"BRU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 267.

    1. Facer a alguén bruto, rudo ou torpe.

    2. Facerse bruto, rudo ou torpe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que embruxa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Actuar sobre alguén ou sobre algo facendo bruxería.

    2. Provocar sobre alguén unha irresistible atracción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amoreamento de palla de millo que se vai distribuíndo en forma cónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caer auganeve.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina que significa ‘bruscamente‘, ‘sen preámbulo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dito ou expresión brusca ou inconveniente feito de xeito inesperado. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Festas fúnebres e de purificación da cidade, que se celebraban en Roma ao redor do día 15 do mes de febreiro. Tiveron a súa orixe nos cultos dos sabinos, nos que se realizaban sacrificios e ofrendas para aplacar os mortos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten moita febra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deus romano ao que estaba consagrado o mes de febreiro. Nunha etapa tardía identificouse con Dis Pater, o señor do reino dos mortos latino. Constitúe a personificación das februalia (‘Purificacións’).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador en lingua d’oïl. Formou parte do círculo literario creado na corte de María de Champagne. Adoptou a forma e os temas da literatura provenzal. Consérvanse arredor de 69 composicións da súa autoría, a miúdo melancólicas, aínda que unhas vinte son de dubidosa atribución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico e teatral. Traballou cos dramaturgos Botho Strauss e Peter Handke. Desde 1970 a súa carreira estivo unida á Schaubhüne de Berlín, onde colaborou co director Peter Stein e interpretou moitos papeis protagonistas, entre os que destaca Hamlet. Participou en películas como Die Marquese von O (1975), de E. Rohmer, Die linkshändige Frau (1977) de P. Handke, Nosferatu (1979) de W. Herzog, La faussaire (1983), Himmel über Berlín (1987) de W. Wenders, e The Last Days of Chez Nous (1991) de G. Armstrong.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñece o arquitecto Hannequin Egas, membro da familia de orixe flamenga Egas, activa na Coroa de Castela nos ss XV e XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas anuais, da familia das cariofiláceas, de follas opostas e flores actinomorfas de cor branca. En Galicia está presente en lugares húmidos a especie I. verticillatum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do land de Tirol, Austria (113.826 h [2001]). Situada na confluencia dos ríos Inn e Sill, nos Alpes, é un núcleo industrial (téxtil, químico, farmacéutico, papeleiro, alimentario) e comercial, ademais de estación turística baseada nos deportes de inverno e sede da Leopold-Franzens Universität Innsbruck, fundada en 1669. Antiga colonia romana, pasou a depender de Austria (1363) e converteuse na capital do Tirol (1420).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz de Alemaña. En 1708 casou co arquiduque Carlos, que disputaba a coroa de España a Filipe V. Cando o seu marido marchou a ocupar o trono imperial, como Carlos VI, permaneceu en Barcelona en calidade de rexente (1711-1713).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Coñecido tamén como Jean de Bandol ou Bandolf, e Jean Hannequin, traballou para Carlos V de Francia (1368). Atribúenselle os cartóns para tapices do Apocalypse d’Angers (1376-1400).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político austríaco. Membro do Partido Nazi, en 1943 sucedeu a R. Heydrich como xefe do servizo de seguridade do Terceiro Reich (RSHA). Foi condenado a morte no proceso de Nuremberg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Viena 1911 - 1990) Político austríaco. De orixe xudía e militante socialdemócrata, ao rematar a Segunda Guerra Mundial foi nomeado ministro de Asuntos Exteriores (1959-1966) e chanceler entre 1970 e 1983, data na que dimitiu. Fixo unha política interior reformista e unha exterior de neutralidade activa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Moralista. É autor de Caractères (1688), a súa única obra, onde se recollen as súas observacións sobre os costumes do século na corte de Luís XIV e en París. O libro presenta unha galería de retratos case caricaturescos e irónicos, ás veces crueis, e unhas observacións de moralistas que o enriquecen e lle dan a súa verdadeira dimensión. A nobreza, para o autor, perdeu a súa característica esencial de referente moral para o conxunto do país. Posiblemente é a superficialidade o punto máis fraco da súa obra, que non se pode comparar á visión pesimista pero profunda de La Rochefocauld.

    VER O DETALLE DO TERMO