, estreita ou escasa unha prenda de vestir.

    4. Facer que se malogre algunha cousa.

    5. No xogo da brisca ou do tute, collerlles aos contrincantes o tres do pau de trunfo co ás.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás caparáceas.

    2. Planta da familia das caparáceas.

    3. Familia de herbas e arbustos da orde das caparais que comprende uns 50 xéneros e 800 especies, de distribución principalmente tropical e subtropical, especialmente no continente africano. Presentan as follas alternas e as flores tetrámeras. Na rexión mediterránea están presentes os xéneros Capparis e Cleome.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás caparais.

    2. Planta da orde das caparais.

    3. Orde de plantas da subclase das dilénidas á que pertencen as familias das brasicáceas, das caparáceas e das resedáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cuberta dura e ríxida dun animal, como a calcaria da maior parte dos crustáceos e dos moluscos, e os ósos dos quelonios. Desde a Antigüidade, observouse una clara semellanza entre a cuncha e os órganos xenitais femininos. A palabra latina pectem ou cuncha de peregrino designaba tamén a vulva. Na fala popular de Hispanoamérica chámaselle concha ao sexo da muller; en Galicia chámaselle cuncha en xeral ou dáselle o nome dalgúns bivalvos, como a ameixa. Na seguinte cántiga xógase co equívoco entre as cunchas instrumento musical -popular en Galicia- e as cunchas metafóricas: “Heiche de tocar as cunchas / miña carraspeiriña, / heiche de tocar as cunchas / naquela corredoiriña / (ou: ao son da miña gaitiña)”. Coas cunchas, nas que penetra un home ou un castrón, asno, galo, cervo, etc, -animais con fama de luxuriosos- o Bosco quixo representar, con toda probabilidade, a fornicación. Caracois, cunchas mariñas e perlas -os seus froitos- eran na Antigüidade emblemas do amor, do matrimonio...

    2. Calquera cousa semellante á cuberta calcaria dun animal.

    3. Construción que se empregaba nos teatros para tapar unha trampa no proscenio onde se agochaba o apuntador, quen axudaba os actores durante a representación lembrándolles en voz baixa as partes do diálogo que puidesen esquecer. No s XIX, os dramaturgos do naturalismo eliminárona do escenario por considerala un elemento que interfería na verosimilitude da trama, lembrándolles aos espectadores o seu carácter ficional. Os teatros actuais constrúense sen ela, xa que o texto se apunta desde os bastidores.

    4. Peza cun burato no que encaixa, para logo xirar, o fuso do lagar, o rodicio do muíño ou o eixe das portas semellantes á cancela.

    5. Instrumento de percusión, típico da tradición musical popular galega, formado por dúas valvas de vieira que emiten son ao fregalas unha contra a outra pola parte convexa.

    6. Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘conta’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Redactor de La Voz de Galicia dende 1948 e colaborador en diversos medios de comunicación, como ABC e Sábado Gráfico, exerceu como subdirector da Hoja del Lunes da Coruña e como vicepresidente da Asociación de Prensa da Coruña. Como asesor de prensa de Unión Fenosa, fundou e dirixiu a revista Kilovatio. Escribiu dúas obras teatrais tituladas A las doce en punto e El hombre roto, e o libro, Viaje a través de la Europa de la prosperidad.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia cristalina verde, de sabor astrinxente. Esta denominación tamén se lles dá a outros sulfatos hidratados, caparrosa azul, ao de cobre, e caparrosa branca, ao de zinc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Navarra, drenado polo río Aragón (2.331 h [1996]). A economía baséase na agricultura (cereais, legumes, cánabo e viña), na gandería ovina e avícola e nas industrias derivadas, especialmente conserveiras e téxtiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • carapucheira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gorra coa parte posterior rematada en punta que se usa para protexer a cabeza, unida normalmente a un abrigo, capa ou hábito.

    2. Correa que une os dous paos do mallo.

    3. Cuberta que se lle pon a unha cheminea co fin de impedir que lle entre auga ou o vento e permita que saia o fume.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa encargada de vixiar ou dirixir o traballo dun grupo de obreiros.

    2. Persoa que ten ao seu cargo unha explotación agrícola.

    3. Titulado de grao inferior de estudios agrícolas, auxiliar dos enxeñeiros agrónomos e dos de montes.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que pode facer ou provocar algo.

      2. Aplícase á persoa da que se pode temer ou esperar calquera cousa.

      1. Que ten capacidades, atributos ou preparación suficiente e adecuada para levar a cabo unha actividade.

      2. Aplícase á persoa que ten grandes aptitudes. OBS: Emprégase normalmente precedido dun adverbio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pel que recobre algúns froitos como a pataca ou a pera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático. Foi embaixador de Filipe III en Venecia e mais en París (1609), onde gañou a confianza de Maria de Medici. Opúxose á política contraria aos Habsburgo de Enrique IV de Francia. Negociou os matrimonios de Filipe IV con Isabel de Borbón e de Luís XIII con Ana de Austria.

    VER O DETALLE DO TERMO