"Asti" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 460.

    1. Que é moi enérxico e rigoroso.

    2. Purgante que provoca unha forte diarrea a causa da irritación da mucosa intestinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Activo en Valladolid, Zamora e Salamanca, formouse baixo as directrices manieristas. Traballou con Esteban de Rueda e Gregorio Fernández. Entre as súas obras destacan as imaxes do retablo maior de Santa Sofía de Toro (1609) e do retablo do Santuario Nacional de Valladolid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro do Antigo Testamento coñecido tamén co nome de Sabedoría de Ben Sírah. Segundo os datos da versión grega, o autor (Xesús, fillo de Sírah) foi un escribán que sobre o 190-175 a C escribiu a obra en hebreo; un dos seus netos traduciuna ao grego e fíxolle un prólogo. É un compendio da doutrina relixiosa-moral do xudaísmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Igrexa.

    2. Relativo ou pertencente ao clero.

    3. Membro do estamento integrado por clérigos, relixiosos (ordenados ou non), novicios, postulantes e seminaristas. Cara á fin do Antigo Réxime, os eclesiásticos posuían inmunidade persoal e estaban exentos de pagar impostos, privilexios que se estendían a un gran número de laicos, parentes, criados ou familiares e, sobre todo, aos numerosos funcionarios da Inquisición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de elástico.

      1. Propiedade dos materiais que se manifesta pola desaparición das deformacións producidas por forzas exteriores de intensidade inferior a un certo límite, ao deixar de actuar sobre eles estas forzas.

      2. teoría da elasticidade

        Rama da física que estudia a mecánica dos corpos sólidos considerados como medios continuos, isto é, que estudia a relación entre as forzas que actúan sobre un corpo e a deformación que lle producen. É unha teoría microscópica, xa que se interesa só polo comportamento do conxunto das moléculas que forman o corpo ou unha parte do corpo. Hai que considerar que as forzas ou tensións internas exercidas sobre unha parte do corpo polas partes veciñas, actúan soamente na superficie daquela parte. A análise vectorial demostra que isto é posible se a forza resultante se pode considerar como a diverxencia dun tensor de segunda orde, que recibe o nome de tensor de tensións. Baixo a acción das forzas exteriores, os sólidos defórmanse, é dicir, cambian de forma e volume. Pódese atopar a distancia entre dous puntos despois da deformación, en función da posición orixinal e dun tensor de segunda orde que se chama tensor de deformación. Entre o tensor de deformación e o tensor de tensións hai unha relación...

    2. Índice que mide a variación que experimenta unha variable fronte aos cambios doutra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se pode estirar e que recupera a súa forma orixinal cando deixa de actuar sobre el a forza que o deformaba.

    2. Que se adapta con facilidade a distintas situacións ou circunstancias.

    3. Que admite diversas interpretacións.

      1. Tecido que ten elasticidade pola súa estrutura ou polas materias que o forman.

      2. Parte dunha peza de roupa que se adapta ou axusta ao corpo.

    4. Fita ou cordón de goma ou material flexible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escleroproteína de propiedades elásticas que constitúe un dos tipos principais de fibras do tecido conxuntivo. É rica en glicina, alanina, valina, prolina e outros aminoácidos non polares. A elastina é especialmente abundante nos ligamentos dos vertebrados, no corazón e nas paredes dos vasos sanguíneos, onde vai asociada con mucopolisacáridos e mucoproteínas. Dixerible pola peptina e tripsina, aínda que non se converte en xelatina pola ebulición na auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade dunha substancia que presenta comportamento elástico e plástico ao mesmo tempo. A substancia pode presentar zonas de características elásticas e zonas de características plásticas. Preséntase, polo xeral, en corpos elásticos sometidos a unha tensión superior á establecida polo seu límite elástico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao material que presenta elastoplasticidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante. Participou na campaña dirixida polo cardeal Cisneros contra Alxer en 1509. Establecido en Sevilla, alistouse na expedición de Magalhães que partiu do porto hispalense o 22 de setembro de 1519 para buscar un paso ás illas Molucas por Occidente. Elcano, contramestre da nao Concepción, tomou parte nun motín dalgúns oficiais en abril de 1520 cando a flota estaba fondeada nun porto da Patagonia. Sufocada a rebelión, Elcano continuou preso a travesía. Despois da morte de Magalhães nun enfrontamento cos indíxenas das Filipinas, o 27 de abril de 1521, Elcano foi liberado e posto ao mando da Victoria, unha das dúas naves ás que quedara reducida a flota trala desfeita. Chegaron ás illas Molucas a finais do ano 1521, e alí mercaron un gran cargamento de especias. Para evitar os portugueses (ós que segundo o Tratado de Tordesillas lles correspondía o comercio con aquela parte do mundo), a nao Trinidad e a nao Victoria separáronse: Elcano puxo rumbo ao O e chegou a Timor. En maio de 1522...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao encomio ou que o implica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Causar algo ou alguén molestia ou desgusto.

    2. Causar algo repugnancia, especialmente unha comida.

    3. Causar algo aburrimento ou cansazo.

    4. Sentir molestia ou desagrado por algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cronista e clérigo. Foi conselleiro de Enrique IV de Castela, a quen apoiou na guerra civil castelá. Detivérono e condenárono a morte, pena que non chegou a ser executada porque escribiu a crónica do seu reinado, publicada en 1787 co título de Crónica del rey don Enrique, el cuarto de este nombre, de gloriosa memoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intervención cirúrxica practicada para restablecer o diámetro normal do intestino cando este sofre estenose. Un caso concreto de aplicación desta técnica sería a piloroplastia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que denota ou expresa entusiasmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao epiblasto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crecemento desmesurado dos tecidos da parte superior dun órgano, causado por factores diversos, como a gravidade, certas substancias químicas ou a luz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a aquelas substancias irritantes que determinan sobre a pel unha lesión, que se pon colorada ou produce ampolas cheas de serosidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Constructor de instrumentos musicais francés. En 1821 inventou o mecanismo de dobre escape no piano, que facilitou o control do teclado e a repetición de notas deste. Construíu as primeiras arpas de dobre movemento e inventou un novo sistema que permitía acurtar mecanicamente as cordas a un semitón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento filosófico e teolóxico medieval que utilizou a razón e a lóxica dedutiva, segundo os principios sinalados por Aristóteles no seu organon e a metodoloxía siloxística, para comprender o contido da revelación cristiá. O seu último ideal foi integrar nun mesmo sistema a filosofía grega e romana e a filosofía cristiá ao servizo da teoloxía. Os escolásticos crían que razón e fe podían conxeniar e que o propio Deus era a fonte de ambas as dúas formas de coñecemento, de tal xeito que a contradición entre ambas era imposible, en contra do que pensaba o filósofo musulmán Averroes. Algúns escolásticos, como san Tomé de Aquino, mantiveron que, no caso de existir contradición, o erro sería sempre da razón e nunca da fe, dado que esta é a formulación máis perfecta do coñecemento. Neste movemento, a autoridade filosófica fundamental era Aristóteles, a quen seguiron todos os filósofos escolásticos, agás no relativo ás teorías sobre a mortalidade da alma e a eternidade do mundo. O seu...

    VER O DETALLE DO TERMO