"Anda" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 490.
-
-
PERSOEIRO
Escultor. Activo en Galicia entre 1520 e 1547, introduciu un estilo situado a medio camiño entre o gótico borgoñón e o primeiro Renacemento. En Castela traballaron outros dous escultores do mesmo nome. A súa presenza en Ourense está documentada en 1521, cando traballou no sepulcro de Gutierre de Sandoval na igrexa de San Francisco, aínda que previamente xa traballara no retablo maior (1516-1521) da catedral ourensá. Atribúenselle tamén, a el ou ao seu obradoiro, o retablo de San Pedro de Moreiras e a imaxe de santa Lucía do museo da catedral de Ourense. Ademais puido dar a traza do retablo da colexiata de Xunqueira de Ambía. En 1524 chamárono a Santiago de Compostela para realizar un retablo para o Hospital Real. O seu estilo evolucionou entón fusionando o naturalismo borgoñón co decorativismo plateresco. Entre as obras compostelás que se lle atribúen destacan o retablo, do que se conserva na capela da Prima da catedral unha imaxe da Virxe co Neno e o sepulcro do cóengo Antonio Rodríguez...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pacifista inglés. Formouse como carpinteiro e en 1852 trasladouse a Londres onde comezou o seu activismo obreiro. Participou na formación da Primeira Internacional, pero retirouse ao non considerala pacifista. Dende 1868 pertenceu ao Parlamento. En 1870 organizou un comité obreiro para a defensa da neutralidade que deu lugar á Workmen’s Peace Association (Asociación de Obreiros pola Paz), da que foi elixido secretario en 1871. Fundou tamén a International Arbitration League (Liga Internacional de Arbitraxe) e en 1889 a Interparlamentary Union (Unión Interparlamentaria), da que foi vicepresidente e secretario da sección británica. En 1903 recibiu o Premio Nobel da Paz.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Conxunto de pobos cristiáns.
-
Doutrina que lexitima a orde político-social medieval, caracterizada pola coincidencia do poder civil (Imperio) coa autoridade eclesiástica (Igrexa). Isto implica que a cristiandade engloba todo o pobo: a persoa individual chega a ser membro da Igrexa por ser membro dunha comunidade que profesa a fe e que quere ser cristiá. Así, a fe persoal deixa de ser un elemento importante para pertencer á Igrexa. Pola súa banda, a orde profana necesita a coroación transcendente que lle proporciona a relixión; de aí vén a xustificación das guerras relixiosas e das cruzadas, e a imposición das formas de vida cristiás como as únicas oficialmente recoñecidas no reino deste mundo: bautismo, matrimonio e orde son os únicos medios de demostrar, aínda no eido civil, unha personalidade ou un estado de vida. Segundo esta lóxica, quen deixa de ser membro da Igrexa debe desaparecer como membro da sociedade civil. O tipo oriental de cristiandade representou dende Constantino un cesaropapismo que ve no emperador...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga capital do nomós VI do Alto Exipto, situada a uns 50 km ao N de Luxor. Nesa localidade edificouse un templo dedicado á deusa Hathor no III milenio a C, aínda que só se conservan os templos da última dinastía exipcia e das épocas ptolemaica e romana.
-
PERSOEIRO
Poeta bengalí. Dedicouse ao ensaio e ao xornalismo. Publicou Dhusar Pandulipi (A escritura gris, 1936) e Banalata Sen (1942).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Reformador hindú. No 1875 fundou a Ārya Samāj, organización socio-relixiosa monoteísta que, dous anos máis tarde, se escindiu por un cisma.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva como armas, en campo de azul, unha banda de ouro, cargada do Ave María, engulida en bocas de dragante, de sinople.
-
-
de debandar.
-
-
Fío de cobre que forma parte do circuíto dalgúns aparatos eléctricos.
-
debandado primario
Debandado na entrada dun transformador ou bobina de indución.
-
debandado secundario
Debandado na saída dun transformador ou bobina de indución.
-
-
-
-
-
Facer un nobelo co fío dunha madeixa.
-
Facer un rolo pequeno con fío, cable, ou material similar que está nun rolo meirande.
-
-
Separar as tripas unhas das outras sacándolle o tecido graxo que as mantén unidas.
-
Andar dándolle voltas ás cousas.
-
-
-
Macizo montañoso situado ao NO do Sistema Ibérico, que forma un bloque homoxéneo entre a Comunidade Autónoma de Castela e León e a Comunidad Autónoma de La Rioja, e que serve de divisoria de augas entre as concas dos ríos Ebro e Duero. As maiores altitudes son o macizo de San Millán (2.131 m), La Demanda (2.037 m) e San Lorenzo (2.305 m). Desde un punto de vista xeomorfolóxico, está formado por un bloque paleozoico de cuarcitas e lousas, e por unha cobertura secundaria de materiais sedimentarios (calcarias e margas).
-
Acción de demandar.
-
-
Acción procesual mediante a que se realiza a petición dun dereito ante un xuíz ou tribunal de xustiza. A través da demanda, o autor solicita do órgano xurisdicional unha determinada tutela xurídica. Tamén determina o obxecto do proceso e o contido da sentencia, de modo que o xuíz deberá dar resposta a esa solicitude nos termos nos que se concrete a demanda e a contestación no seu caso.
-
Petición que unha das partes mantén nun xuízo. Tamén inclúe as distintas peticións que durante a substanciación do procedemento xudicial poden formular as partes, de forma que se orixine un incidente que o desvíe do seu curso ordinario.
-
Escrito que recolle esa petición. No escrito de demanda constará o órgano xurisdicional a quen vai dirixido, os nomes e os apelidos do demandante e do demandado, os feitos nos que se basea, os antecedentes do feito do caso e os fundamentos de dereito que xustifiquen a petición.
-
-
Cantidade de produtos ou servicios que un comprador está disposto a adquirir en función dunha serie de variables, como o prezo dos produtos, a renda do consumidor ou a especulación. Denomínase demanda efectiva a cantidade de produtos que corresponden ao poder de compra dos demandantes, e demanda potencial a correspondente ao desexo pero non ao poder, ou á inversa. A curva de demanda relaciona os prezos dunha unidade de produto coas cantidades que o consumidor desexa mercar, nun período de tempo determinado. A gráfica resultante é unha liña descendente de esquerda a dereita, consecuencia da lei fundamental da demanda, segundo a que as cantidades demandadas dun produto varían en sentido inverso ao prezo das mesmas. Para que a lei se cumpra é necesaria a constancia nos gustos do consumidor, a invariabilidade nos seus ingresos e no prezo do produto.
-
Acción de buscar ou conseguir algo.
-
Composición poética medieval que consiste en propor unha cuestión sobre un tema calquera. A resposta é a propia composición, ou ben outra, obra do propio autor da demanda, ou doutro.
-
DBO.
-
...

DQO.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
-Vulgata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Macizo montañoso situado ao NO do Sistema Ibérico, que forma un bloque homoxéneo entre a Comunidade Autónoma de Castela e León e a Comunidad Autónoma de La Rioja, e que serve de divisoria de augas entre as concas dos ríos Ebro e Duero. As maiores altitudes son o macizo de San Millán (2.131 m), La Demanda (2.037 m) e San Lorenzo (2.305 m). Desde un punto de vista xeomorfolóxico, está formado por un bloque paleozoico de cuarcitas e lousas, e por unha cobertura secundaria de materiais sedimentarios (calcarias e margas).
-
-
de demandar.
-
Persoa contra a que se formula unha demanda ou a quen se lle reclama unha cousa en xuízo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
demandante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen demanda, especialmente referido á persoa que formula unha demanda en xuízo, en reclamación dun dereito ou dunha cousa, de forma que inicia un proceso e se constitúe en parte do mesmo, para pedir, fronte a outros suxeitos, unha concreta tutela xudicial.
-
-
Solicitar algunha cousa.
-
Preguntar algunha cousa.
-
Ser preciso algo.
-
Formular unha demanda perante un xuíz ou tribunal.
-
Ir un barco en dirección a un porto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Desnivelar a pedra fixa do muíño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Percorrer en sentido inverso un itinerario que se fixera anteriormente.