"Alle" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 636.
-
GALICIA
Municipio da comarca do Ribeiro, situado na provincia de Ourense no centro da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita óao N co concello de Leiro, ao L co de Beade, ao S cos de Melón e Ribadavia, e ao O con Avión. Abrangue unha superficie de 47 km 2 cunha poboación de 1.600 h (2007), distribuídos nas parroquias de Abelenda das Penas, Balde, Beiro, Carballeda, Faramontaos, Muimenta, Santo Estevo de Nóvoa e Vilar de Condes. A capital é o lugar de Carballeda de Avia, na parroquia de Carballeda, situada a 42° 19’ de latitude N e 8° 9’ 50’’ de lonxitude O; dista 114 km de Santiago de Compostela e 36 km de Ourense. Está adscrito á xurisdición do partido xudicial de Ribadavia e á diocese de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O termo municipal de Carballeda de Avia localízase nunha área de transición entre os dominios climáticos oceánico-mediterráneo e oceánico de montaña. Situado entre as montañas da Dorsal Meridiana e os vales dos afluentes do río Avia, os rexistros... -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Carballeda de Avia. A fachada principal amosa as características propias do barroco: frontón semicircular partido, que acolle unha imaxe orante da Virxe con remate curvo, torre con varios corpos e balaustrada na parte superior, e decoración con bólas. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Valdeorras, situado na provincia de Ourense na fronteira oriental da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Puente de Domingo Flórez (O Bierzo) e de Rubiá (Valdeorras), ao L co concello de Benuza (O Bierzo) e Encinedo (La Cabrera), ao S cos concellos de Porto (A Sanabria) e A Veiga (Valdeorras), e ao O coa Veiga e O Barco de Valdeorra (Valdeorras). Abrangue unha superficie de 222,7 km 2 cunha poboación de 1.947 h (2007), distribuídos entre as parroquias de Candeda, Carballeda, Casaio, Casoio, Domiz, Lardeira, A Portela do Trigal, Pumares, Pusmazán, Riodolas, Robledo, San Xusto, Santa Cruz, Sobradelo, Soutadoiro, Vila e Viladequinta. A capital municipal é o lugar de Sobradelo, na parroquia de Sobradelo, situado a 42° 22’ 7’’ de latitude N e 6° 52’ 5’’ de lonxitude O, 212 km ao SL da capital de Galicia, Santiago de Compostela, e 129 km ao NL de Ourense. Está adscrito ao partido xudicial do Barco de Valdeorras e á diocese de Astorga.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía... -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Cotobade baixo a advocación de san Miguel.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Chantada, situado na provincia de Lugo e no centro da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N co concello de Chantada, ao L co de Pantón (Terra de Lemos), ao S cos da Peroxa e Vilamarín (Ourense), e ao O cos de San Cristovo de Cea (O Carballiño) e Rodeiro (Deza). Abrangue unha superficie de 138,8 km 2 qunha poboación de 2.886 h (2007), distribuídos entre as parroquias de Aguada, Buciños, Carballedo, Cartelos, Castro, Chouzán, A Cova, Erbedeiro, Furco, Lobelle, Lousada, Marzás, Milleirós, Oleiros, Pradeda, San Mamede de Lousada, San Romao de Campos, San Salvador de Búbal, Santa Baia de Búbal, Santa Cristina de Asma, Santa Mariña do Castro, Temes, Veascós e Vilaquinte. A capital municipal é a aldea da Barrela, na parroquia de Castro, situada a 42° 31’ 2’’ de latitude N e 7° 46’ 7’’ de lonxitude O, 107 km ao SL da capital de Galicia, Santiago de Compostela, 65 km ao SO de Lugo e 22 km ao N de Ourense. Está adscrito ao partido xudicial de Chantada e...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Parroquia do concello de Carballedo. baixo a advocación de Santa maría.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Situado na freguesía de Santa María Madalena da Pena (Castroverde). Ten planta cadrada e está organizado ao redor dun patio central en planta baixa e alta. O acceso ao piso superior realízase por unha escaleira situada nunha esquina do patio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comunidade vexetal onde a especie de árbore predominante é o carballo. Constitúe o bosque caducifolio máis común en Europa central e na parte máis húmida da Península Ibérica. Estes bosques resultan substituídos altitudinalmente por faiais ou bosques de abetos e piñeiros, e nas chairas máis húmidas por comunidades arbóreas palustres e ribeirías. Na Península Ibérica as carballeiras constitúen a formación vexetal típica de case todo o Pireneo, Euskadi, Cantabria, Asturias, Galicia e norte de Portugal (área coincidente co reino eurosiberiano), aínda que tamén están presentes en sistemas montañosos do reino mediterráneo. Estas formacións vexetais presentan un estrato arbóreo que acada normalmente os 30 m e no que algunhas árbores poden chegar aos 40 m de altura. Baixo este estrato establécese un substrato arbóreo pouco uniforme, de entre os 10 e os 15 m, composto por numerosas árbores de cancereixos, estripeiros, maceiras bravas, acivros, teixos, sabugueiros e abeleiras, ademais doutro estrato...
-
PUNTA
Punta da beira oriental da enseada do Sardiñeiro, no litoral occidental da parroquia de Redonda, concello de Corcubión.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta da beira oriental da enseada de Rianxo, na marxe setentrional da ría de Arousa, no litoral da parroquia e concello de Rianxo, situada ao N da praia do Rilo e ao S da praia do Pazo do Castelo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Apelido que ten a súa orixe nun topónimo abundancial formado sobre carballo, co significado de ‘lugar poboado de carballos’. Documéntase no s XVI: “Juan da Carballeira” (doc ano 1521 en Sara Pereira Ferreiro “El monasterio de Santa María de Xunqueira de Espadañedo y su colección diplomática”, Boletín Auriense 9, 1979, p 202).
-
Liñaxe que trae como armas, en campo de prata, tres lobos de sable, pasantes e postos en pao.
-
-
GALICIA
Escritora e actriz. Licenciada en Filoloxía Hispánica e especialista en teoría e práctica da interpretación pola Universidade de Santiago de Compostela. Contacontos profesional, en 1996 incorpourouse ao grupo Berrobambán Teatro, co que iniciou unha programación infantil estable na Sala Nasa de Santiago de Compostela. Como autora de literatura infantil publicou A percura (1990), Robin a Boa Xente (1994), Troulas, andainas, solpores e unha farsa anónima (1996), Xuvenca e Cochón, estrelas da canción (1998), Mateo (1999), Un porco e unha cabra xa fan zoolóxico (1999) e Olo-iepu-iepu (1999). Recibiu o Premio infantil O Facho polos relatos “Viaxe á morte” (1986), “A fuxida do pintor Luís” (1987) e “A estrela que baixou á Terra” (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Biólogo. Catedrático de Ecoloxía e director do departamento de Bioloxía Fundamental e da área de Ecoloxía da facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, dirixiu proxectos de investigación dedicados á biomonitorización da contaminación metálica nas rías galegas, da calidade das augas superficiais, da calidade do aire e do ozono troposférico en Galicia, e participou na creación do Banco de Espécimes Ambientais de Galicia. Escribiu numerosos artigos sobre a alelopatía, bioclimatoloxía e ecotoxicoloxía, entre os que sobresaen “Defining phytoclimatic units in Galicia (Spain) by means of multivariate methods” (1991) publicado no Journal of Vegetation Science, e “Influence of watershed lithology on heavy metal levels in estuarine sediments and organisms in Galicia (North West Spain)” (1996), publicado en Marine Pollution Bulletin. Ademais, publicou, entre outros libros, Bioclimatología de Galicia (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Nogueira de Ramuín baixo a advocación de san Xosé.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sindicalista de orixe galega. Tivo o primeiro contacto coas ideas libertarias en Arxentina, onde estivo embarcado. Instalado dende o ano 1923 na barriada barcelonesa de Gracia, adquiriu notoriedade como membro dos Comités de Defensa da CNT durante a Segunda República, período no que o detiveron en diversas ocasións. Participou activamente na Guerra Civil dende postos de responsabilidade na CNT barcelonesa. Á fin da guerra trasladouse ao sur de Francia, onde continuou a militancia confederal na Federación Local de Toulouse e no Secretariado Intercontinental do Movimiento Libertario Español.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xosé Francisco Gómez de la Cueva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae como armas, en campo de ouro, unha aciñeira de sinople, afroitada, do mesmo metal.
-
-
Relativo ou pertencente a Carballo ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Carballo.
-
-
-
Baile típico da comarca coruñesa da Barcala.
-
Muiñeira que se baila en roda propia da comarca do Carballiño en Ourense.
-
Insecto da familia dos mántidos, tamén coñecido como barbantesa.
-
-
PERSOEIRO
Historiador e diplomático inglés. Participou no congreso da Paz de Versailles e foi asesor da Sociedade de Nacións. A partir de 1936 dedicouse ao ensino universitario e foi director do Times. Das súas obras cómpre destacar principalmente A History of Soviet Russia (A historia da Rusia soviética), publicada en diversos volumes a partir de 1950, agrupados en títulos diferentes.
VER O DETALLE DO TERMO